Dous mozos de Valga e O Grove optan ós premios musicais «David Rusell» de novos talentos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Michael Rodríguez Chenlo e Andrea Búa Aguín participaron na terceira edición dos Premios Honoríficos «David Rusell», para xóvenes talentos celebrados recentemente. Estes premios foron convocados polo Conservatorio Profesional de Vigo en homenaxe ó célebre guitarrista David Rusell, que reside na cidade olívica e que o pasado nao resultou gañador dun premio «Grammy» polo seu disco «Aire Latino». No certame participan mozos e mozas non só de Galicia, senón tamén doutras comunidades como Castela e León, Asturias, Castela a Mancha ou Andalucía, así como rapaces e rapazas chegados tamén de Portugal, posto que os intérpretes poden ser de calquera nacionalidade, sempre que non superen os 18 anos de idade, agás para a categoría de canto, onde a idade máxima é de 25.

Andrea Búa Aguín, de 23 anos, reside en O Grove e participou na ssección de canto, mentres que Michael Rodríguez Chenlo, de tan só 16 anos de idade é natural do concello de Valga, participou na proba de guitarra.

A afección pola música de Michael Rodríguez xa lle ven de familia posto que os seus pais forman un dúo musical, e a súa nai participou en varios concursos, entre eles o programa da TVG, Son de Estrelas, onde representaba á comarca Ulla-Umia. Michael compatibiliza os seus estudos de noveno de guitarra no Conservatorio Histórico de Santiago, no que ten como profesora a Isabel Villoch, cos de 1º de bacharelato no IES de Valga, mentres que Andrea realiza a súa formación no Conservatorio Profesional de Vigo, coa soprano Beatriz Riobó. Os dous mozos amosaron dende pequenos o seu interese pola música e o canto. «Foron os Reis Magos os que me regalaron a miña primeira guitarra», recorda Michael, que se mostra ilusionado ante este novo reto persoal no que poderá demostrar a súa arte coa guitarra, ao igual que Andrea coa voz, ante un ods ídolos, David Rusell, que será o presidente do xurado.

A formación musical regrada é un sacrificio, segundo eles mismos atestiguan, posto que «hai que estudar tanto ou máis ca no instituto, aínda que nalgunhas ocasións isto é unha ventaxe xa que nos convalidaban algunhas materias. De tódolos xeitos, a música e moi sacrificada».

Michael Rodríguez e Andrea Búa actuaron na sesión de mañá no auditorio do conservatorio valgués, xunto a outros 49 compañeiros nas distintas especialidades instrumentais. Desde a organización do certame insisten en que nos se trata dun concurso habitual, senón dunha serie de audicións públicas ou concertos, tras as que o xurado entregará os premios honoríficos ós participantes.

Como premio, ofréceselles a posibilidade de gravar un CD, bolsas de formación, concertos o bonos canxeables por materia musical. Este certame persegue outra finalidade. fomentar a solidariedade entre os mozos músicos «xa que os fondos recadados en concepto de inscrición se destinan integramente á ONG fundada por David Rusell e a súa dona. María Jesús Rusell».

Para presentarse a este tipo de eventos, estes dous mozos levan ás súas costas varios anos de formación musical, que pensan continuar. «Agora quédame un ano para rematar o grao medio e voume meter no superior porque me gustaría ser mestre no conservatorio. Isto teñóo moi claro. Tamén pensei en estudar violonchello pero de momento aínda non porque no centro polo de agora non hai clases desta materia, posto que non teñen a demanda suficiente».

Aínda que os estudos no conservatorio son difíciles, os xóvenes músicos teñen tempo tamén para adicarllo ós seus amigos e tamén ás actividades de lecer: «Gústame estar cos amigos, xogar ó fútbol. Agora estudo bacharelato na rama científico-técnica. Podía ir pola de Humanidades ou Artes, pero como xa estou estudando algo parecido no Conservatorio, decidín ir pola máis difícil».

Agora preséntanse aos plremios David Rusell con ilusión e moita enerxía «pois levo moitos anos sen presentarme a concursos serios e acudindo a certames, salvo como invitado, ofrecendo concertos cos meus compañeiros de conservatorio. A este concurso tíñalle moitas ganas xa que David Rusell é un «crak», de tódolos xeitos, non me presento coa idea de gañar».

Tamén as novas tecnoloxías son un gran recurso para promocionarse, non só á hora de utilizalas para as súas maquetas ssenón para darse a coñecer a través da internet, método empregado por moitos músicos, entre eles Michael, que se grava «en vídeo tocando pezas clásicas coa guitarra eléctrica e logo cólgoos en Youtube co nome «Michael Chenlo». A maioría dos videos que gravei teñen unha alta puntuación, conseguindo as cinco estrelas, aínda que sempre hai quen discrepa».

Michael non ten ningún tipo de reparo á hora de declarar os seus variados gustos musicais, que van desde Mago de Oz, ata Eitor Villalobos, David Rusell ou Julian Bream; e en canto ao tipo de música, ten dúas caras moi diferenciadas: a clásica, na que destaca a obra de Tárrega, e a máis rebelde e pelexona, con Los Suaves, ou AC/DC.

Suplemento «Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 20/01/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.