O venres 9, selecciónase o novo monitor/a de piragüismo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No mes de setembro o monitor que entrenaba ós piragüistas do Club Náutico, Jaime Feijóo Hermida, cesou por baixa voluntaria para se incorporar ó Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
O concello presentou unha oferta de emprego na Oficina de Vilagarcía para contratar un novo monitor deportivo con formación en piragüismo para impartir as clases.
A selección terá lugar o venres día 9 ás 11 horas na Casa do Concello, e están convocados os aspirantes preseleccionadas pola Oficina de Empego, logo de facer a sondaxe correspondente.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.