Restauración do Muiño de Infesta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Concello de Pontecesures ten a intención de restaurar este muiño que se atopa en estado de abandono.
Co fin de levar a cabo dita mellora, e descoñecendo os posibles titulares de dereitos (de propiedade ou de uso) do devandito muiño, convócase ás persoas que teñan ou consideren ter algún dereito, para que se personen na Casa do Concello nun prazo que remata o día 8 de marzo, ós efectos de acordar, no seu caso, a restauración deste ben de interese patrimonial.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.