Anuncio para a contratación dun educador/a familiar en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Para desenvolver o Programa de Educación Familiar no 2008 precisase contratar un/ unha educador/a familiar con contrato por obra ou servicio a tempo parcial (media xornada), cun salario bruto mensual de 645,01 ? brutos o mes, (14 pagas). Os/as interesados/as deberán estar titulados/as como:

* Diplomado/a en Educación Social.
* Diplomado/a en Traballo Social.
* Licenciado/a en Psicoloxia.
* Licenciado/a en Pedagoxia.

As instancias xunto co curriculo de meritos alegados presentaranse no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Pontecesures, rematando o prazo de presentación o vindeiro 15 de febreiro de 2008 ás 14:00 h.


3 comentarios

Cara de cona · 8-02-2008 ás 21:51

Oes, xiana que eres adiviña, quén será a seleccionada? Algunha cuñada de Sabariz, ou quén?, móllate, móllate…

xiana cores · 9-02-2008 ás 03:35

Primeiro teremos que ver quen se presenta a selección.Unha vez que se presente a lista dos aspirantes darei a miña quiniela.E xa veras que como sempre acerto.Senon tempo o tempo.Pero se non me equivoco as miñas predicións sempre se cumpliron.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-02-2008 ás 09:18

Non teño familiares con esa titulación, “Cara de cona”.

Deixa una resposta a xiana cores Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.