SUSPENDIDO POLA CHOIVA O CONCERTO POP-ROCK DESTA NOITE

Publicado por fru o

Debido á choiva que dende as 7 da tarde de hoxe empezou a caer, e que acortou a duración dos xogos infantís, a organización das festas, xunto cos responsables dos grupos (RIFF RAFF, 96 º e COdA) decidiron aprazar o concerto desta noite e que debía dar inicio á primeira xornada das Festas do Carmo 2007.

A idea é celebrar dito concerto noutra data, barallando como primeira alternativa, á falta de confirmarse, a do vindeiro venres día 6 de xullo, que será anunciada en canto se confirme a dispoñibilidade dos grupos.

Categorías: ConcelloCultura

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.