O luns, 17 de decembro, doazón de sangue en Pontecesures.
A Unidade Móbil estará instalada na rúa San Lois (xunto ó Monumento ás Feiras do Automobil) de 10 a 14 horas, e de 16 a 21 horas.
Teléfono de información gratuito. 900-100828
Galicia precisa 500 doazóns diarias.
O avance da medicina soluciona moitas enfermidades, mellora a calidade de vida dos enfermos e aumenta a nosa esperanza de vida. Cada día os hospitais galegos atenden a unha media de 2.900 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 trasplantes de órganos ou tecidos. Isto é posible grazas a que, cada ano, miles de persoas amosan a súa solidariedade doando un pouco do seu sangue.
Nestas datas de nadal, moitas persoas disfrutarán da compaña dos seus familiares e amigos, pero os enfermos ingresados nos hospitais seguirán necesitando sangue todos os días. Se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden dar e moitas as razóns para facelo. Lembra, 15 minutos do teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas. Non debes acodir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas.
MENSAXE DO CENTRO DE TRANSFUSI?N DE GALICIA (CONSELLERÍA DE SANIDADE)
0 comentarios