Bando sobre matanzas domiciliarias para autoconsumo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Estando na época na que se levan a cabo as matanzas domiciliarias para autoconsumo, infórmase de que existe un programa sanitario das mesmas, recollido na Orde de 30 de outubro de 1995.

Os interesados en beneficiarse do programa, deberán:

* Realizar a toma de mostras para a súa análise. A mostra consistirá na língua completa de cada animal xunto como os primeiros aneis traqueais.
* Entregar a mostra nos Servizos Veterinarios de Saúde Pública da Comarca de A Estrada (tfno: 986-570549). A entrega deberá facerse de forma persoal ou mediante autorización escrita a un terceiro.
* Realizar, segundo o modelo normalizado recollido no anexo 1 da presente Orde, a solicitude de realización da análise parasitolóxica.
* Aboar o importe das taxas.

Pontecesures, 26 de decembro de 2007

Categorías: ConcelloSociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.