Tódolos trens son necesarios.
Si, o AVE é un gran invento. En especial para os cidadáns que poidan dispoñer del. Algún ano, é de supoñer, que tamén nos tocará, tanto no eixo atlántico como na conexión con Ourense e a Meseta. Pero non todo é o AVE. O tren e moito máis. Ademais de ser con moito o medio de transporte menos contaminante, de ser o máis seguro, da súa comodidade (por moi susceptible de mellora que sexa), de que permite gañar o tempo que nel se pasa, é o máis adecuado para desconxestionar as entradas e cumpre un papel insubstituíble en determinadas distancias, como ben saben en Barcelona co recente pesadelo vivido nos cercanías. O feito de que na futura liña do AVE non pase por Padrón, Pontecesures e Catoira non debe converter ás súas estacións en pantasmas. O mantemento das dúas liñas, cara a Vilagarcía, non só é posible senón necesario.
Columna de Jose Mª Guijo no semanal «santiagosiete» 21/12/07.
0 comentarios