Rafael Mouzo alcalde de Corcubión: «Asumín que nos podían expulsar, pero entenderon as nosas alegacións».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Xosé Mouzo Lago ten 61 anos e milita no BNG dende xullo do 82, cando se creou esta formación política. E é alcalde de Corcubión dende tres anos antes ata hoxe, salvo no mandato anterior, no que estivo na oposición. Recuperou o cargo grazas ao pacto do seu grupo (con catro edís) coa única concelleira do PPdeG, alianza que deixou aos catro concelleiros do PSdeG na oposición. Tanto el como o compañeiro ?scar Insua foran suspendidos cautelarmente de militancia polo Bloque ao romper o acordo marco de goberno firmado por socialistas e nacionalistas.

-O PSOE critica que recobren a militancia e non sexan expulsados do BNG.

-Non me gusta comentar ningunha declaración do PSdeG, porque é un partido que ten toda a lexitimidade para dicir o que queira. Non o comparto, pero respéctoo. Penso que o BNG actuou con coherencia, aceptando as nosas razóns, e tomou un acordo que estimo que é xusto. Nós aceptamos no seu momento a suspensión cautelar de militancia igual que hoxe aceptamos que a anulen, nada máis.

-¿Cría realmente que a vostede e ao seu compañeiro os podían expulsar do BNG?

-Naturalmente, contaba con iso, víao factible. Asumín que nos podían expulsar, e que podía ser definitivo, pero entenderon as alegacións e non o fixeron. ? así de sinxelo.

-¿E que alegaron?

-Explicamos as circunstancias que, en clave local, poñían difícil chegar a un pacto cos socialistas. Pero a base das alegacións foi que eles mesmos, o PSOE, hai catro anos, fallaron no pacto. No 2003 non pactaron connosco. Por iso foron expulsados do partido, e despois, readmitidos. A eles si que os expulsaron, e a nós, agora, só nos suspenderon a militancia.

-¿Cre que a decisión refrenda o seu pacto municipal co PP?

-Supoño que si o refrenda. O BNG e o PSdeG, a nivel autonómico, teñen un pacto que está aí e funciona. Cuestións como a nosa son puntuais, froito de circunstancias que nada teñen que ver co que pasa no resto.

-Leva case medio ano gobernando coa concelleira popular. ¿Qué tal lle vai con ela?.

-Ben, con moito traballo, con bo entendemento, penso que no 100% dos asuntos. Compartindo todo na xestión do día a día, que xa se sabe que complicada. Hai seriedade e sinceridade na xestión municipal, e iso é moi importante.

LA VOZ DE GALICIA, 30/12/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.