PROCESION DO DOMINGO DO CARMEN

Publicado por fru o

100_6404-web.JPG

As 6 da atrde do Domingo as autoridades, escoltados polos mariños da Escola Naval de Marín e acompañadas pola banda de música e compoñentes de Algueirada e Xarandeira sairon a buscar á bandeira do Carmelo.

100_6407-web.JPG

Unha vez recollida esta bandeira, donada en 1912 polos cesureños emigrados na Habana, dirixíronse á igresa onde ia ter lugar a misa solemne.

100_6414-web.JPG

Logo da misa chegou o momento da Procesión. Este ano a Banda de Gaitas de Ponteareas fixolle o “pasillo de honra” á comitiva, no momento de sair polo medio da Prazuela.

100_6417-web.JPG

Un ano mais saiu a procesion que este ano contou con numerosos veciños e achegados.

100_6423-web.JPG

A procesion trasladouse á beira do rio para o tradicional disparo de foguetes.

100_6430-web.JPG

O fogo rematou cunha gran tirada de bombas final.

100_6432-web.JPG

A parte mais emotiva foi cando se lanzou unha coroa de laurel e pétalos de frores ó río, en recordo dos falecidos no mar.

100_6439-web.JPG

E a procesión se puso en marcha de novo ata a ponte por onde entrou pola rúa principal (Victor García) retornando á igrexa.

100_6449-web.JPG

Chegaron a bandeira do Carmelo e a Virxen á Prazuela, a pesares da choiva que apareceu de novo nas festas.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.