Festas da Guadalupe: A gaiteira cesureña Adriana Rivas participa no Certame de Música Tradicional.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

I Certame de Música Tradicional Guadalupe 2007O martes día 11 de setembro ás 19 horas, na Praza da Igrexa de Rianxo, celébrase o I Certame de Música Tradicional dentro da programación das Festas da Guadalupe 2007.

Participará como gaiteira solista a cesureña Adriana Rivas Seijo que pertence ó grupo Algueirada e que está a prepararse a fondo estes días baixo a dirección do profesor Miguel Castaño.

Ogallá teña moita sorte.

As bases do concurso, xunto cas partituras da peza obrigatoria (A camposa) podense consultar na seguinte páxina web:

* www.guadaluperianxo.com

Categorías: Cultura

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.