Begoña Castro preside o Consello Comarcal de Igualdade.
A Asociación de Desenvolvemento Rural Ulla-Umia celebrou o pasado xoves en Caldas a asemblea constituínte do Consello Comarcal de Igualdade, «nunha clara aposta pola calidade social da comarca», que estará presidido pola concelleira de Asuntos Sociais, Igualdade e Asociacionismo de Caldas.
No acto formalizouse a constitución deste órgano consultivo que analizará a realidade nos distintos ámbitos sociais da vida local para establecer necesidades, anunciar propostas e recomendacións a organismos e entidades diversas e recoller as súas peticións ao tempo que favorecer a participación cidadá. Para isto, reunirase periodicamente e emitirá informes técnicos de diagnóstico da situación das mulleres da comarca que recollan datos sobre emprego, formación e violencia de xénero. Este órgano desenvolverá as súas actividades no territorio Ulla-Umia, que comprende os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.
Tomaron parte no acto representantes políticos e técnicos de cada concello así como das asociacións de mulleres, de hostalería e turismo, do empresariado, das culturas xuvenís, deportivas, veciñais e comunidades de montes da comarca, ademais dun representante da ADR.
No acto procedeuse á aprobación dos estatutos polos que se rexerá este órgano e á elección dos e das representantes do Consello, recaendo o cargo de Presidenta en Begoña Castro Martínez (concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Asociacionismo de Caldas de Reis); a Vicepresidencia en Manuel Carbia Magariños (presidente da Asociación Cultural de Cordeiro) e a Secretaría en Consuelo Rivadulla Rodríguez (educadora familiar e axente de igualdade de oportunidades de Cuntis). Por outra banda, a coordinación e asistencia técnica do Consello Comarcal de Igualdade será levado a cabo pola Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Opotunidades Galega (APAIOGA).
O Consello Comarcal de Igualdade encargarse do seguemento e avaliación do Programa Operativo de Igualdade de Oportunidades 2006-2008 que se está a implantar no Territorio e no cal está recollido o funcionamento do propìo Consello. O coordinador da ADR, José María Tobío Iglesias, lembra que á súa vez o Programa Operativo de Igualdade de Oportunidades 2006-2008 se inscribe no marco dun programa europeo Leader +»
DIARIO DE PONTEVEDRA, 06/10/07
Representando ó concello de Pontecesures asistiron a técnico, Mª Fernanda Cimadevila, e o concelleiro Alfonso Diz.
0 comentarios