Eleccións sindicais no Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O día 3 de setembro de 2007, os sindicatos maioritarios CC.OO., CIG, CSI-CSIF e UGT presentaron na Delegación de Traballo o correspondente preaviso para a celebración das eleccións sindicais no Concello de Pontecesures.
A data de inicio do proceso electoral quedou fixada no 27 de novembro próximo.
Ademáis dos preavisos, o concello xa recibiu a solicitude dos sindicatos para que se entreguen os censos tanto de persoal laboral como de persoal funcionario.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.