Contestación do equipo de goberno en relación coas deficiencias do alumeado público.
NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO
Aparece hoxe nos medios de comunicación unha nota do BNG de Pontecesures, denunciando o mal estado do alumeado público, e preguntando se algunha farola provocou algunha descarga que puidera haber afectado a algún vecino.
Queremos respostar o seguinte:
1º- Efectivamente, nos últimos tempos, contabilizáronse máis de 50 luminarias afundidas no alumeado municipal. A empresa encargada da reposición destas luminarias xa repuxo a metade na rúa Redondo e noutras rúas centrais da Vila. Agora vai acometer a reparación no alumeado de Carreiras, San Xulián, Rúa Pousa Antelo, etc..
2º- Por causas descoñecidas, parece ser que unha das farolas da rúa Victor García produxo na súa base unha pequena descarga eléctrica, pero afortunadamente non causou danos a ninguén. Nada mís ter coñecemento desta circunstancia foi subsanado o dano, con intervención tamén da Policia Local.
3º- O goberno municipal considera que a maioría das avarías do alumeado son motivadas porque a instalación quedou obsoleta en moitas zonas. Espérase renovar os elementos das mesmas en actuacións futuras.
4º- De tódolos xeitos, tampouco o BNG que estivo gobernando ata hai pouco neste concello, pode falar moito de instalacións municipais. A desatención e a pasividade, foron a tónica das súas actuacións nos últimos tempos. Por exemplo, a Rúa Ullán, no centro da Vila, e os veciños tiveron que esperar pacientemente por esa instalación básica.
Pontecesures, 3 de novembro de 2007
0 comentarios