Vaise arranxar o camiño da Factoría.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No día de hoxe estanse a realizar traballos de limpeza deste camiño que discorre preto do edificio do Alfolí (tamén da explanada máis próxima ó paso a nivel de FF.CC.) para botar nos vindeiros días unha capa de zahorra compactada co fin de arranxar o firme.
Este camiño presenta, dende hai tempo, un estado lamentable que motiva queixas de moitos veciños, sobre todo de San Xulián, que pasan a cotío polo mesmo. Realmente as pedras soltas que ten, dificultan considerablemente o camiñar.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.