O luns día 28 de xaneiro, interesante pleno ordinario en Pontecesures.
Será na Salón de Sesións da Casa do concello, ás 20,30 horas coa seguinte Orde do día:
1-Actas anteriores.
2-Conta Xeral do exercicio 2006.
3-Proposta do equipo de goberno sobre «Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade».
4-Proposta do equipo de goberno sobre ó apoio ó irmanamento «Torre de Hércules & Estatua da Liberdade».
5-Moción do BNG sobre eliminación de barreiras arquitectónicas de acceso ó Centro Social.
6-Moción do BNG sobre reducción do actual espazo da parada de taxis.
7.Moción do BNG sobre adhesión ó Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
8-Moción do equipo de goberno sobre incorporación ó Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Aprobación de Estatutos e designación de representante do Concello.
9-Moción do equipo de goberno sobre a inclusión de Pontecesures no Pacto Territorial de Emprego do Salnés.
10-Proposta do equipo de goberno sobre Convenio de Colaboración entre o ente público Portos de Galicia e o Concello de Pontecesures para a execución e mantemento das obras de remodelación da zona portuaria de Pontecesures.
11-Moción do equipo de goberno sobre suscrición de convenio co ORAL para a inspección do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras.
12-Resolucións da alcaldía. Dar conta.
13-Informes da presidencia.
14-Rogos e preguntas.
Como vedes, hai bastantes puntos de interese. Fago un chamamento ós veciños para que asistan ó pleno. Ogallá o salón este ateigado de xente para escoitar, e xulgar de primeira man, os temas, propostas e debates da sesión plenaria.
38 comentarios
Tiroliro II · 26-01-2008 a las 17:45
Xa está Sabariz pedindo público para o pleno…quere ambiente como nas grandes ocasións, non fagas tantas chamadas que igual van os de Carreiras da comisión de festas e che botan unha bronca…alí non te queren porque din que non querías o campo arranxado…Xurxo que entende de todo e Alejandro o de Grobas, medalla do mérito o traballo…..jo…jo…jo… poñenche fino na taberna, e manolo o carrizo tamén fala…que tres traballadores do concello…ouro en pano….
Borrachuzo · 26-01-2008 a las 18:51
Nunca fuí a un pleno, pocas veces entré en el concello, no me gustan los políticos en general, pero reconozco que Sabariz se molesta en informarnos, puede ser obsesivo como me cuenta alguno del bloque, pero sin él esta página no tendría el gran éxito que está teniendo. Tengo un amigo de Cesures en Madrid y me comentó en navidades que consultaba todos los días la página, que estaba enganchado, gracias.
Luis Angel Sabariz Rolán · 26-01-2008 a las 21:57
Non inventes, «Tiroliro II», dicindo que eu non quería que acondicionaran con zahorra o campo de festas de Carreiras, porque non é verdade. Reitero que é importante que veña moita xente ós plenos.
charly · 26-01-2008 a las 22:10
A ver si pensa o BNG que os cesureños somos parvos. Que no Centro Social hai que sacar as barreiras arquitectónicas (ou sexa poñer unha rampa)xa se sabe dende hai 15 anos. E logo durante 8 anos que estuvechedes ahí, ¿por qué non o fixechedes?, será que como quedachedes jodidos e vos faltan argumentos queredes quedar ben.Un saudo as dúas afíns do BNG que viven no edificio (do Centro Social).
Cara de cona · 27-01-2008 a las 20:12
Si charly, hai unha do edificio do centro social que foi con angueira, a pedrosa, que leva cun cabreo, pero con un cabreo dende aquel día que botaron o seu líder que é moito.
Foi ós plenos, as manifestacións con berros, e ten a angueira nun pedestal…hai que ver o que convence o xenio de Taragoña..ja..ja..ja
manolo · 29-01-2008 a las 00:10
Ja ja ja ja….
Non podo, a verdade, parar de rirme. Foi este Un dos plenos que máis me gustou de tódolos que presenciei neste gran concello.
Empezamos cos argumentos de antaño de Sabariz para non dar explicacións sobre os pactos de emprego, resulta que o novo goberno non convidou a este ás reunións e agora non sabe de que vai.
Ao non estar Sabariz, a alcaldesa non sabe explicarse, ou costalle, e quedamos como estabamos.
Sabariz, Sabariz, así empezaches co bng, non che convidaban as reunións, e agora que eres «relacións institucionais» tampouco.
Mal asunto.
Bravo para a cocha, largoulle a Rey, o que todo o mundo ve e non é capaz de decirlle.
A xente está farta de velo sacar a cagar o can no muelle e deixar os excrementos esparcidos na rúa ou no cesped.
Despois sacan bandos pedindo que depositemos o lixo de forma civilizada nas bolsas e contenedores jajaja!
e a merda do can nas rúas e nos xardins do concello.
Pepe de San Xulian · 29-01-2008 a las 11:33
Non estiven no pleno e non sei moi ben de que vai o asunto pero polo que vexo meteronse con Rey, non estou dacordo porque me consta que Rey non deixa as cagadas nas aceras, poida que si na herba, pero tamen hay humanos que se din racionales que mexan e escupen nas aceras e naide lles di nada. De que vades, que eu saiba os cans cagan e mexan non son de plástico, e teñen todolo dereito do munda a andar pola rua e mais se está tan ben educado e coidado coma o de Rey. Gracias Rey polo teu amor os animais, ogalla oubera moitos coma ti.
Luis Angel Sabariz Rolán · 29-01-2008 a las 17:09
Houbo, «manolo», dúas reunións en Vilagarcía sobre o Pacto de Emprego do Salnés, presididas polas autoridades da Consellería de Traballo. Eu non fun a ningunha (ás dúas foron a alcaldesa mailo axente de dexenvolvemento local do concello). A mín ninguén me dixo que non fora, por suposto. ? un pacto do que, ata agora, non se coñece moito (está pendiente de regulalo un inminente Decreto da Xunta). No expediente dos asuntos do pleno había un exemplar dos estatutos da Asociación para a Integración no Pacto e unas instruccións da consellería a disposición dos concelleiros.
Por outra banda, teño que dicir, que a vixiancia da concelleira nacionalista Cecilia Tarela sobre se o can do concelleiro popular Jesús Rey defeca ou non sobre a vía pública cando éste o saca de paseo, causou o sorriso de tódolos asistentes. A primeira facía acusacións, o segundo manifestou que non era certo porque levaba unha bolsiña para recoller os excrementos e o público a rir.
Está ben solicitar a adopción de medidas para que os donos dos cans recollan os excrementos (problema de tódalas cidades). Pero abrir no pleno unha polémica baseada na vixiancia dun concelleiro polo paseo do seu can, sona un poco a broma. Menos mal que xa ven o entroido.
manolo · 29-01-2008 a las 18:36
Poida, que dende a barreira non se vexan igual aos toros que dende o coso. Pareceume entenderche onte que non foras convidado á reunión. Sinon foi así, disculpa.
A concelleira Tarela, expuso as queixas dos veciños polo estado do parque do muelle por exemplo, cheo de cagadas de cans. E unha realidade innegable esta situación.
O concelleiro Sr Rey, sinteuse ofendido, e antes de que ninguén o acusara saeu el a defenderse.
Penso que un concelleiro debe de ser o primeiro en dar exemplo. Independientemente de que sexa certo ou non, no lugar que ocupaba a súa obriga era solicitar adopcións de medidas como ti ben dis, e olvidarse de justificacións persoais. Que o cesped do muelle está cheo de cagadas de cans é verdade.Que a xente utiliza este espacio para sacar a cagar os cans tamén.Esto é o importante, e é o que lle ten que preocupar como concelleiro. O que faga el co seu can, alá el.
Procura enterarte se é verdade ou non.
Un saúdo.
O Rei · 29-01-2008 a las 19:02
Volvo contigo, Sabaríz. O problema non era a «vixiancia dun concelleiro polo paseo do seu can», senon que os citados animais deixan restos do seu paseo alá por onde o fan (sí, falo en plural porque un actúa e o outro consinte, ou non reacciona). A diferencia é sutil, e o conto tamén cambia de carallo.
E si é verdade que se defendeu antes que o atacaran, está claro: «excusatio non petita, acusatio manifiesta».
Tuso · 29-01-2008 a las 19:49
Hai un dito:
«Cando o diaño non ten que facer, mata moscas co rabo»
Ou moi por riba (ou de lonxe) mira esa concelleira o muelle ou moi ben o ve, cando o único no que se fixa é nas caquiñas dos cans.
Efectivamente os excrementos dos cans poden crear un problema sanitario, pero eu persoalmente prefiro que un fillo meu toque un «pastel» dun can (sobre todo se é ese do que se fala que se ve coidado e limpo), que sempre se pode limpar e mal será, que non que lle bote a man os restos de cristais, que tamén son habituais no muelle, e cos que seguro que teñen mais risco de cortarse e infectarse.
Iso por non falar das mexadas doutros animais de duas patas (unha minoría, xa o sei) que se moven nas noites dos fins de semana polo muelle «marcando» o territorio.
Volvendo aos cans habería que destacar tamén que hai xente que os pasea sen correa, outros andan ceibos e sen o dono (eses fixo que non recollen as caquiñas) e case todos sen bozal, sexan da raza que sexan. ¿Esto non lle preocupa á concelleira? Debería, porque ademais do problema das deposicións, poden causar outros como morder, provocar accidentes de tráfico, etc… Xa que sacan estas cousas nun pleno, que o faga dun xeito completo.
E xa postos, este problema non ocurre só no muelle, os cans cagan en todas partes. Está ben que se preocupe dos que pasean polo muelle, pero debería saber que aos que non viven tan céntricos tamén lles molesta pisar caquiñas.
Luis Angel Sabariz Rolán · 29-01-2008 a las 20:02
Ben, «O Rei», hai que dicir entón que Cecilia Tarela non vixiou a Jesús Rey. Máis bien, vixiou ó can do concelleiro por se facía deposicións e éstas quedaban na vía pública.
manolo · 29-01-2008 a las 20:17
Mentras uns diaños andan a matar moscas co rabo, outros andan a escorrentalas ca paleta.
O importante e apartalas e que lle piquen a outro.
Deixemos todo cheo de merda logo, que no fondo inda lle ides encontrar un fin como abono organico e igual medran as frores con mais forza.
Antes de protestar por estar todo cheo de cagadas, informaros non vaia ser que sexan cagadas de cans importantes como os dos de un concelleiro, e si inda por riba está limpo e coidado o can, entonces esa cagada e inofensiva.
A merda de can «jode» sexa quen sexa o dono, e si este se ofende ten dous problemas.
Si hai un problema hai que intentar erradicalo, e si hai varios pois intentar rradicar todos os posibles.
O que non podemos e negalos porque haxa outros peores, para según que criterio. Dentro de pouco imos votar as latas das sardiñas vacias pola fiestra porque total tamén vota merda finsa.
O muelle está cheo de merda, e importame pouco de que can proveñan as cagadas. Para min son todas iguais.
Tuso · 29-01-2008 a las 20:41
manolo, eu en ningún momento neguei ese problema, e por suposto penso que hai que erradicalo.
Eu as veces que paso polo muelle, vexo mais risco nos cristais (por exemplo) que nas cagadas. Mais que nada porque vexo mais cristais e mais espallados. Pero en ningún momento dixen que non haxa que solucionar o das cagadas nin que teñamos que ter todo cheo de merda como ti afirmas. Así que por favor, non saques dos meus comentarios o que non hai.
Se a ti che parece ben que unha concelleira saque nun pleno o tema das cacas de can, alá ti. A min tamén me parece ben, pero creo que é un asunto incompleto e mal tratado.
Igual me equivoco, pero dame a sensación, polo teu primer comentario, de que o que che complaceu realmente deste asunto foi o feito de que se personalizara o tema noutro concelleiro (¿ou nese en concreto?), cando non é o único do pobo que ten can, e que estes problemas sanitarios, inda que importantes, son mais ben secundarios para ti.
manolo · 29-01-2008 a las 21:07
Imos a ver Tuso,si a concelleira o veu e el se pica, que ten que facer ¿calar?
Claro que os cristais do muelle tamén son perigosos, pero o colmo dos colmos sería que os tirase un concelleiro.
De todas formas, estabamos a falar de cagadas non de cristais, por suposto un problema importante tamén, moi importante.
De todas formas, se mal non recordo, e eu estiven no pleno, foi el o que se deu por aludido, pois ela antes nunca o acusara.
Varios veciños se queixan de que os nenos chegan á casa manchados despois de xogar no parque do muelle. Moitos veciños do pobo utilizan o parque como cagadero municipal, e eso non se pode permitir.
Despois de esta afirmacion por parte da Sra. Tarela, Rey preguntoulle se o decía por el, e ela supostamente porque o vira facer con anterioridade, dixolle que el era un deles.
¿ que tiña que facer si ela tiña constancia de que el era un dos que adotaba tales prácticas? ¿calar?
Pois non, e eso e o que valoro da súa intervención, a valentía de defenderse, e defender os intereses dos usuarios do parque.
Solo jodería que tivera que calar por ser un concelleiro o dono do can.
Por suposto que el non é o único que o fai, o triste é que o fai case todo o mundo, pero el foi o que estaba alí para picarse.
Tuso · 29-01-2008 a las 21:37
Se o Sr. Rey se pica, é problema del. Como ti ben dis, non creo que ela (nin ninguén) teña que calar por que sexa un concelleiro.
E se ela di que o veu, ela sabrá, non podo negarllo. Pero neste caso en concreto dubido da súa versión, non gratuitamente, senon pola sinxela razón de que teño visto a ese señor con cativos nese parque, e non creo que haxa ninguén tan parbo (con perdón) como para levar o can a facer as necesidades onde logo vai ir un. Pero nesta vida todo pode ser….
Terabyte · 30-01-2008 a las 07:52
«Cada vez que te emborrachas Manuel
tú vienes en busca mía Manuel
ojalá te emborracharas Manuel
todas las horas del día Manuel
ay Manueliño Manuel
ay Manueliño Manuel.».
1.- No REINADO DE ANGUEIRA, OS CANS NON CAJABAN.
(A da cocha é unha espía de cajadas de cans, no próximo pleno tócalle a Ramón o da viuda).
2.- Qué pasou co matrakillo carjado de enseres que verteu na pista da Barosa, feito tamén denunciado pola «Espía de cajadas de cans» (CSI de San Xulián).
3.-¿Qué facía a «Espía de cajadas de cans» pertencente ó jrupo CSI de San Xulián, na pista da Barosa cando o «Ocaso Solar» xa ocorrira?
4.- A «Espía» tén outra especialidade? parece que tamén investiga «coches parados que só se moven ao fin de semana». (lóxico Cecilia, ao fin de semana toca movida), eso non o investigues, eso é mellor que «o vivas».
5.-«O Rei», maxestade está vostede na barreira, como decía o outro, hai que estar na faena, e non opine sobre todo, que aínda que o pode facer, «PERDE ESTILO»,,,, Bo día…
O Rei · 30-01-2008 a las 11:53
O meu estilo é opinar, non debo faenar co sesgo de datos que recibo. Aí si que perdería o estilo. Faeno cando sei que posúo esa verdade absoluta que non existe; e incluso que non exista non o é.
Unha aperta
Terabyte · 30-01-2008 a las 12:24
«O’ sofos antropós», dixit… Requiascat dear! Outra aperta.
manolo · 31-01-2008 a las 20:37
Poida ser que xuzgando se perda o estilo «O rei»
Opinando coido que non.
Outra cousa é que non lle guste o que opines aos que de forma categorica se posicionan nun bando sen parar a reflexionar, pero eso, non é opinar.
A reflexión non abunda nesta páxina, abunda máis o seguemento cego. A verdade absoluta non existe, e coido que tampouco a razón.
Unha aperta.
Tuso · 1-02-2008 a las 12:50
Moita xente pensa que o que fan é «reflexionar» e «opinar», que os demais non saben facelo ou que os demais non teñen a mesma capacidade.
Moita xente pensa que se non se lles da a razón nas súas opinións e reflexións, entón os demais non está «opinando».
A moita xente, a pesar de que lle des a razón, pode que non sepa velo e xa che inclua «noutro bando», se é que xa non te ten incluido de antes (logo dirá que él non pertence a ningún bando), sobre todo se a ese comentario seu lle engades algo mais.
Disculpas por sairme do tema.
Tuso · 1-02-2008 a las 13:26
Volvendo o pleno do pasado luns, as miñas puntualizacións, que algúns viron como ataques (non lles culpo) á actuación da concelleira en cuestión, ca que coincido en que no muelle hai ese problema (entre outros que xa comentei previamente), veñen dadas porque en xeral teño entendido que a «actuación» (no bo sentido, refírome o conxunto de intervencions) da oposición neste pleno foi das mellores que se viran últimamente, cousa da que realmente me alegro.
Do que eu me enterei, ao único que lle poño pegas, dentro desta gran actuación, son a dúas das intervencións da Sra. Tarela. Ollo, póñolle, pegas, non digo que non sexa certo. (Eu NON teño nada persoal contra ela, ó contrario)
A primeira, a xa comentada das cagadiñas no muelle. Existen, certo, e fai ben en comentalo, pero eu personalmente trataríao doutra xeito e mais globalmente. A perdida das formas DOS DOUS concelleiros implicados no «debate» tamén fai que lle reste puntos.
A segunda, uns vertidos nunha pista, teño entendido que o denunciou no pleno, implicando ademais a un traballador municipal, pero non quixo identificar a esas persoas. Non fixo nada mais. A pesar de que creo que afirmou que o vertido fora durante varios días, non se fixo nada por denunciar ese DELITO. Eu personalmente, se fora concelleiro, e supera da existencia dese delito e non me atrevera a denuncialo na Guardia Civil, polo menos daría aviso no concello para que tomaran medidas. Se non, un podería pensar, e con razón (inda que non sexa certo) que deixaron o medio ambiente en segundo plano para así ter una baza que meter no pleno.
Pois eso, que parece ser que, con respecto ao ocurrido últimamente, o BNG mellor, os non adscritos e a Sra. Alcaldesa na súa liña, como sempre, e os do PP, casi non participan nos plenos, non sei se é porque non teñen nada que decir, ou se é porque as súas cousas xa van incluidas nas que din os «portavoces» do goberno.
Nada mais, espero que este meu comentario se vexa como unha opinion ou crítica, totalmente persoal, pero constructiva.
(Posdata: Antes de que alguén ma quite xa digo que é probable que eu non teña a razón ;-))
manolo · 1-02-2008 a las 14:07
As veces posicionamonos demasiado, e eu o primeiro, e confundimos as descalificacións indiscriminadas con reflexións.
O estilo habitual en xeral desta páxina, non se acerca o máis mínimo ao tipo de comentarios que acabas de facer agora «Tuso», polos cales che felicito a pesar de non estar dacordo totalmente en algunhas puntualizacións, as cales as considero corectísimas nas formas, o que fai que se pudera chegar a un entendemento moi facil.
Ser imparcial é moi dificil, e neste habitat no que nos rodeamos dos máis singulares pseudónimos dispostos a roer o que faga falta sen ningún tipo de escrupulos, case que o mellor é ser coma eles.
Sin dúbida máis divertido, e pararemonos a pensar soio cando se resposte directamente a un comentario como o teu último.
Un saúdo.
Tiroliro II · 1-02-2008 a las 16:01
A da cocha vai a aspirar a ser alcaldesa nas próximas, pero alcaldesa de barrio…jo…jo..jo. que era unha figura que existía con Piñeiro Ares e creo que tamén con Victoriano..como domina as rúas centrais..
E difícil que o bng de Cesures esté ben en calquera parte…a da cocha quería sanear decía pero nada..un sorriso de angueira vale máis que toda a crítica interna..
Hai manolo, manoliño (penso que eres unha manoliña) que institucional me saes agora cos comentarios, primeiro lle chamas rata a da Escola e toupa a Randulfe que está sempre no Galicia, ben..pensa nos teus Baliñas? traballador…home no me jodas…Arturo o da nestlé? levantamento de vidro. margarita? el amor… a da cocha? a darlle o bisteck na cafetería..A quen queredes enganar? Que toda esta tropa traballa…jo…jo…jo…
Falta angueira…anda listo, agazapado esperando a súa..tratando de meter lío no goberno..sibilino…, de traballo en favor do concello nada, agora engatusador e conquistador..neso non lle chega ninguén a altura dos sionllos..
manolo · 1-02-2008 a las 17:44
O comentario «institucional», que non sei porque o chamas así, era porque estaba dirixindome a un comentario feito por «tuso» que me parecía digno de respostar da forma máis coherente que sei ou que podo.
Cando me refiro a comentarios como os teus, ou os de cdc, ou a algúns desa especie, prefiro ser grotesco e maleducado, sintome máis cómodo, libero estrés e intento quedar a altura das circunstancias.
Vos largade merda para aquí, que nos temos abondo para mardar para alá.
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-02-2008 a las 22:56
O que reflictes no teu comentario, «Tuso», en relación co vertido de escombros na pista da Barosa, foi, practicamente, o que lle dixen no pleno á concelleira nacionalista, Cecilia Tarela. Os feitos deberon ser postos en coñecemento do Seprona ou do Garda Civil de Valga. Un concelleiro/a, como representante do pobo, non pode tirar a pedra e agochar a man. Hai que dar a cara.
manolo · 1-02-2008 a las 23:03
Dime Sabariz, ¿cantas irregularidades das numerosas que denunciaches do anterior goberno de Angueira denunciaches formalmente?
Porque a lingua decheslle de carallo, e páxinas ao diario de Arousa, unhas cuantas, pero denunciar, pero formalmente… hostias!!!!
Veña home…
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-02-2008 a las 23:15
Tranquilo, «manolo». Eu denunciei en bastantes ocasións danos contra os bens públicos, danos medio ambientais (o que debeu facer Cecilia Tarela) e danos ou ofensas contra a miña persoa na miña condición de concelleiro. Ti saes con cuestións de irregularidades do anterior goberno. Houbo moitas. Sobre cuestións xudiciais non debo entrar. Veremos o que pasa.
xiana cores · 2-02-2008 a las 03:06
Falamos de irregularidades.Queres que falemos de ti Sabariz.Igual tes algo que contar sobre a plazuela que estan facendo diante da tua casa.Falamos de cartos.Non eres o mais indicado para falar de este tema.Porque igual ti tamen estan manchado.
xiana cores · 2-02-2008 a las 03:14
A que se me esquecia.So che queria recordar que ti tamen formaches parte do anterior goberno.E por si non o recordas.
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-02-2008 a las 09:52
Tratas, «xiana cores», de acusarme de irregularidades en relación coa praza do Camiño de San Xulián e ademáis falas de cartos. ¿En qué consisten as irregularidades?. ¿De qué me acusas a mín? ¿Por qué sementas dúbidas sen aportar datos?. Por ter a miña vivenda alí, ¿Xa non se pode realizar unha actuación na zona?. ? moi inxusto practicar aquilo de: «Ti larga que algo queda». Convidoche a tí, e a calquera persoa, a que comprobe na Casa do Concello o documento técnico da obra, as características da mesma, o procedemento de adxudicación, o orzamento, etc..
Mxim · 2-02-2008 a las 13:14
Como cambian as cousas segundo dende onde se miren. Cando Angueira era alcalde acometuse unha remodelatión total da Rúa Nova, cos conseguintes comentarios… Agora pasa o mesmo diante da túa casa, por suposto froito da casualidade. Déixame adiviñar a seguinte obra diante da de Chaves, para beneficiar ó segundo do goberno actual, Maribel….ou é ela a primeira, digo a alcaldesa??
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-02-2008 a las 13:37
Apoiei sempre a obra da rúa Nova e, na miña opinión, foi beneficiosa para os veciños desa rúa e para a vila en xeral.
A obra de acondicionamento da praza do Camiño de San Xulián é unha necesidade non unha casualidade. Leva proxectada hai moito tempo e resultaría absurdo que non fose realizda actuación algunha na zona, por estar situada alí a miña casa.
As beirarrúas da rúa Ullán xa foron construídas pola administración autonómica hai moitos anos e teñen bastante deterioro. Non lle viña mal un arranxo, independentemente a que teña a casa alí a alcaldesa.
¿Qué consideras a actual alcaldesa a segunda do goberno actual?. Pois é a túa opinión, tan respectable como a de calquera.
basta · 2-02-2008 a las 15:35
Eu non sei o que debe facer un concelleiro, traballo teño con saber o que teño que facer ás veces coa miña profesión, pero gustaríame preguntarlle ao Sr. Sabariz, experto na materia pola súa experiencia e dedicación, se sabe a canto pode ascender unha multa por verteduras incontroladas.
A partir desa cantidade, podémonos plantexar, sobre todo nun pobo como o noso, afectado pola contaminación indiscriminada que sufrimos por parte de empresas potentes dende fai anos, se a obrigación dun concelleiro é denunciar aos pobres, traballador municipal e ao Sr. responsable das verteduras, ou facer unha denuncia informal como a realizada pola Sr. Tarela. Esta denuncia conseguiu o importante, solucionar o problema, seguro que non o volven a intentar, eliminar as verteduras e restituír a situación na que se atopaban os terreos anteriormente.E santas pascuas.
A solución achegada polo concelleiro experto, sería que o pringado de turno que comete o erro pague unha multa desorbitada mentres finsa por exemplo, séguese rindo de todos os veciños.
Fodamos ao pequeno que é fácil, como sempre.
Entre veciños, e mentres non sexan prácticas habituais, que xa serían dignas de solucións máis camaleónicas, arranxemos as cousas sen complicarnos tanto.
Parabéns Sr. Tarela, problema solucionado, que é o importante, e non me gustaría ver a estes veciños fortemente sancionados por culpa dun veciño concelleiro experto.
Queda vostede de mala. Agora xa sabemos que pasaría se cachase tal fechoría o Sr. Sabariz.
Gustaríame que alguén dixera aquí, se o sabe, a canto pode ascender unha multa por verteduras no monte.
Un saúdo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-02-2008 a las 15:47
Eu non dixen, «basta», que o asunto non se expusera no pleno. O lóxico é primeiro denunciar ós axentes da autoridade os feitos, e logo comentar no pleno (ou nos medios) para que se adopten medidas. Que se expoñan deficiencias, críticas, ou que se denuncien irregularidades, no pleno e positivo e ademáis e o normal no funcionamento das institucións.
basta · 2-02-2008 a las 15:52
Entendinlle perfectamente Sr. Sabariz, eu o único que no faría e denunciar a eses veciños no Seprona ou na Garda civil, as consecuencias serían fortísimas, e creo que antes habería que denunciar outros crímenes ecolóxicos.
Eu no espero eso dos meus representantes políticos tampouco.
Formas diferentes de entender a convivencia veciñal.
Un cordial saúdo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-02-2008 a las 16:09
O que haxa «crímenes ecolóxicos» (por certo. eu tamén denunciei no Seprona a esa empresa en algún episodio puntual) como manifesta «basta» non vai xustificar que se deixen pasar «cousas pequenas». Conduce ó absurdo pensar que como hai delitos importantes, por exemplo de tipo económico, os delitos e faltas de pouca cantidade, deban quedar impunes.
Outro saúdo para todos.
pontencesures · 3-02-2008 a las 18:53
Cara de cona penso que cos teus comentarios sobre as do centro social e mais concretamente a Pedrosa pasaste da raia ¿¿¿SIMPLEMENTE POR DEMOSTRAR LIBREMENTE AS SUAS CONDICIONS POLITICAS??? Consideroo unha falta de respeto cara esa persoa, e q quede claro q non a coñezo. Os teus comentarios consideroos cobardes e demasiado persoais mais q nada pq esa persoa en concreto penso q non ten oportunidade de responderche polo q me enterei.
De todolos xeitos noraboa polos comentarios da maioria q fan q pasemos un ratiño ameno e divertido.