A gaiteira Adriana Rivas obtivo un premio especial no certame de Rianxo.
Neste I Certame de Música Tradicional «Festas da Guadalupe 2007», a gaiteira cesureña Adriana Rivas Seijo pertencente ó grupo folclórico «Algueirada» obtivo un premio especial como solista (foi acompañada co tambor por Miguel Castaño). O primeiro e o segundo premio foron para gaiteiros con varios anos de experiencia (Adriana ten só 15 anos), pero o xurado quixo premiar tamén a magnífica interpretación da gaiteira cesureña.
Ademáis do premio económico, Adriana recibeu a felicitación dos compoñentes do xurado animándoa para que continúe esforzándose no futuro.
6 comentarios
miguelrianxo · 12-09-2007 a las 18:47
Os participantes no concurso foron:
Gaiteiros Solistas. (Por Orde de participación)
* Cristian Castrelo Conde (Vilagarcía).
* Xosé Francisco Gil Dopazo (Marín).
* David Aragundi (A Baña).
* José Somoza Carou (Rianxo).
* Diego López Cosme (Soutelo de Montes).
* Pablo Seoane Méndez (Cacheiras).
* Adriana Rivas Seijo (Pontecesures).
Premiados.
* 1º Premio – Pablo Seoane Méndez (Cacheiras).
* 2º Premio – Cristian Castrelo Conde (Vilagarcía).
* Premio Especial – Adriana Rivas Seijo (Pontecesures).
Cuartetos. (Por Orde de participación)
* Picuiña (Marín).
* Donaire (A Coruña).
* Río de Anxo (Rianxo).
Premiados.
* 1º Premio – Picuiña.
* 2º Premio – Donaire.
Membros do Xurado.
* Roi Adrio.
* Edelmiro Fernández.
* Miguel Tenorio.
* Antoinnette Germans.
* Rafael Collazo Moares.
Miguel Castaño · 12-09-2007 a las 19:37
Felicidades Adriana,
? unha gran satisfacción compartir contigo estes momentos de alegría.
Graciñas tamén por deixarme quedar tan ben na miña terra.
Ademais do apoio que tes espero que os eloxios do público e dos membros do xurado che axuden a continuar traballando.
BonitoConMexillon · 13-09-2007 a las 10:32
Bueno bueno
esto pasaoume por darlle moi rapido…
Adriana Ghaiteira en MySpace
esta é xD
adriana ghaiteira · 13-09-2007 a las 11:36
Moitas grazas,Miguel.Moitas grazas por todo:polas felicitacións,pola boa persoa que eres,polo BO mestre que eres(e que por sorte teño,por que eres único,(ainda que tes un irmán xemelgo,jeje),que tamén é único.)Moitas grazas por facer todo o que fas e fixeches por min.Por sacarme adiante neste mundo da música.Moitas grazas,porque ti sempre estiveches ahí nos bos e nos malos momentos;sempre dando ánimosne sempre cunha sorrisa na cara.Moitas grazas por enseñarme todo o que sei,xq sen ti non saberìa a maior parte das cousas que sei.E moitas grazas por vir aqui,a Pontecesures,porque necesitabamos unha persoa coma ti.ESE MIGUEEL!!!,O MELLOR PROFESOR DO MUNDO MUNDIAL!!!.
adriana ghaiteira · 13-09-2007 a las 11:52
Tamén quero dar as grazas ó grupo Algueirada, a toda a xente que me apoiou, e tamén ó xurado polas súas palabras.E quero recordar tamén,que o xurado non solo me felifitou a min,se non que tamén felicitou ó meu mestre Miguel,pola súa labor.E MIGUEL:
Se quedamos ben na túa terra,foi todo grazas a ti e ó teu irmán,porque sen vós non faría nada.
Quería tamén darlle as grazas ós meus veciños,que estes días con tanto ensaio,seguro que lles toleei a cabeza.Moitas grazas por aguantarme!.
Aínda me queda por darlle as grazas a JORDI.Que esta vez acompañoume èl ó tambor.O mellor percusionista do mundo!!!.pertence ó grupo PE DE BOI (que arrasa).ESE JORDIII!!!!MOITAS GRaZAS POR TODO!.E HAI QUE REPETIR!!!
basta · 13-09-2007 a las 14:29
Se aínda por riba de rebosar talento, rebosa humildade, e demóstrao nas súas mostras de agradecemento, ¿pódeselle pedir mais a esta Cesureña?
Seguro eres unha gran persoa.
PARABENS!!!