Acta de selección de conserxe polos Programas de Cooperación 2007

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, a 26 de setembro de 2007, sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de Conserxe, formado polo secretario accidental do concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a Traballadora Social Dª Raquel López Doce que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar cada un/unha dos aspirantes, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orde do 31 de xaneiro de 2007 que regula os Programas de Cooperación no 2007 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto chamase ós oito aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo INEM, presentándose: Dna. Mónica Baleirón Barreiro, Dna. Stella Maris Comparada Mosquera, D. Ramón Folgar Santos, Dna. Beatriz Lamas Blanco, Dna. Dolores Pardal Moure, Dna. Clotilde Mª Pérez Castaño, e D. Jóse Bernabé Portas González.

Non se presentou ó mesmo: Dna. Mª Dolores Pesado Taibo.

Dna. Dolores Pardal Moure, non pode optar ó posto, pois entrou a traballar recentemente no propio Concello de Pontecesures.

Primeiramente os/as seis aspirantes cubren a ficha de datos persoais, indicando unha delas que non estaba interesada no traballo por incompatibilidade horaria. razóns persoais: Dna. Mónica Baleirón Barreiro.

Seguidamente procedeuse á realización dunha entrevista persoal con cada un/unha das cinco aspirantes que estaban dispostas a aceptar a oferta de emprego: Dna. Stella Maris Comparada Mosquera, D. Ramón Folgar Santos, Dna. Beatriz Lamas Blanco, Dna. Clotilde Mª Pérez Castaño, e D. Jóse Bernabé Portas González.

Concluída a entrevista e realizado o baremo, a puntuación total obtida polas aspirantes foi a seguinte:

table(tabla).
|_. Dna. Beatriz Lamas Blanco|>. 3,50 puntos|
|_. Dna. Clotilde Mª Pérez Castaño|>. 3,50 puntos|
|_. D. José Bernabé Portas González|>. 1,50 puntos|
|_. Dna. Stella Maris Comparada Mosquera|>. 1,50 puntos|
|_. D. Ramón Folgar Santos|>. 1,00 puntos|

Posto que houbo un empate entre as 2 aspirantes de maior puntuación: Dna. Beatriz Lamas Blanco, e Dna. Clotilde Mª Pérez Castaño, este tribunal decidiu citar a ambas aspirantes á realización dunha proba o mércores 26 ás 10 da mañá. Dita proba consistiu en demostrar os coñecementos dos nomes das rúas de Pontecesures, así como do rueiro municipal. Para elo tiveron que respostar en que rúa se atopaban unha serie de edificios e instalacións públicas, así como a que entidades de poboación pertencen unha serie de rúas do Concello.

Unha vez revisada esta proba, as puntuacións finais de ambas aspirantes foron as seguintes, manténdose inalterables as dos/das outros/as candidatos/as:

table(tabla).
|_. Dna Clotilde Mª Pérez Castaño|>. 4,52 puntos|
|_. Dna. Beatriz Lamas Blanco|>. 3,76 puntos|

Tendo en conta o anteriormente exposto, resulta proposta por este órgano de selección: Dna. Clotilde Mª Pérez Castaño.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Asdo. Raquel López Doce. Asdo.Ricardo Campos Saborido. Asdo. José Rodríguez Fructuoso.

NOTA:

AS PERSOAS PROPOSTAS DEBERÁN PERSOARSE ANTES DAS 11.30 H. DO VINDEIRO XOVES 27 DE SETEMBRO, NAS OFICINAS MUNICIPAIS, APORTANDO A SEGUINTE DOCUMENTACI?N:

* DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE.

* TARXETA DE DEMANDA DE EMPREGO.

* TARXETA SANITARIA.

* ORIXINAL OU FOTOCOPIA DA LIBRETA BANCARIA ONDE FIGURE COMA TITULAR.

Categorías: Concello

42 comentarios

laranxa · 26-09-2007 a las 22:42

¡¡¡ O fin consegueuno¡¡¡O Sr.Luis Angel Sabariz Rolán xa ten a unha das cuñadas a traballar para o Concello,Dna Clotilde Mª Perez (Coco para mais señas).

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-09-2007 a las 23:48

Con moi mala intención «laranxa», tratas de sementar dúbidas sobre esta decisión. Só quero dicir que a miña cuñada non ten máis dereitos que ninguén pero tampouco menos. Está todo perfectamente explicado no acta do tribunal que publiquei como nova nesta páxina. Eu teño a conciencia moi tranquila e iso para mín é o importante.
Agradeceríache moitísimo, «laranxa», que te achegaras polo concello e revisaras o expediente (oferta de emprego, baremos, exames, cualificacións, etc..)e despois expuseras a túa opinión sobre a selección. E doado practicar aquilo de «ti larga que algo queda». Non me queda máis remedio que aguantar este tipo de ataques inxustificados. Xa os esperaba.

laranxa · 27-09-2007 a las 21:20

¡Certo!Segundo di a Constitución todos somos iguais ante a ley(art.14) e en moitos art.mais;pero eso non é o tema,anque vostede intente desvialo.Lein a acta e sei de que vai todo o que vostede puxo entre parentesis.Iso de «ti larga que algo queda»,utilizouno moito vostede anteriormente;pero iso non vai conmigo,ante a ley todos seremos iguais pero en esto,NON.Con publicar a acta non queda aclarado o tema,non dubido en absoluto do tribunal cualificador(como xa apuntei noutras entradas anteriores referentes as contratacions),o tema é ¿QUEN ten aceso a certa información?.
Ben por publicar as actas,asi os que non podemos achegarnos ó Concello podemos estar enterados.

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-09-2007 a las 22:56

Publicando as actas dos tribunais se está a amosar unha clara transparencia nestas seleccións de persoal. Tódalas persoas teñen dereito a comprobar na Oficina do Técnico de Emprego a documentación que desexen e orientarse sobre posibles contratacións no futuro. Non hai información privilexiada para ninguén.
Fai un esforzo, «laranxa», e comproba na Casa do Concello os expedientes o sábado entre as 9 e as 13 horas. ¿Qué máis queres que che diga?.

Tuso · 28-09-2007 a las 10:30

Dende o meu descoñecemento e por curiosidade:
-Nos expedientes constan os contidos das entrevistas persoais?
-A proba de «desempate» xa estaba prevista antes de iniciar o proceso ou foi decidida despois de ocurrir o empate?

laranxa · 28-09-2007 a las 13:46

Repito,isto non ten que ver co tribunal.Vostede segue a insistir no mesmo.Eu pedirialle que publicase a orden da conselleria ,donde se especifican os requisitos a cumprir para obtar a subencion de cooperación.Recordolle,por outra banda,que volva a ler a carta enviada a Anxo Quintana,que aparece como «entradas relacionadas «no epigrafe desta nova.

licantropo · 28-09-2007 a las 13:48

Sr Sabariz, que casualidade que a proba de desempate se faga desa forma, contando ca ventaxa de que a persoa resuldada gañadora de dita proba xa estibera con anterioridade traballando nas oficinas do concello, concretamente repartindo notificación polas portas dos veciños ¡de ahí o coñecemento das rúas!. Lamentable señor Sabariz!!

¿Estaremos diante dun caso de trato de favor por parte das persoas que fixeron esta ultima proba de selección sabendo estes do anterior posto desempeñado no concello pola persoa seleccionada?

¿Estaremos nos Primeiros casos de corrupción dun concello gobernado por xente que da que desconfiar?

¿Rematará o señor Sabariz por consegui-lo monopolio laboral para a sua familia no concello?

E por último ¡¡¡¡¡¿REMATARA O CONCELLO DE PONTECESURES POR CHAMARSE «CONCELLO DE SABARIZ»?!!! pois o nome non lle quedaria mal, e con isto non che quero dar ideas Sr Sabariz.

laranxa · 28-09-2007 a las 13:48

Por certo ¿reside a sua cuñada neste municipio?

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-09-2007 a las 14:21

Por suposto, «Tuso», no expediente figuran os contidos da entrevista e todo está perfectamente documentado. Non estaba prevista proba algunha para desfacer empates. Foi unha a decisión do tribunal.
A orde que regula estes programas de cooperación, «laranxa» é a Orde de 31 de xaneiro de 2007 da Consellería de Traballo (DOG nª 40 de 26.02.07).
Mira, «licántropo», Clotilde Pérez Castaño, traballou hai anos 8 meses (a media xornada) no concello e sí practicou notificacións. Tamén traballou perante un ano no concello (nas oficinas e na biblioteca) a outra traballadora que participou na proba de desempate e que levou unha puntuación inferior.
Reitero a chamada para comprobedes o expediente. Quero que apreciedes a gran diferencia. Nos últimos anos do goberno anterior a tónica era a falla de información, o non permitir comprobar os expedientes, o contratar xente sen procedemente selectivo algún, as entrevistas sen criterio de 90″ etc.. Agora aqui estou dando a cara e ofrecendo todo tipo de detalles. Preguntádelle os membros do tribunal o que queirades.
Xa esperaba estes ataques que tratar de envenenar á opinión pública na miña contra. Tamén hai outros en conversas privadas nos que estou indefenso. Reitero que teño a conciencia moi tranquila, e par mín iso é o máis importante.

laranxa · 28-09-2007 a las 22:13

Gracias polo da data do DOG.O do expediente é anecdotico xa que o problema está na preseleccion,de quen TEN a información e de como se fai uso dela.Unha vez feita a preselección,alomenos tres(como esixe a orden da Conselleria)que neste caso foron 5, o tribunal elixe a un de cinco; Enton …¿Quen manexa o tema?

laranxa · 28-09-2007 a las 22:18

Non contestou vostede a pregunta ¿Reside a sua cuñada neste Concello?

Pepe de San Xulian · 28-09-2007 a las 22:30

laranxa, reláxate, vaiche dar algo, pero que che pasa home si antes o Concello estaba tomado polo BNG, familiares e colegas. Xa era hora de que cambiase o bando, pero acaso pasa algo, todos son os mesmos con distintos colares. Eu creo que Coco está censada neste pobo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-09-2007 a las 00:57

Agora, «laranxa», tamén pretendes sementar dúbidas pola preselección realizada na Oficina de Emprego de Vilagarcía. Mira, o concello presentou unha oferta de emprego para contratar un conserxe-vixiante (para este posto foi solicitada a subvención) e enviaron 8 aspirantes que estaban incluídas nese epígrafe como demandantes de emprego, despois de realizar a sondaxe. Utilizarían os criterios da Orde para esta preselección. Achégate pola oficina de emprego de Vilagarcía e interésate por esta oferta, ou mellor, pregúntalle o técnico local de emprego de Pontecesures para que te informe. Parece que queres acusar de manipulación ao personal da oficina de emprego de Vilagarcía. Deixa de ver pantasmas por todas partes e comproba a documentación nas oficinas do concello.
Xa expliquen noutras ocasións de Clotilde Pérez Castaño está empadronada en Pontecesures dende que naceu (rúa San Lois) e sempre estivo inscrita como desempregada, dende que deixou de traballar na tenda familiar, na oficina de emprego de Vilagarcía. Coñeces perfectamente, «laranxa», que Clotilde fai a vida en Pontecesures, que o seu fillo estuda no noso colexio, etc.. ¿Que formalmente consideras que ten a residencia en Padrón, no seu piso familiar? Pois é certo, pero tampouco iso e obstáculo para contratar a ninguén. Nin tampouco para ser alcalde (lembra o caso do Sr. Alvarez Angueira que non reside en Pontecesures senón en Rianxo).
En fin; que segues a dar voltas e máis voltas co teu interrogatorio. Reitero que non teño nada que agochar, que Clotilde Pérez Castaño non ten a culpa de ser a miña cuñada e que a gran diferencia e que agora se dan explicacións. Antes co Sr. Alvarez Angueira; despachos pechados, obriga de solicitar todo por escrito e importante demora na concesión obrigando a intervir ó Valedor do Pobo, negativa a respostar nos plenos, corte do cable da fotocopiadora para impedir facer copias á oposición, consignas a traballadores para que non derán datos a ninguén dos procesos selectivos (cando os había e non se contrataba xa a dedo), ausencia de publicidade das actas dos tribunais, negativa a facilitar a relación dos aspirantes ós postos cando foi a selección do obradoiro de emprego, etc..,etc.., e moito etcétera.

Tiroliro II · 29-09-2007 a las 18:17

Larga Sabariz, vaite que te comen os trapicheros, tes razón home pero manda todo o carallo, a fin de contas que necesidade tes ti de aguantar a tanto tarugo, que goberne a tacona, o do gasoil, os ferriños da sonrisa, a Juliana e as irmás, a familia de angueira, a de Etelvina, os pelotas da familia de Manolo Castro, Bernabé, o tata, as curritas…. que mais da?

Cebola picada · 29-09-2007 a las 19:42

¡Bravo, bravo, señor Sabariz! Por fín demostrou o seu interes en botar ó señor Angueira. Non é polo súa política «a dedo» metendo a xente no Concello.
¿Recorda as críticas ó ex-alcalde? ¿qué pasaría se metera a unha cuñada Angueira a traballar no Concello? UHHHHHHHHHHHHHH!!!!
¿por qué botan do Concello a unha persoa e collen a outra para o mesmo posto? ¿e que non é da súa corda?
Siga así señor Sabariz e camarilla,por favor, que botamos de menos a política caciquil do ex-alcalde, que polo menos disimulaba, e non metía a familia.

Cara de cona · 29-09-2007 a las 19:53

Como, como, como, que angueira e o bng non meteu a xente a dedo? A muller de angueira e a irmá na xestoria apoiada polo plan público, xurxo a dedo e logo encargado a dedo, o Tacón, a irmá de xurxo, a muller de xurxo, a prima de xurxo na gardería a filla de etelvina polo que sabe todo o pobo, o Xandro, a irmá, a cuñada, a irmá que está en padrón dunha de Carreiras que foi na lista, unha raxada da lista, a da limpeza que tiña a juliana, o senro do da gasolinera na empresa da basura o de Casal cos productos de limpeza, o cuñado de angueira sempre cos carteis……que vos parece,…..vai durmir cebola picada

Tiroliro II · 29-09-2007 a las 20:41

Carai cara de cona, que enterado estás, bebeches en boas fontes, faltache un pariente histórico de angueira que foi metido por este varias veces, MARCIALITO, que tan boa labor fixo..Moi boa xestión, Jo..jo..jo e logro masacran a cuñada de sabariz, que lle protesten ó tribunal, esto anímase e van saltar chispas veredes.

Cebola picada · 29-09-2007 a las 21:09

Perdona, «cara de cona», aprende a ler. Falo de familiares, FAMILIARES, FAMILIARES traballando no Concello. Nunha empresa privada pode traballar quen queira ¿ou non?. Aquí non se está a xustificar contratacións a dedo por parte do ex-alcalde, que a habería ou non.
O que non se pode é estar co rollo da transparecia, legalidade, bla, bla e logo meter,á primeira de cambio, a familia. Para iso seguiamos co que estaba que sabíamos o que había ¿vale?

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-09-2007 a las 22:16

Quero respostarche, «cebola picada», o seguinte:

1-E moi doado escribir por escribir. Ven ó concello, comproba o expediente e pregúntalle o que queiras ós membros do tribunal. Hai unha completa transparencia que nada ten que ver co ocultismo que practicaba o Sr. Alvarez Angueira e o BNG no pasado.
2-A traballadora cesada era unha limpadora que percibía ás súas retribucións con fondos exlusivamente do concello. Este posto que discutes é de conserxe con contratación subvencionada ó 100 % da Delegación de Traballo. Nada que ver.

Sei que nos vindeiros días seguiremos con este tema e vou ser acusado de xeito totalmente inxustificado. Só fago unhas reflexións, «cebola picada»: ¿Por qué a miña cuñada non pode traballar no concello se tivo a mellor puntuación a xuizo dun tribunal onde non había político algún? ¿Por qué indirectamente acusas de corrupción os membros do tribunal e traballadores do concello, Ricardo Campos, José Rodriguez Fructuoso e Raquel López Doce?. ¿Hai dereito a descualificar así a esas persoas?

charly · 29-09-2007 a las 22:19

cebola picada lembras a jose carlos primo.n escola taller.sumadeo a lista.no me sinto representado polo B.N.G. Cesureño,no resto voto bloque

sobreiras · 30-09-2007 a las 00:48

O Sr. Alvarez non meteu a familiares directos no concello, pero sí enchufou a súa irmá e a súa muller nunha empresa que non é totalmente privada, pois foi creada con fondos públicos. Pero sí enchufou no Concello o xefe local do BNG e a outro membro do partido o que moito peor. Estes non son exemplo de nada e menos dun partido coma o BNG, mais ben son «exemplares». Como vos atrevedes a criticar a selección que fai agora o Concello, seguindo estrictamente as directrices que marca a Consellería de Traballo. «Díxolle o pote o caldeiro; achégate alá, non me luxes».Non lles fagas caso Sabariz que non che chegan nin as suelas dos teus zapatos, ¡que mais quixeran eles/as!

sobreiras · 30-09-2007 a las 01:00

O resto dos enchufados xa os nomeou moi ben «cara de cona» (que por certo tes un nome ben feo), «Tiruliro II» e «Charly», penso que non quedou ningún atrás. Ningún deles pasou ningunha proba, o máximo que fixeron foi unha entrevista de 90 segundos, mais ou menos cos políticos que gobernaban nese intre, véxase Margarita ou Angueira. E por certo Cocó e unha Cesureña ata a médula, está censada aquí e deixadea en paz.

Cebola picada · 30-09-2007 a las 11:04

Sabariz,frena. Ti quereslle dar á volta á tortilla ,e comprendoo; porque falar dos demáis sen tapuxos é moi fácil pero cando falan dun ¡ay, como doe!
Nin insinue que eu acuso ó tribunal de corrupción ¿vale? Esas son conclusións súas. Nin siquiera critico á súa cuñada ¿porqué o ía facer? Todos temos dereito a traballar, ¿non?
O que critico é a súa postura actual. Despois de ano e pico dando a brasa; despois de dicir que os membros das listas NON DEBERÍAN traballar non Concello (e non me diga que é mentira porque ahí está a hemeroteca, só hai que perder o tempo, o que o teña en búscalo); despois de dar máis leccións que un maestro, vostede fai o mesmo.
E deixese de retrotraer ós tempos de Angueira para comparar-xustificar determinadas actuacións. Angueira marchou,agora son vostedes os que gobernan e non se poden amparar non goberno doutros para dar explicacións das decisións actuais.
E, o máis importante, non volva a poñer como miñas palabras que a vostede lle gostaría escoitar ¿VALE?

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-09-2007 a las 11:25

Imos ver, «cebola picada»: ¿Cómo lle vou privar eu á miña cuñada acceder a un posto no concello se o merece segundo un tribunal alleo ás formacións políticas?. O sexa que aínda por enriba de prestar servizos en favor dos cidadáns de xeito altruista como concelleiro (eu non percibo retribucións), a miña familia vai quedar privada duns dereitos que teñen tódolos veciños. Para garantir a transparencia dos procesos agora hai tribunais alleos as formacións políticas. Claro que critiquei e critico as seleccións realizadas sendo alcalde o Sr. Alvarez Angueira e para iso só tes que revisar no concello os expedientes de antes e de agora.
Lembrando aquelas famosas verbas de D. Julio Anguita: «programa, programa, programa» hai moitos anos, referentes ós pactos de goberno, e as do venres pasado da Vicepresidenta do Goberno, Sra. Fernández de la Vega: «Constitución, Constitución, Constitución» sobre a proposta de consulta do Lehendakari, eu, en relación con este tema, tamén afirmo: «expediente, expediente, expediente».
Saúdos.

laranxa · 30-09-2007 a las 14:10

Sr.Luis Angel Sabariz Rolan,a preselección faina a oficina de emprego logo de recibir a solicitude do Concello,este fai a denominación da plaza e a oficina de emprego selecciona en función da denominación da plaza.Se dos demandantes de emprego non consta especificamente o posto solicitado,quedan fora automaticamente anque cumpran todos os requisitas da Orden da consellería de traballo.¿entede agora por que digo que a irregulariedade está na preselección?.O da pregunta de «onde reside a sua cuñada» xa sabe o porque,espero a parte do empadroamento contribuia cos impostos en beneficio do noso Concello.O de ser a sua cuñada, claro que non ten menos dereitos que os demais pero tampouco mais.E facendo referencia o da conciencia (que vostede dixo ter «moi tranquila»),direille que cada un alimentaa como quere(tamen o Sr.Bush a ten moi tranquila),por certo polo visto tamen a sua cuñada a debe ter «moi traquila»,pero EU no seu caso renunciaria evitando asi especulacións e sobre todo sabendo que outras persoas o necesitan mais que ela,pero como dixen noutra entrada «NON TODOS SOMOS IGUAIS»

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-10-2007 a las 09:21

Parece,»laranxa», que agora estimas irregular a preselección de conserxes-vixiantes realizada pola Oficina de Emprego de Vilagarcía. Pois debes interesarte alí por iso ou pregúntándollo ó técnico de emprego nas oficinas do concello.
En cuestións de necesidades dos desempregados, valoracións das mesmas e renuncias, non debo entrar. Non me corresponde a mín facelo.

basta · 1-10-2007 a las 12:58

Non vou ser eu o que cuestione a selección desta Sra. Recoñezo que a ninguén lle gusta que entre a traballar algún familiar ou persoa próxima a un político, sexa este cal sexa, dos de agora, ou dos de antes. Aínda sendo un posto do mais merecido, sempre queda feo.
Que os defensores do BNG local critiquen esta selección paréceme de chiste. Antes habería que recoñecer erros do pasado e logo estariamos en condicións de opinar sobre as seleccións do presente.
Baixo o meu punto de vista, o día que o BNG local faga un exercicio de humildade, recoñeza certos erros, e atreveríame a dicir, renovase savia, gañaría moita credibilidade perdida entre unha parte importante ata dentro do seu electorado e fóra deste.

laranxa · 1-10-2007 a las 13:22

A responsabilidade non é soio da oficina de emprego,é doble oficina de emprego-Concello.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-10-2007 a las 14:52

Con data 07-09-07 foi emitida unha nota do grupo de goberno sobre contratacións (entre elas a do conserxe-vixiante)que foi publicada neste medio e na prensa o día seguinte. Di:

«»Nova subvención para contratar persoal. ??Fomento de Emprego 2007?
NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

A Consellería de Traballo e dentro dos programas de fomento de emprego 2007, ven de conceder a este concello unha subvención de 38.374,67 ? para contratar por un ano, a xornada completa, ó seguinte persoal:

Un profesor para a Escola de Adultos (obtención do Graduado da ESO) especializado en idiomas e para outros cometidos relacionados co ensino.
Un auxiliar administrativo para as oficinas municipais.
Un conserxe-vixiante para as distintas dependencias municipais.
Xa foron presentadas as ofertas de emprego na Oficina de Emprego de Vilagarcía para que envíen os candidatos/as preseleccionados/as unha vez realizada a sondaxe por ese organismo. Logo un tribunal composto por persoal do concello realizará a selección definitiva unha vez realizadas as probas ou entrevistas oportunas.

O equipo de goberno quere mostrar a súa satisfacción pola concesión desta subvención que vai permitir a potenciación dos servizos municipais.

Pontecesures, 7 de setembro de 2007″»

pachochita II · 1-10-2007 a las 19:50

O Cacharro dixo: ??acabouse a dictadura?,
agora á xente cóllese por selección,
Angueira non sexas caradura,
e non enmerdes a contratación.

Acabouse a enchufeta
quen participa o di,
agora escolle xente honesta,
e moi legal polo que vin.

Raquel do BNG da Estrada,
Frutuoso foilles na lista,
Campos non se mete en nada,
haber quen ten mal a vista.

O de antes era a dedo
que molaba mogollón,
meto a ??quen eu quero?
e que ninguén me diga que non.

??Mando y ordeno? decía o dictador,
aquel que decián o Generalísimo,
en Cesures a xente di con clamor:
este Angueira era un listísimo.

Cocó, esto non é nada,
o BNG querevos enmerdar,
ti eres a súa cuñada,
non se pode evitar.

De Cesures coma calquera,
eso sabeo todo veciño,
non coma aquela peluquera
que traia o bng polo votiño.

Minten os do BNG coma bellacos,
hai que ter moita caradura,
enchufaron ós seus contratados,
durante a anterior lexislatura.

A lista ben larga é,
chamadeslles parvos ós cesureños,
pódese leer nesta wé,
¡ cantos votos así moveron !

Paspallas · 1-10-2007 a las 22:45

Non se vos pode deixar solos, vaia lío..O próximo presidente do tribunal vai ser Barral o dos autobuses, e os vocais Pepe Portas e Manolo Castro. De reservas Ramón o da Viuda, «o malvino» e manolo «o da rata», imparcialidade e moito prestixio.
Deixade de discutir…todos para a cama….

sobreiras · 2-10-2007 a las 00:02

Agora nas actividades da ANPA, hai punto de cruz. Podemos mandar os do BNG para que se relaxen un pouco, que están un pouco alterados co ben que marcha o novo goberno.

laranxa · 2-10-2007 a las 09:51

Sr. Sabariz,publique os requisitos marcados na orden da consellería de traballo ¡por fa!

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-10-2007 a las 10:15

Reitero que están refictidos na Orde de 31 de xaneiro de 2007 da Consellería de Traballo (DOG nº 40 de 26.02.07). Haber se Antonio Cortes ou «Tuso» fai un enlace (creo que se chama «link»). Eu non controlo éstas técnicas.

Antonio Cortés · 2-10-2007 a las 10:21

O DOG podese ver aquí: DOG 40

Debaixo podese descargar un PDF co texto integro, esta orde empeza na páxina 2.801.

Tuso · 2-10-2007 a las 13:27

Se non me equivoco, o que pregunta «laranxa» ven nesa orde, no Capítulo II, Sección I, Artigo 12, que paso a citar:

Artigo 12º.-Selección dos traballadores e das traballadoras.
1. Os traballadores e traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polos/as que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Con carácter xeral, os traballadores e traballadoras que sexan parte nestes contratos non poderán repetir a súa participación ata transcorridos tres anos desde finalizar o anterior contrato subvencionado no marco dos programas previstos nesta sección, sempre e cando o traballador ou a traballadora se contratase por un período superior a nove meses nos últimos tres anos.

2. As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores e traballadoras desempregados/as que se necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina de emprego correspondente, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir os traballadores e as traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación.

A oferta, na súa formulación, non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no parágrafo seguinte.

3. Recibida a oferta, realizarase unha sondaxe de demandantes en función das características dela atendendo á maior adecuación ao posto de traballo ofertado, proporcionando, de ser posible, o número de persoas candidatas por posto de traballo que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dúas, tendo preferencia, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, se é o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, tales como:

a) Mulleres, en especial, mulleres que teñan acreditada a condición de vítimas de violencia.

b) Menores de 30 anos, en especial, as persoas demandantes do primeiro emprego, demandantes con máis de seis meses en desemprego ou aqueles e aquelas sen cualificación profesional.
c) Persoas en paro de longa duración.
d) Persoas con discapacidade.
e) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
f) Integrantes doutros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia e mulleres que abandoasen o exercicio da prostitución como medio de vida.

4. Así mesmo, teranse en conta os seguintes criterios:
a) O nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias.
b) Existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrata o/a cónxuxe, fillos e fillas menores de vinte e seis anos, persoas maiores incapacitadas ou menores acollidos/as.

5. Excepcionalmente, e logo de autorización expresa da delegación provincial, poderán utilizarse ofertas especiais cando se trate de seleccionar a mulleres vítimas de violencia.

6. As persoas candidatas serán remitidas á entidade beneficiaria co fin de que esta realice a selección definitiva, tendo en conta que, con carácter xeral, o 64 % das persoas traballadoras desempregadas seleccionadas e a contratar polas entidades beneficiarias para cada obra ou servizo deberán ser mulleres.

Só excepcionalmente e logo de correspondente xustificación da imposibilidade de chegar a esa porcentaxe, por non existir no ámbito territorial correspondente desempregadas cun perfil adecuado ao posto de traballo ofertado, por renuncia, pola súa indispoñibilidade para o emprego ou por outras causas debidamente argumentadas, poderá esta diminuírse para unha obra ou servizo concreto, procurando sempre que, no cómputo total de persoas beneficiarias seleccionadas e contratadas no conxunto de obras ou servizos de cada entidade local, as mulleres acaden a citada porcentaxe.

Para os efectos de determinar o cumprimento ou non da porcentaxe do 64%, seguirase o criterio de aplicar esta porcentaxe ao número total de persoas traballadoras que se vai contratar, tomando como resultado o número enteiro máis próximo ao número decimal que resulte.

7. O resultado da selección deberá ser notificado á correspondente oficina de emprego con carácter previo á contratación, para a comprobación do cumprimento ou non da porcentaxe de mulleres previsto no apartado anterior, expedindo para o efecto a correspondente certificación.

E noutra orde de cousas, decir que penso que é evidente o cambio (para ben) nestes temas, o que non quita que se poidan mellorar.

Ademais, penso que a «cuñadísima» 😉 ten tanto dereito como calquera a presentarse e obter estas prazas. (Bueno, según a orde ten mais dereito que os homes, pero eso son cousas de como se entenden as «igualdades» de xénero hoxe en día, ja ja ja)

basta · 2-10-2007 a las 20:01

Laranxa, gustaríame que dixeras si no referente as contratacións, encontras moitas diferencias entre a forma de facelas agora, e co anterior goberno do BNG.
A forma de facelas agora non che parece a máis adecuada, ¿e a de antes?
¿mal antes e mal agora?

charly · 2-10-2007 a las 21:53

Notase moito que o bng.esta falto de ideas. non fai oposicion.sin un lider. toca retirada Sr Conde.o mellor en moto G.P.ten futuro.magua que remata o campionato.

xiana cores · 9-10-2007 a las 23:28

Despois de estudiar un pouco todas as contratacións do novo goberno eu chego a conclusión de que si temos enchufismo politico.Por moito que os nosos politicos nos intenten facer ver que non o temos.Pois ben eiqui temos a lista ben detallada ainda que nos enseñen actas e intenten fardar de transparencia onde non a teñen.
1-Marina limpadora e na lista dos transfugas do psoe
2-Nora de Fina Pardal coidadora da garderia o seu home foi na lista con Maribel.
3-Aparellador colega de Suso Rey.
4-Administrativa veciña de Quinta.
5-Coco zabala cuñada de Sabariz.
Faltanos ver os enchufados de Randulfe e de Diz que a larga tamen apareceran xa que todos teñen favores que devolver.
Estes todos que tanto criticaron o bng que sepa todo o povo que estan facendo o mesmo.
E bastante peor por riba coa axuda de actas que esta claro que de legais teñen pouco.
E peor o labor do tribunal que sin ter culpa de nada,sendo simples traballadores estan firmando actas que rozan bastante a ilegalidade.

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-10-2007 a las 17:07

Xa estamos outra vez poñendo en dúbida a honradez os membros dos tribunais de selección, «xiana cores», e por extensión tamén dos membros do equipo de goberno. Repóstoche que:
1-Está todo dito en canto a selección de Marina Buceta, de Clotilde Pérez e de Inmaculada Conde. Tribunais formados por traballadores do concello, actas na porta, información e transparencia. Vai, cando queiras, a comprobar os expedientes á Casa do Concello.
2-Foron contratados, ademáis destes traballadores, outros (máis de 10) co mesmo sistema nos tribunais e todo se desenvolveu con total normalidade.
3-Tódalas persoas teñen as mesmas posibilidades para traballar no concello, independentemente que foran en lista algunha ou de que foran familiares dos integrantes das mesmas.
4-No concello, con contrato administrativo de asistencia técnica como xa expliquei dabondo neste medio, está a prestar servizos un arquitecto (non un aparellador como dis,»xiana cores»). Fixéronse moitas xestións para atopar algún no Salnés (fíxenas eu), en Pontevedra (fíxoas Carlos que foi o arquitecto municipal ata hai pouco) e na capital de Galicia (fíxoas o concelleiro Jesús Rey).
Tratábase de ter un arquitecto o antes posibel é non era doado atopar un profesional con disponibilidade para Pontecesures.
E moi inxusto dicir, nada menos, que o técnico é o «colega» deste membro da corporación. Penso que nin o coñecía.
5-Non teño información da contratación da que falas na gardería. Ignoro o sistema que segue a empresa para seleccionar o seu persoal. Dixéronme que hai xente que deixa alí courriculos e que logon fan entrevistas. No seu día critiquei que o concello non pedira explicacións, como titular do servizo, cando foi cesada Verónica Carlés por se o cese fora por cuestións de opinión, pero agora descoñezo este tema (sei que se contratara hai meses unha traballadora de Rianxo e pouco máis). De tódolos xeitos, se hai algún dato de inxustizas, discriminacións ou intervencións por parte dalgún membro da corporación en favor de calquera persoa débese detallar o sucedido.

basta · 13-10-2007 a las 15:27

Laranxa, a pesar de non compartir contigo a maior parte dos contidos dos teus comentarios teño que recoñecer que me gusta bastante o teu discurso, no que a formas se refire. Pidoche encarecidamente que me respostes á pregunta que che fixen fai uns días(comentario do día 2 referente as contratacións)
Moitas grazas e un saúdo.

Enxurro · 24-11-2007 a las 17:05

xa iba sendo hora de que se calmara este asunto, tanto rúido para nada.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.