Antonio Pesado Romay e o seu grupo gaña o I Concurso de disfraces para maiores do Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

INDIVIDUAL

1º-«O cubo de Rubik». Cristina Seco Framil.
2º-«O corredor do avestruz». Uxio Rial Rodríguez.
3º-«Malibú». Mónica Verde Prieto.

PARELLAS

1º-«Carmiña e Gelines». Dolores Barreiro e Otilia Portas.

GRUPOS

1º-«A casa da palleta». Antonio Pesado Romay e grupo.
2º-«Sissi e a súa corte». Cristina Barreiro Noya e grupo.
3º-«Festa na eira e lume na lareira». A.C. Xarandeira.


10 comentarios

veciñamil · 4-02-2008 a las 20:43

Estiven onte domingo na prazuela e o que alí vin pareceume bochornoso. Eu tiña vergoña polo que ali vía. O concello decide organizar un desfile de carnaval para maiores poñendo cartos públicos, de todos os veciños e veciñas, para premiar as mellores comparsas e disfraces e para que sexan un reclamo e así participen cantos máis mellor. Nada que obxectar a esta forma de proceder. Pero como transcorre todo? Oº de participantes e ridículo, totalmente ridículo, decir que se inscriben 3 comparsas, 1 parella e só 2 adultos individuais, resultando que se chega á situación de que hai máis premios que participantes, leva a decir, claramente e sen lugar a interpretación varias, que a posta en marcha deste concurso foi un desastre. A categoría dos disfraces foi, tristemente, mala, con todos os repectos para os disfrazados,pero o pior de todo estaba ainda por vir. Das tres comparsas a que tiña un pouco de mérito, un pouco, pois era repetida da cabalgata, era a da Asociación Xarandeira, as outras cada unha pior ca outra, e iso é indiscutible. O goberno de Pontecesures, coa alcaldesa á cabeza non ten ningún tipo de vergoña (eso xa era sabido por outros motivos) e premia co 1º premio á cabalgata da Barcarola que ela mesma preside. Isto é un escándalo, se reparte para sí 400 ? sen ningún tipo de escrúpulos nin vergoña, e lle da o 2ª premio a un grupo de mulleres que xa lle tiña apalabrado só por paraticipar. Logo cos cartos de todos os veciños e veciñas, que non son dela, fan unha festa na súa casa celebrando a gran fazaña.
Sinto ter visto este espectáculo e vexo nesta propia páxina como o Sr. Sabariz xustifica estes feitos. Polo menos cala, home.
Saúdos a todos, e isto non pode voltar a repetirse.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-02-2008 a las 21:57

Máis do mesmo, «veciñamil». Eu non sei en que concurso estiveches. A unha determinada adscripción política parece que non lle gusta qeu se fagan cousas. Mira «veciñamil», critícanos ós políticos, pero, home, deixa en paz ós que se disfrazaron. Ogallá disfruten do premio. Téñeno moi merecido.

xiana cores · 5-02-2008 a las 02:46

Vouche decir algo Sabariz os unicos que politicizachedes onte o concurso fochedes vos o goberno de Pontecesures.Non penses que todos os que poñemos cousas nesta paxina en contra vosa temos nada que ver coa politica senon que as inxusticias tamen as vemos como veciños cabreados.Foi de vergonza e ainda o que mais patetico me parece e que inscribades a Barcarola co nome dun veciño.
Que teño que decir que non teño nada en contra de él xa que me parece unha excelente persoa.
Que nos queriades facer parvos ou pensabades que non nos iamos a dar de conta de que estas persoas son membros da Barcarola.
Pero supoño que todo isto foi unha falcatruada da alcaldesa para querer disimular o que se lle viña enriba.
Mezclachedes a politica con un concurso de disfraces moi patetico.
E estas totalmente equivocado se pensas que todalas queixas veñen dadas polo outo sector politico.
Xa que no meu caso eu non teño nada que ver con ela e so estou cabreada como veciña que son deste pobo.
Pero bueno seguide asi que o estades facendo de maravilla.
A outra cousa gustarime que me explicases para que publico estaba enfocado o concurso da plazuela.Xa que en outra entrada dixestes que o da noite estaba para outra xente.
Eu creo entender que a categoria de onte era maiores de 18 anos.Asi que eso inclue xuventude,mediana idade,e terceira idade.
O que che pasa que esa e unha disculpa barata pola pouca xente que houbo.
E respecto o que si a xente se divirteu eso non cho discuto pero o concurso non consistia so en iso.
Ainda que moitos pais dos nenos o que morreron foi de frio e de aburrimento esperando a que se lle entragasen os premios os nenos.
Para a proxima podedes tardar un pouquiño mais.

veciñamil · 5-02-2008 a las 12:01

Dende logo segues defendendo o indefendible, Os políticos en xeral, e tamén a alcaldesa non só teñen que ser honrados senón que tamén teñen que parecelo, e dando premios a si mesmos para logo ir a festexar ese premio á sua propia casa, non parace nada de honrado, e por suposto éticamente reprobalble. se ti queres negar a evidencia eche cousa túa Sabariz. , o resto, o dos colores políticos´eche unha mala escusa para sair desta patraña. Non hai ética, Ti tampouco.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-02-2008 a las 12:20

Ninguén politizou o concurso de disfraces. O grupo ese que dicides inscribeuse a nome de Antonio Pesado (si así o decidiron, alá eles). O curioso, «xiana cores» e que tamén aquí tiras a pedra e agochas a man. Manifestas que él é moi boa persoa, ós culpables son os do goberno. Tamén é sorprendente que toda esa xente que acudiu voluntariamente ó concurso (máis de 15, todos maiores de edad), a trates como se fosen borregos obrigados pola alcaldesa. Non podo entender que vaia xente obrigada a este tipo de festas e máis nos tempos que vivimos.
O concurso era para maiores de 16 anos sen máis, e anunciouse que comezaba ás 19,30 horas.
Hai que recoñecer que co frío que ía, a entrega dos premios dos máis cativos demorouse en exceso.

ROLAR · 6-02-2008 a las 15:11

Chamar «politización» ao que pasou o domingo na Plazuela é, cando menos inxusto. En realidade, é unha cacicada máis dunha xente que cree que coller un micro e levar a voz cantante, lucir unha mantiila en festas ou ser o que máis levanta a voz nas tabernas é suficiente para apañar un puñado de votos e considerarse políticos. Esos non son merecedores de gobernar este pobo? nin ningún outro.

Paspallas · 7-02-2008 a las 00:09

Esta Cores nos sae con falcatruadas agora,,,tedes un listón os do bloque insuperable…pregúntalle a Angueira porque o concello tivo que pagar os 3000 euros por presións nas eleccións sindicais, anduvo por aí de Piñeiro Ares asustando a todo cristo para que os represntantes sindicais foran Tacón e o Diesel, o alvarito xa andaba de cagarría antes de votar…os cesureños pagamos esas macarradas que daban para tres concursos de carnaval. Con que cousa saídes, tede coidado que o Sabariz anda fino e calquera día da unha sorpresa. Decían na pulpería de Amo o outro día no espolón que anda polos archivos municipais, está máis no concello que polas rúas, que maquinará….jo..jo..jo..

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-02-2008 a las 14:31

Contas un relato de película de espionaxe, «Paspallas». Hai moitisimo tempo que eu non entro na arquivo para nada. ¿Qué vai haber sorpresas?. Non sei a que te refires.

xiana cores · 8-02-2008 a las 00:35

Si andas no arquivo ou non e problema teu.Pero que andas na boca de todo o mundo porque estas a horas intempestivas no concello colgado o ordenador e o telefono si e verdade.Xa que e moita xente a que che veu.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-02-2008 a las 17:20

Si é certo que estou nas oficinas do concello pola noite facendo algunhas xestións, (chamadas, escritos, preparación de notas informativas, etc..) ? normal que me vexan dende fora, e non teño por que andar agochado. Incluso deixo a porta aberta é ás veces algún veciño entra e pregunta por algún asunto. ¿Por qué iso e malo?. Moitas veces non podo ir a outra hora.
As portas do concello están abertas, e lembro con tristura cando o ex alcalde ordenaba á policia e ó persoal de limpeza que pecharan as portas pola tarde, cando estaban dentro da Casa do Concello. Por se ía Sabariz, claro.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.