Moción do PP sobre o Museo do Pobo Galego.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Rafael Randulfe Vieites, Portavoz do Partido Popular no Concello de Pontecesures,

EXP?N:

Que o Museo do Pobo Galego é unha entidade de utilidade pública que neste ano acada o seu trinta aniversario e que ten como finalidade a recolleita, estudo e difusión das manifestacións da cultura do noso pobo.

Unha das formas de financiamento do Museo para acadar este fin son as achegas dos membros do seu Padroado nos que se atopan tanto a administración autonómica como as deputacións provinciais, e de socios tanto individuais coma institucionais quke coa súa participación permiten o funcionamento da entidade.

Son numerosos os concellos de Galicia que, como socios institucionais, colaboran co Museo do Pobo Galego, polo que presenta no Pleno da Corporación a seguinte:

MOCI?N:

Que o Pleno da Corporación acorde a inclusión do Concello de Pontecesures como socio institucional do Museo do Pobo Galego para o ano 2008, cunha cota anual mínima de 110,00 ? e que será fixada pola Xunta de Gaoberno Local (órgano competente para este fin) na seguinte sesión que celebre.

Pontecesures, 16 de Novembro de 2007

Asinado: Rafael Randulfe Vieites.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.