Entrevista da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa-Ulla co Director Xeral de Turismo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O día 19 de novembro ás 12 horas o Comité Executivo desta Fundación, á que pertence o Concello de Pontecesures, reunirase en Santiago co Director Xeral de Turismo, Rubén Lois González, para tratar, entre outros temas de interese, da presentación na capital de Galicia da súa publicación «O Camiño do Mar do Apóstolo», nunha edición mellorada de 10.000 exemplares en galego e que será patrocinada por dita Dirección Xeral e repartida entre tódolos concellos. Logo da entrevista, haberá un xantar de confraternidade como de costume.

Tamén se tratará a realización dun viaxe promocional a Inglaterra na primaveira por parte do Padroado desta Ruta Xacobea formado polos 22 alcaldes/as e por outros membros do mesmo. Presentarase un detallado plan incluíndose a recepción na embaixada española, no concello londinense, no Instituto Cervantes e noutras institucións e centros de interese, así como a duración e as distintas intervencións de carácter promocional desta viaxe.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.