O Concello de Pontecesures convocado á reunión sobre o novo Programa Leader 2007-2013

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Consellería do Medio Rural ven de presentar o programa de referencia. Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), anteriormente denominados Grupos de Acción Local serán os encargados de deseñar e executar o programa Leader en cada territorio.

Estanse a realizar reunións divulgativas e con tal motivo hai unha xuntanza o día 21 de febreiro ás 19 horas no Auditorio de Cordeiro para a que están convocados ós representantes de GDR-20 que integran 10 municipios (Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga, Cerdedo, A Estrada e Forcarei).


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.