¿ Qué pasa con John Pino ?
O pasado mes de agosto, saltou a noticia de que John Pino volvía a vesti-la camiseta do C.B Pontecesures. Foi unha fichaxe sorpresa, e foi presentado por Fruki como o xogador que debía de conducir ó equipo senior de baloncesto ó ansiado ascenso. Foi tal o éxito mediático no pobo, que incluso o número de socios aumentou espectacularmente, máis se cabe despois de escoitar as declaracións de John Pino o día da súa presentación, nas que prometía 20 puntos por partido…
Dous meses despois a relidade e ben distinta. John Pino acusou na pretempada a súa inactividade e apenas dou encontrado o forma. Despois veu a súa feliz voda con Pili, novo parón de quince días e voltar a comezar. Pero o certo é que dende que voltou xa pasaron 20 días, e Pino, o xogador estrela presentado con fotos e firma de contrato por Sr. Rodriguez Fructuoso, segue sen aparecer e por suposto de vinte puntos, nada de nada.
Agora comeza a tempada de verdade para C.B Pontecesures. Logo de tres partidos (2 victorias e unha derrota) dun xogo lamentable, penoso e aburrido, cuns xogadores cansados e vido a menos, no que non se salva ningún, incluido o adestrador, o baloncesto cesureño necesita a xente como John Pino, un xogador gañador, un valor seguro. Por iso o équipo espera a volta, o retorno do auténtico Pino. Agora ben, esperamos que Pino se de conta que os partido se gañan falando menos e xogando máis, e por suposto metendo máis de un punto por partido.
¿Ou ó final vai a ver que respescar o retirado Nacho, que ese si que xogaba e non falaba?
21 comentarios
fru · 10-11-2007 a las 08:34
A Pino pasalle o que a calquera xogador que leva retirado algun tempo: falta de rodaxe. Rodaxe que vai adquirir neste mes seguro. Non será por falta de ganas, experiencia e altura.
O exemplo mais claro foi o do ano pasado Pepi. Por eso é coñecido cama o «pufo». Asi que demoslle tempo a Pino, e non lle metamos presión. Ademais mentras quen as meta de 3 as siga metendo ¿onde está o problema?. E se o «gran capitan» se incorpora tamén o equipo, mais solucións para o ataque.
De todolos xeitos o equipo está entrenando ben, mellor que o ano pasado, e os resultados (individuais e colectivos) chegarán.
As opcions de ganar ligas perdense na primeira volta, e gananse na segunda. O ano pasado pasounos algo así, sexamos pacientes, SUFRIDORES nos malos momentos e xa virán bos momentos.
Nacho · 10-11-2007 a las 19:55
Eu penso que Fru (por unha vez)ten razòn.Pino leva tempo sen xogar,empezou a entrenar,tuvo ese pequeno paròn,e,»xa ten os seus anos».Creo que non e o mesmo facer o que està facendo con 20 anos que con …… .Ademais,creo que no no està facendo tan mal,nunca foi un xogador de moitos puntos (aporta outras cousas),e outro mais dun equipo formado por 12 xogadores,donde creo q
Nacho · 10-11-2007 a las 20:14
(lle dei a tecla que non era)como dicia,que todos temos que aportar algo,sea mellor ou peor,e si fulanito ou menganito teñen un mal dìa (porque pasa)ten que haber outras 10 personas que compensen esto.E rematando,se Pino està facendo un mal comenzo de temporada creo que deberìa haber xente con bastante nivel para aportar o que este xogador (de momento) non aporta,o que pasa e que cando se ganan partidos,todo e facil,todos metemos puntos,somos ….,pero cando van mal:¿donde està a xente?,¿quen anota puntos?…….
John tranquilo todo o seu tempo,o mundo disque non se fixo en dous dìas
fru · 10-11-2007 a las 20:32
Grande Nacho… 😉
gulli · 10-11-2007 a las 20:56
Un pregunta Nacho, ¿por quen vai? Fala claro.
Nacho · 10-11-2007 a las 21:33
Tranquilo Gulli,non vai por nadie en concreto,o ùnico que quero dicir e que un equipo è un grupo de personas,e que todos deverìan aportar algo,e si alguien ten un mal dìa ou un mal comenzo deberìaselle dar tempo.Se esta noticia sale a finales de temporada xa è outra cousa.
Esta temporada non podo falar,porque sòlo sei os resultados,inda non vos vin xogar,pero falo por anos anteriores,nos que estaba xogando.Por certo,noravoa polos ùltimos partidos.
Relàjate,que non estou non estou picando,non e o meu estilo.
Un saludo
gulli · 11-11-2007 a las 01:52
Boa aclaración, amigo Nacho. Por un momento pensei que tiña que lembrar a toda a xente do baloncesto de Cesures, de que a piques estiveches de fichar polo eterno rival este verán, a pesar de que dixeches de que deixabas o básket (os teus amigos de toda a vida)por motivos laborais.
¿Ou non será de que lle tes envidia a John John Pino polo éxito mediático de que acadou en dous meses, cousa que ti e o teu amigo Rodriguez Fructuoso non acadáchedes en quince anos?
Saúdos á familia.
fru · 11-11-2007 a las 16:02
¿Nacho envidioso?.
Envidia polo exito mediatico??? ¿E iso que é, ti sabelo? Explicamo pois…
O que explicou onte Nacho ben vale para o partido de futbol Getafe – Barça. por moito que lle doa a Peñaño, o barsa xa non é o equipo de hai 2 anos. Mais ben xa non é un equipo (= q o madrí dos galacticos). ACTITUDE, sobre todo nos malos momentos.
Nacho · 11-11-2007 a las 16:36
Querido Gulli:Creo que todos sabedes perfectamente cal è o motivo da miña retirada e dende logo marcharme para outro equipo non estaba nos meus plans e menos para Padron.Os que me conocedes «ben» sabedelo.Con respecto o fichaxe de John alègrome que teña tanto èxito, pero non teño nada que envidiar de nadie,e se non acadei tanto èxito nos meus 16 anos de xogador pois mala sorte,pero os resultados estàn por ahì (e ti que tes tan boa memoria tìñalo que saber).O que teño claro e que estos anos en Cesures como xogador paseino ben,disfrutei xogando (uns dìas mellores ca outros),disfrutei ca aficciòn,pero sobretodo, estou contento e eso no no cambio por nada.
Por certo,se queres seguir falando facèmolo o Martes no entreno
Mxim · 12-11-2007 a las 22:39
A min gústame o balolncesto de pasada, pero non me entero moi ben de que vai a cousa. Este «gulli» sempre anda a tocar o grelo. Tira a pedra e esconce a man. Ptimeiro pide aclaracións (quizáis porque se da por aludido?) e logo acusa de traidor e envidioso… unha perla, un conciliador.
O que di «fru» que o barsa está acabado, creo que non ve os partidos, ou ve os de outro equipo.
E respecto á noticia en sí, Pino non será o que foi, nin os demáis xogadores son o que eran fai uns anos, os anos non perdoan.
fru · 12-11-2007 a las 22:51
Ver ó barsa pouco o vexo, pero bastoume ver as declaracións de Puyol, Rijkaar e compañia, e ver cantos partidos gañou de visitante esta temporada, e o «gran futbol» que fai agora frente o de hai 2 anos. Non sei por que lembrame ó fin do «madrí dos galacticos».
Son só opinións, como a túa. Paro se non te enteras moi ben, pregunta antes. Estas lendo unha conversa entre 3 amigos. ¿pode dar lugar a que se interprete que hai «mal rollo»? Pois aseguroche que non o hai.
Mxim · 12-11-2007 a las 23:40
Pois o que aparenta dende fora é outra cousa. Nacho di «Fru por unha vez tes razón», gulli di que «Nacho dé os nomes da xente que ten que tirar do carro», Nacho tranquiliza a gulli dicíndolle que non vai por el e este ataca acusándoo de traidor e de envidiosos a el e a fru, fru defende a Nacho e este pon paz… ata novo ataque. Bueno, amistosa trifulca.
gulli · 13-11-2007 a las 18:42
Tranquilo Mxim, que entre eu e Nacho hai calquer cousa menos mal rollo. De feito mira o mal rollo que hai, que se bautizo a miña filla (ainda está por ver) el e a súa muller Silvia, van a ser os padriños.
Que se ía poñer esta entrada sobre Pino, xa o tiñamos falado os tres e todo o que sigue é pasar un bo rato a fin de semana pasada. Quizais a culpa é nosa, usando este medio para entreternos e «acusarnos», sobre todo se a xente non nos coñece.
E por suposto, non era a miña intención toca-lo grelo.
Saúdos Mxim.
gulli · 13-11-2007 a las 18:45
A partir de agora, estas bromas amigo Nacho e amigo Fruki, por móvil, e así a xente non crea ideas equivocadas. Véxovos no entreno despois.
O Rei · 13-11-2007 a las 20:03
Por dios non deixedes de «metervos» entre vós!! iso dalle vidilla á páxina 😉
fru · 13-11-2007 a las 20:06
Proba de que non hai que facer caso a todo o que se lee, ou din por ahí…
«Do que che digan non creas nada, do que vexas a metade»…
E ó final a «culpa» vaina ter Pino. ? tempo. 🙂
fru · 18-11-2007 a las 09:49
Numeros de Pino neste partido:
Minutos de xogo: 23.
Tiros de 2: 5 anotadas de 5 intentadas (100 %).
Rebotes: 10 (7 defensivos e 3 ofensivos).
Balóns recuperados: 3
Balóns perdidos: 1
Faltas cometidas: 5
Sobra decir que estes si son números «normais» dun xogador coma él. Si acaso destacar o 100% en tiros de campo.
O único «lunar» non ter sido capaz de xogar mais minutos ó cargarse de faltas outra vez, quizais motivado por que lle falta ritmo de competición todavia, logo de case 3 anos sen xogar.
Creo que a noticia é que non pasa nada con Pino, coma o bo viño ten que «madurar» despacio 😉
gulli · 19-11-2007 a las 10:48
E non te olvides, Fru, de mencionar esa carreira d canasta a canasta finalizando cunha gran entrada. Que dure, a él e ós demais.
cachote · 19-11-2007 a las 18:13
Ese contragolpe foi sencillamente apoteósico… aver si a Pepi se lle ven un detalle de eses dunha vez
fru · 25-11-2007 a las 23:22
Gran frase de Jhon Pino:
«non tirei mais por respeto ós compañeiros».
(Acabara ese dia con 2 puntos) 🙂
fru · 23-12-2007 a las 12:25
Onte pasou un «ciclón» polo polideportivo de Pontecesures chamado Jhon Pino:
40 minutos de xogo e acabou fresco, para xogar outros 40.
10 puntos (2/4 en tiros libres) (4/5 tiros de 2)
24 rebotes (14 defensa – 10 ataque)
E o mellor. unhas ganas de «morder» tremendas. Así, no minuto 36 tirouse a por un balón voando polo aire, e inda dende o chan, peleouno revolcandose con xenio. Lastima que non recuperase esa pelota, sería a xogada defensiva do ano.
Pero a accion vai quedar entre as 10 mellores da temporada. A pena é que non quedase grabada. 😉
Logo poñemos a cronica do partido.