Falecemento de Rogelio Vigo Rey, xogador de futbito do Valdeza-Bar Juan.
Rogelio Vigo Rey era un rapaz, entre outras cousas, moi coñecido na comarca por xogar o futbito en Valga os domingos no Campionato de Veteranos no equipo Valdeza-Bar Juan. Falecía hoxe martes dia 15 de xaneiro ós 48 anos de idade.
Sala velatoria número 1 do Tanatorio Vilagarcia (Estrada de Cea-O Vento).
O mércores 16 será as 16:30 a condución do seu cadáver dende o Tanatorio Vilagarcia á igrexa parroquial de San Pedro de Dimo.
Haberá tres autocares. 1º-Sae ás tres da tarde de Coaxe por Dimo ó tanatorio; 2º-Sae ás tres de Cerneira por Cordeiro, Moldes, Vilar, Santa Baia, Catoira (igrexa, centro médico) ó tanatorio. O 3º sae as dúas e media de Lestrove por Tallós, Igrexa de Laiño, Imo, Bexo, Isorna (Souto) ó tanatorio.
Descanse en paz.
0 comentarios