Xa temos dous anos na rede

Publicado por Antonio Cortés o

DousFai dous anos que nacía Pontecesures.net na rede, ainda que non foi ata Agosto do 2005 cando foi visible para todo o mundo e pouco a pouco empezou a andar.

Dous anos xa é tempo suficiente para determinar que está madura e preparada para novos retos, retos que deberemos plantexar entre todos.

¿ Qué votas de menos nesta web ? ¿ Como mellorarías esta web ?

Entre todos poderemos empezar a discutir e plantexar como mellorar e enriquecer este medio de comunicación entre veciños.

Categorías: Sin Categoria

5 comentarios

xiana cores · 24-07-2007 ás 16:00

Noraboa Cortes por estes dous anos que nos fixeches disfrutar desta paxina.Grazas polo teu esforzo e tesón porque sen todo isto sería imposible que a paxina seguira funcionando.Tamén grazas por aturarnos a todos nós ainda que as veces non sexamos bos de soportar.E un saúdo a todos os comentaristas porque nós tamen somos os que lle damos vidiña a nosa paxina todos os días.
NORABOA PONTECESURES.NET
UN SAUDO CORTES VEREMONOS EN PORTO

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-07-2007 ás 16:45

A máis sinceira noraboa, Antonio. Grazas a túa iniciativa e ao teu labor cotián, temos un medio de información e de opinión do máis dinámico.
A pesar dos ataques e das críticas de xente que pretendía a desaparición deste medio a páxina segue adiante con máis forza que nunca.
Fago un chamamento para que haxa cada vez máis colaboradores facilitando informacións, baixando fotografías de actualidade e videos, etc.., e intervintes expresando opinións, co fin de que coñezamos mellor o que ocorre na nosa vila.
Saúdos a todos.

Javier · 26-07-2007 ás 17:39

Noraboa Antonio, a ti e a todos os colaboradores.
Un saúdo.

Becquer II · 27-07-2007 ás 01:35

Ni al derecho ni al revés
actitud muy imparcial
es tu práctica habitual
querido Antonio Cortés.

basta · 1-12-2007 ás 22:17

Estimado Antonio,
E digo estimado sen coñecerte, pero e suficiente a túa labor a favor desta web para terche unha gran consideración.
Aquí deixo unha suxerencia.
¿Sería posible unha enquisa na web?
Destas nas que os visitantes poden votar.
Non sei si estou pedindo algo descabellado, pero soio pensar nos resultados de unha posible pregunta:
¿que opina vostede da clase política deste concello?
De darse a posibilidade, a temblar políticos…
Un saúdo.

Deixa una resposta a Javier Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.