Non creo nesta clase política.
Carta ó director de «LA VOZ DE GALICIA», de Pablo Cutelo (Lugo)
Levo xa unha boa temporada coa percepción de que as prioridades dos políticos non van acordes coas nosas necesidades, tanto a nivel central como a nivel autonómico. Nos dous casos votei para o cambio e nos dous me sinto moi defraudado. Esta clase política non vai conmigo. Aquí non teremos traballo, empresas vivenda e solo industrial a prezo razoable, autovías sen peaxe, residencias para maiores, boa sanidade… pero si temos para unha megacidade de Cultura, soldos para os altos cargos, galescolas, operacións para cambio de sexo, e un longo etcétera.
Non sei, igual estas cousas que descoñecía son as que realmente necesito, quizais non son tan progre como hai que ser, pero do que me dou conta é das cousas básicas para poder vivir.
LA VOZ DE GALICIA, 10/11/07
0 comentarios