A escola infantil non se incluirá no consorcio.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O pleno acordou tamén a incorporación do Concello ó Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, aínda que non se incluirá a escola infantil municipal para reconvertela en galescola, tal como propoñía unha moción do BNG. O concelleiro Luis Sabariz explicou que a adhesión está motivada pola necesidae de construir un centro de día, aïnda que tamen cabe destacar a importante reducción de Vicepresidencia nos últimos anos. Sabariz engadiu que a gardería municipal seguirá igual, xa que á empresa xestora lle queda máis dun ano de contrato en vigor. “Non o descartamos pero hai que esperar”. As barreiras arquitectónicas do centro social eliminaranse, pero a entrada de emerxencia será polos terreos de telefónica onde está a antena de telefonía.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 30/01/08


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.