CARREIRAS CLANDESTINAS
Creo que poucos quedamos en Cesures que devoremos todas e cada unha das noites de fin de semana deste pobo desde fai case tres lustros e, a pesar diso todo o que oio, leo ou escoito estes días paréceme totalmente surrealista. Opinar grazas a deus é libre, o difícil é acertar.
Desde aquí a miña particular visión deste problema, tomándome a liberdade, xa que equivocarse, tampouco parece delito.
Totalmente en desacordo en primeiro lugar cos que desde aquí intentaron atacar a determinados sectores políticos, en particular a Luis Angel Sabariz Rolán, á presenza da garda civil ou a case todo do que se dixo.
Incidentes e problemas hóuboos, hainos e haberaos, pero sempre causados por unha minoría.
Desgraciadamente estas minorías, por ruidosas que son, fanse notar máis que a xente que sae tranquilamente a disfrutar no noso pobo, e hai quen que se serven deles para, gratuitamente, perxudicar negocios, postos de traballo,e a dignidade dos que vivimos dun sector que axudou a que moitos se puidesen gañar a vida neste pobo. Penso que falo con coñecemento de causa.
Os danos que a hostalería poida ocasionar ao descanso dos veciños, deben de ser solucionados con premura, pero primeiro analizando entre todos, hostaleiros, representantes políticos e todos aqueles que teñan algo que achegar o que sucede, e logo buscarlle unha solución.
Sempre existen formas para conciliar descanso e diversión.
En Pontecesures, carreiras clandestinas, NADA DE NADA, e de existir, perfectamente organizadas de forma que ninguén pode dar probas da súa existencia. Si que algún que outro incontrolado, ruidoso é verdade, pero nunca merecedor do despregamento policial que vivimos sobre todo o Venres, custeado co diñeiro de todos os contribuíntes, (que isto tamén é de todos como o mobiliario urbano), nin dos titulares de prensa que non fan máis que danar a imaxe deste pobo e crear unha moi equivocada. Isto só axuda a empeorar a crise que o sector está sufrindo desde fai anos.
A presenza policial é existente e necesaria, en contra dos que moitos opinan, pero para atacar os problema de raiz, de forma estudiada, non para facer un despliegue un venres á noite, superando o número de efectivos de tráfico ao número de visitantes no concello, buscando unhas carreiras clandestinas que non existen.
Quédome coas declaracións que recolle a prensa de hoxe da garda civil, moi acertadas :«Non hai carreiras; un par de descontrolados con coches baratos, iso si, un Panda, pero non podemos deixar que vaia a máis». Estas son as declaracións de quen coñece a realidade do noso pobo.
O resto é falar a treo, e desde aquí a miña particular versión para quen queira axudar a eliminar os problemas existentes, se é que a miña experiencia durante quince anos no foco do problema pode axudar máis que os que din que lle dixeron que escoitaran.
Chamemos ás cousa polo seu nome e actuemos consecuentes coa noticia e cos prexudicados.
Un saúdo.
10 comentarios
basta · 13-11-2007 a las 01:41
Aínda que vostede non o vexa así, estou de acordo coas críticas vertidas cara Sabariz sobre este tema en concreto Sr. Javier.
O autor da nota de prensa foi el, e agora debe dar contas do contido desta. Amparándose en «queixas dos veciños»,ou «uns veciños» sempre sen identificar e nunca facendo referencia a datos concretos para poder contrastar, dedícase a publicar notas de prensa pouco verosímiles.¿Serían os mesmos veciños aos que vostede sinalou como denunciantes dun caso da síndrome de Dióxenes?
Se os veciños denuncian carreiras ilegais, que dean a cara, e que as sinalen, Sabariz que contraste a información antes de facer públicas estas supostas practicas temerarias, e así evitaremos ridículos como os protagonizados este fin de semana.
Unha vez máis coloca a este pobo detrás de titulares que pouco o benefician, e só para alimentar o seu ego persoal.
A garda civil desmente, hostaleiros desmenten, ninguén viu carreiras clandestinas en Pontecesures, e mentres Sabariz volve ser o centro da atención da vida política local.
¿Perxudicados?
Todos somos perxudicados.
Unha vez corroborado por parte do goberno civil e Tráfico que se trataba dunha denuncia totalmente política para satisfacer a necesidade de notoriedade duns cantos, quedarémonos sen resolver o problema real, controlar a uns descerebrados que de forma esporádica, dedícanse a facer «arrancadas» nas rúas do noso pobo.
Pero este Sr. non se dá por vencido. Fai meses dedicábase a reclamar axuda ao Subdelegado do Goberno, agora volve a pedir axuda e sácase da manga carreiras clandestinas.
E digo eu, non será a clase política, a patética relación interna entre os membros do equipo do goberno, e todas as turbulencias recentes na casa do concello as que máis URXENTEMENTE requiren axuda externa? Hoxe por hoxe creo que este problema supera con creces ás inexistentes carreiras clandestinas. ¿Que pretende, desviar a atención?
Eu empezaría a pedir axuda á Consellería de Sanidade.
Tuso · 13-11-2007 a las 11:13
javier, moi boa a reflexión.
manolo · 13-11-2007 a las 16:26
Javier non te enteras, Sabariz sabe de sobra que non hai carreiras clandestinas, pero hai que inventar algo para queimar o pouco que queda no pobo. «Los señoritos» queren vivir no medio do pobo e despertar co sonido dos paxariños. Pois non é así. Non queremos un pobo dormitorio. Ataquen os excesos de ruído pero deixen vivir á xente. A algún resultalle moi fácil gañar 3000? ó mes. Outros teñen que sudalo.
Non deixar que queimen ó pobo, nin que a prensa nos trate como delincuentes.
Loitade unidos polos que queren que sigamos emigrando para gañar un peso.
Carreiras clandestinas, de risa.
que busquen unha disculpa máis real, ou que digan manifiestamente que non queren xente no pobo.
VERGONZOSO.
MINTIREIROS.
Luis Angel Sabariz Rolán · 13-11-2007 a las 18:24
Nunca falei eu de carreiras clandestinas nos medios cando me chamaron, senón de conduccións temerarias («trompos», arrancadas bruscas con «chillido» de rodas, frenazos, velocidades inadecuadas, etc..). Paréceme que non merezo que me chamen «señorito», «mintireiro» «vergoñento», que me digan que só quero alimentar o meu ego persoal e que necesito axuda médica, pero xa estou acostumado a estes cualificativos que me adicaba o Sr. Alvarez Angueira cando presidía o goberno municipal de Pontecesures.
Non vou dicir máis. Só quero desexar que se solucione este tema destas conducccións no peirao como queren moitos veciños de Pontecesures, e que non haxa accidentes. Fixen o que puden coma concelleiro que son, e lamento que algunhas persoas non estean de acordo con isto, nin coas miña xestións como membro da corporación.
Un saúdo a todos e ata sempre.
Un chien andalous · 13-11-2007 a las 19:33
«Javier» tí ere-lo «SUCESOR» do BNG en Pontecesures (tiven unha visión). Raimundo Castro titulou do mesmo xeito unha obra sobre o tan defendido ex-presidente do goberno J.Mª.Aznar.
Non sei ¡cómo decilo! pero sorpréndeme grandemente esta frase do «chef»:
«Totalmente en desacordo en primeiro lugar cos que desde aquí intentaron atacar a determinados sectores políticos, en particular a Luis Angel Sabariz Rolán».
VAITEEEEEE! esto era o que faltaba, tí un activista das tres letras defendendo ao enemigo, facéndolle a pelota a Sabariz,¡¡¡manda carallo!!!
$$$cánto plumífero hai$$$
¡¡¡estou asombrado!!! ´
As carreiras, non foron carreiras ata que molestaron ao «señorito» (ainda que mellor dito á «señorita») levo escoitando a queima de motores e neumáticos hai tempo, pero cando a actuación e as pegadas quedaron diante do domicilio do «GALENO», a QUEIMA deixou de ser tal, para seren carreiras clandestinas e saír na prensa, en canto se facían trompos diante da «JARASA», ou na curva dos mariñeiros, todos quietos…
Non «TUSO» non é boa a reflexión, a reflexión é «OPORTUNA», o cal é distinto.
«basta» e «manolo» caseque moi ben.
O concelleiro non adscrito, do dorsal número 1, TEN O COSTUME DE ABRIR GAS sen mirar para os lados, FOI CHAMADO VARIAS VECES a capítulo, pero NON ENTENDE, no seu afán de INFORMAR, esquece que hai danos colaterais, CHEGARÁLLE o día en que sufra na propria carne o asunto, entón estimará:
¿QUE PESA MÁIS, O DEREITO A INFORMACI?N ou O DEREITO Á INTIMIDADE E Á HONRA? .
Non mato ao mensaxeiro, o mensaxeiro é bo, pero TEN QUE SABER CONTROLARSE e SOPESAR nunha balanza, QUE DEREITO PREVELECE.
Non precisa acudir, nin buscar axuda médica, o que precisa é PENSAR DUAS VECES o que comunica ao público.
SORPRENDENTE a opinión de «Javier»….facías un bó…político, ¿sabes?…»os xiros no pensamento»,está estudado que son bos.
E algo de «Señoritos» si que hai…. ehhhh!!! así subterráneamente, con disimulo, pero o «ego» subiu un par de graos. «Os non adscritos» pesan moito e iso que «eran cadáveres políticos», o malo é que eles sabenno. ? o de sempre, o de hai moito tempo, a historia repítese, só que aquí falta o «farmaceutico», xa que o médico e o secretario xa o temos, pero ben pensado valería un «vetrinario».
¿Onde se atopa o PARTIDO POPULAR? ¡¡de pena!!, o PSOE desaparecido, e non precisamente en combate, o BNG, (Angueira ¡vaite!, xa tes sucesor).
People is shit · 13-11-2007 a las 23:21
Sabariz no sabemos lo que le has dicho a la prensa, pero sabemos lo que la prensa ha puesto «gracias» a ti. Ahora entendemos por que el ex-alcalde utilizaba esos calificativos contigo, tal vez no estaba diciendo mentiras.
xiana cores · 13-11-2007 a las 23:35
A que ben esta nota Sr Sabariz.Despois de facelo dano vou a intentar remendalo dando pena.Pois que sepa que non nola da.As cousas ten que pensalas antes de decilas,ten que contrastar as opinións e saber se o que vai contar e certo.Pero a realidade e que vostede cando ve algo que pode ser noticia soltao sen reparar o dano que pode chegar a causar sobre todo cando o que di e mentira.O seu afan de protagonismo neste goberno pode ata con vostede mesmo e asi perde o control das situacións.
Controlese non e tan dificil.
manolo · 15-11-2007 a las 21:23
Xiana, fala baixo, Sabariz está dormindo, está canso, dixo ata sempre e vai a descansar. Preparate cando volva…
manolo · 27-11-2007 a las 01:17
«Nunca falei eu de carreiras clandestinas nos medios»
Non,claro, e hoxe dis no pleno que tes constancia de que houbo algunha «cronometrada»
Eu a estes chamolle «flipados»
Anda, vai pegarlle as follas á guía turística que lle arrancaron no concello.
Claro, agora seguro qe ti tampouco foches.
¿Porque non metes esto na prensa?
¿porque non sae na prensa que no concello de Pontecesures se dedican a cortar con unha cuchilla as follas onde sae Angueira na guía turistica.
¿Algún traballador?
¿cos cartos de que subvención?
?traballadores seleccionados por un tribunal impecable para facer esto?
Soio son preguntas que me veñen á cabeza.
Ánimo Sabariz.
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-11-2007 a las 09:32
Critiquei, por electoralista, a publicación e a entrega da Guia Turística nas visperas da campaña electoral coas fotos e saúdas do Conselleiro de Industria de do ex alcalde. Foi unha actitude ventaxista do BNG con cartos publicos.
Agora ben; estou totalmente en contra de arrancar agora o saúda do Sr. Alvarez Angueira e díxeno no Pleno. Paréceme un feito insólito descoñecido polos concelleiros non adscritos.
Por suposto, somos alleos a estas burdas prácticas e imos solicitar a retirada inmediata dos exemplares «mutilados» da guía e que se restitúan por exemplares completos.