BALONCESTO: NOVA VICTORIA DO EXTRUGASA RIO ULLA SENIOR POR 42 A 62
LICEO CASINO PONTEVEDRA = 42
EXTRUGASA RIO ULLA = 62
Gulli (16), Peñaño (7), Pedrito (-), Victor (3), Pino (8), Pedro (6), Juanjo (-), Santi (2), Arturo (8), Feli-no (3), Pepi (9).
O Extrugasa consegue outra victoria ante un Liceo de Pontevedra que ia 2º na tabla de clasificación. Ademais o fixo por 20 puntos de diferencia, e cimentánsose nunha forte de fensa INDIVIDUAL que deixou a un equipo que tiña bos números en 42 puntos, proba de que pouco a pouco mellora o seu xogo colectivo, sobre todo en ataque.
Iniciouse o encontro e de entrada Pepi supo leer a defensa zonal 2-3 pechaada sobre os pivots de Cesures, ó anotar os 9 primeiros puntos do Extrugasa (min 5: 4 ?? 9). En defensa os cesureños empezaron en individual, o que lle rompeu as ideas ós locais, pois non encontraban boas opcións de tiro. Unha tripla de Gulli puso ó Extrugasa por primeira vez en 10 puntos de diferencia: 8 ?? 18, rematando o cuarto en 10 ?? 19.
No 2º cuarto os cesureños tamén puxeron unha zona 2 ?? 3 e moveron o banco. Esto foi aproveitado polo pívot local nº 14 (16 puntos neste cuarto) para sair a tirar anotando varias triplas que lle diron a volta ó encontro (min 16: 24 ?? 23). O Extrugasa sufría para anotar e inda tivo que ver coma os locais se ian un minuto despois a un 28 ?? 23. O Extrugasa voltou a facer defensa individual e un gran Arturo ??secou? ó seu mellor xogador. Quedando 3 segundos o Extrugasa perdía 28 ?? 27, pero aproveitou un saque de medio campo para que Felipe pasase rápido a Peñaño que meteu unha tripla de 7 m. e deixou o marcador ó descanso nun 28 ?? 30.
A 2ª parte comenzou cuns minutos de poucos puntos (min 23: 30 ?? 32), pero un parcial de 6 a 15 neste cuarto, con 2 triplas de pedro cachote e unha de Gulli despegarón ó Extrugasa ata un 34 ?? 47. Nos ultimos minutos do cuarto e nos primeiros do ultimo perio o Extrugasa tivo un bixon no ataque, que acercou de novo os pontevedreses a un 40 ?? 47, quedando arredor de 7 minutos. Pero ahí Gulli con outra tripla (40 ?? 50) e cunha defensa moi forte do equipo o parcial final foio de 2 a 12, rematando o encontro con varios contraataques de Peñaño e Gulli.
11 comentarios
gulli · 25-11-2007 a las 23:14
A ver cando cambias esa foto do único partido que perdemos.
Dicían por ahí que un xogador xogou medio lesionado…e que estrenaron nova equipación auxiliar.
Acertado comentario sobre «O Rei», Peñaño e o licor café.
Partidazo de Pedro Cachote, o mellor que lle vin dende que xogo con el, bo partido de Arturo, haberá que reconocerllo por unha vez.
Por certo, ese tal metomentodo, parece que está xogando ben… ¿ou non? Dalle un saúdo da miña parte cando o vexas.
Saúdos.
fru · 25-11-2007 a las 23:20
Si, o maximo anotador tivo problemas musculares na espalda e só fixo 16 puntos.
A equipación auxiliar foi un «auxilio» 😉
E dende logo Cachote hoxe contribuiu moi ben.
Metomentodo? Que eu recorde non temos a ninguén no equipo que se chame así…
fru · 25-11-2007 a las 23:26
Olvidouseme comentar a nota negativa do encontro, pero que é noticiable: Logo de serlle sinalada unha falta a favor, Pino AGREDE ó balón dándolle un puñetazo. «CAjo en Dios, se eso non é falta» (u algo así). Por un momento rondou a técnica, pero o árbitro resolveu a xogada sinalando a clara falta previa, e logo escarallandose de risa.
Ese pino demostra estar cada día mais en forma…
gulli · 25-11-2007 a las 23:32
Coma foran os números de John Pino neste partido? Hoxe xa xogou un pouco mellor e en defensa estivo moi centrado. Sobre o do puñetazo o balón, é algo que leva facendo toda a vida, e serve para que todos nos riamos, arbitros e rivais incluidos.
gulli · 25-11-2007 a las 23:39
Preguntalle a Solla quen ese tal metomentodo. Creo que é alguén que di o que pensa, que vai de cara sempre, que debate ideas e opinións contrarias a súa forma de pensar ou de entende-la vida, pero que nunca nunca lle faltará o respeto ó que non opine coma él. Caeme ben ese tal metomentodo. Pensa igual igualiño de coma penso eu.
cachote · 25-11-2007 a las 23:39
Eses «cajo en dios» forma parte do espectaculo q damos… asalto a la liga gulli !! ? verdad q cacharon a arturo metendo empanada do choco nunha bolsa pra levar pa casa? Por certo , no foro do peixe galego empezase a comentar o noso arsenal de xojo … a peña ten medo tius
fru · 25-11-2007 a las 23:40
30 minutos xogados, 8 puntos, arredor de 8-10 rebotes, varios balóns recuperados, e o mellor:
0 faltas cometidas!! LAstima que non acumularan as non feitas para outros partidos.
Só xogou un puco mellor?
gulli · 25-11-2007 a las 23:46
Eu non sei se colleron a Arturo metendo empanada nunha bolsa para levar para casa, pois comendo coma come o sobriño de frutuoso, pouco poido levar, ainda que coñecendo o susodito, todo é posible.
O que si é certo e que trapichea o Arturos cos Kiwis, o cal da moito de que pensar…
Pana · 26-11-2007 a las 16:25
Felicidades pola nova victoria. Vexo que Gulli segue a ser un importante talento no xogo colectivo, pero tamén me alegra observar que case todos os xogadores aportan puntos ó equipo. Saudos a todos e a continuar facéndonos disfrutar co noso equipo desde a distancia. ¡Apertas para todos!
solla · 27-11-2007 a las 10:54
Os felicito por esta nueva victoria y espero que esto siga así hasta el final.
Fructuoso, dile al metomentodo que lo está haciendo muy bien y que a mi también me cae bien.
Pedro felicidades por el buen partido realizado y para ti también Arturo, pero que dure.
Pana, ¿Gulli TALENTO EN EL JUEGO COLECTIVO?
gulli · 27-11-2007 a las 22:10
Amigo Sr. Solla: un xoga o baloncesto hoxe como o entrenaron cando tiña trece ou catorce anos. ? a isa idade cando te aprenden a tirar, a defender, a usar algún que outro «truco» co rival… Simplemente hai que saber quen foi o noso adestrador. Dareiche un pista e direiche que nos facía correr pola carretera da Estrada montado na súa mítica Puch Maxi blanca…