Denuncian el abandono del parque infantil de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Vecinos de Pontecesures denuncian el estado de abandono en el que se encuentra sumido el parque infantil situado en las inmediaciones del consistorio. Dicen que «lleva demasiados meses cerrado por reformas, pero a pesar del tiempo trascurido aquí no avanza nada y las instalaciones continúan en desuso».


12 comentarios

laranxa · 18-01-2008 a las 10:14

Se comparamos estas obras coas do»El Escorial»…,
!Non é para tanto!Aquelas duraron uns seculos…estas uns cuantos meses…

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-01-2008 a las 10:55

Hai meses, rematada a tempada estival, houbo a necesidade de pechar o parque «Vicente Moure», fundamentalmente, porque o xogo principal, instalado en 2000, estaba moi danado (os apoios en terra estaban practicamente podres) e había riscos.
Fixéronse daquela moitas xestións coa empresa que instalou o xogo e cos seus traballadores para acometer os arranxos (tratamento anti humidade, barnices, pinturas, materiais para o arranxo dos apoios, etc..).? certo que entre visitas de expertos, chegada dos produtos e arranxo dos elementos pasou moito tempo. Despois, as temperaturas baixo cero deste inverno e os recentes temporais con moita choiva impediron o pintado adecuado de tódolos xogos.
Non quero que isto sone a disculpa. Somos os máis interesados en que o parque esté aberto canto antes. Espero que tanto nenos coma pais entendan estas demoras.

error07 · 18-01-2008 a las 15:57

El parque si, pero ¿que es de la pista deportiva del final del muelle?¿cuanto tiempo lleva cerrada por obras? y lo mas importante, tanto tiempo cerrada por obras ¿donde estan las obras? si en todo este tiempo no se hizo obra alguna ¿por que esta cerrada? Grandes misterios del universo, ¿por que no contactamos con Iker Jimenez? saldremos en Cuarto Milenio y tal vez nos resuelva los misterios.

cocodrilo · 18-01-2008 a las 19:35

algen sabe o que esta a pasar cos malditos semaforos, Sabariz di algo ou estades esperando que se mate algen .

manolo · 18-01-2008 a las 22:25

Os semaforos pasalle o mesmo que a este concello, que non funcionan. Será a empresa encargada de arranxalos como sempre.
O peor é que sempre están os municipais axudando nas horas de entrada e saída do colexio, e hoxe a sabendas que non funciionaban os semaforos non estaban.
De pena.
Un tripartito no que os membros nin sequera se falan, que esperades.PATETICO.
sABARIZ, MANDALLE UN FAX.

xiana cores · 18-01-2008 a las 22:48

Pois imos a seguir aumentanto a lista compañeiros.Tanto fardamos de que a depuradora xa estaba a funcionar e señores e mentira.So esta a tirar auga sen filtrar todo o dia no rio.Polo de agora a depuradora so esta funcionando de paso intermedio co rio.Este en resumen e o noso tripartito que nos vende cortinas de fume inexistente.
E como o da Finsa que xa cheira a cachondeo cada vez que ten un escame de particulas supuestamente e porque esta facendo arranxos de mellora para deixar de contaminar.
E ainda ten a pouca vergonza o SR Sabariz de sair disculpandoos.
A quen pretenden enganar ou e vostede o unico veciño deste pobo que lle cree.
Manolo, Sabariz como esta posto en novas tecnoloxias mandarelle un correo electronico que o fax xa esta pasado de moda O problema e que a Sacapieles o entende ou queira entendelo.Xa que moito caso non e que lle faga.

pepa · 18-01-2008 a las 23:13

En que mans estamos?, curso escolar de xornada continua e van, e péchanlle o parque aos máis pequenos, a pista de Porto aos medianos, e para os máis maiores ¿será o trapicheo? pois parece claro que cada día máis e peor…menos mal que a escola infantil está cada día mellor dotada

laranxa · 19-01-2008 a las 11:09

Pois a min,Sr Sabariz,si me «soa a disculpa»,en catro meses,despois do outono mais seo de moitos anos podianse haber feito as obras.As madeiras podres,como vostede di,non se arranxan votandolle productos anti-humidade,nen barnices,nen historias…cambianse soi fan falla cartos e intencions de facelo.Perante moitos dias estiveron operarios recollendo as follas das arbores,dias enteiros e cando estas deixaron de caer o parque esta mais cheo que nunca de follas,vostede dira agora que estan amontoadas para facer compost.!Como cambian as cousas,dende que vostede non é o gardian do parque!

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-01-2008 a las 20:01

A valla da pista polideportiva do peirao quedou a piques de cair cos recentes temporais (leva moi deteriorada dende hai moitos anos), con evidentes riscos. Fíxose unha actuación provisional e o luns poderase xogar nela. ? necesario un arranxo definitivo con substitución de elementos, pero antes de investir hai que coñecer o proxecto de Portos de Galicia de actuación integral no peirao.
Os semáforos seguirán en ámbar ata o luns no que a empresa encargada do mantemento do alumeado público traía o camión para cambiar varias bombillas afundidas polos recentes temporais. ? certo que onte venres houbo problemas de atascos, pero ese día os tres axentes da Policía Local tiveron que acudir á Academia Galega de Seguridade de A Estrada a uns cursos moi importantes para a súa formación e para que en Pontecesures podamos contar algún día cun Corpo de Policía Local.
Os apoios dos xogos do parque «Vicente Moure» xa están arranxados. Houbo que botarlle formigón, ferro e un tubo protector. Se temos un par de días como hoxe para rematar co pintado, o parque será aberto ó público en breve.
A EDAR está funcionando en probas. A empresa Movex Vial aínda non entregou a obra.
En canto á FINSA, só teño que dicir que, tanto o meu compañeiro Alfonso Diz como eu, sempre tivemos a mesma posición de denuncia da contaminación aérea (e conseguíronse logros). Podo dicilo ben alto porqué así o expusimos na prensa, nos plenos, na Consellería de Medio Ambiente, no Seprona, na presidencia da Xunta, etc… Na propia empresa poden corroborar o que estou afirmando porqué tamén estas denuncias foron expostas directamente ós órganos directivos. Ogallá houbera moitas persoas e colectivos que fixeran o mesmo.

error07 · 20-01-2008 a las 00:01

Como siempre para quitarle importancia al asunto dices las cosas a medias y eso me da MUCHISIMA RABIA. La pista del muelle esta cerrada desde mucho antes de estos temporales, con el cartelito de «cerrado por obras», por lo tanto non me pongas por medio los temporales que no tienen nada que ver, o me vas a decir que tambien predices el futuro y que lo cerrasteis 3 o 4 meses antes de los temporales para que no ocurriese ningun accidnte?

laranxa · 20-01-2008 a las 12:46

!Vai cara dura que ten vostede Sabariz!Agora resulta que foi culpa do «tempo»,de repente xa lle votaron formigon e soio falla pintar…ou sexa que unha instalacion con innumerables deficiencias,pechado varios meses e agora se arranxe con «na»e en poucos dias xa estara aberto!iso sona a risa.Eu paso a miudo por diante do parque(todos os dias para ser mais exatos),o unico que via era a recollida de follas que caian das arbores e en algunhas ocasions algun empregado/s facendo pequenas reparacions pero diso fai tempo,o formigon deberon de falelo de noite…!Vale que trate de xustificarse pero non lle paso que lle vote a culpa o tempo!…!Os meus fillos estan en idade de ir o parque e non poden!

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-01-2008 a las 13:19

As reparacións dos apoios do xogo múltiple foron realizadas hai tempo, «laranxa». O problema do tempo (primeiro temperaturas baixo cero e despois choivas e vento) motivou o retraso porque, non se puderon pintar axeitadamente os xogos.
De tódolos xeitos, hai que aceptar as críticas. Eu facilito a información que teño coma sempre. ¿Que non convence? Pois non lle podo facer máis, a veciñanaza xulgará o labor dos que estamos a gobernar e dos que están na oposición. Tampouco vexo xusto que por informar se me chame «caradura».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.