Sesión da Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación para tratar da instalación de herba artificial no campo de fútbol.
Será o luns día 10, ás 17 horas, cando celebrará sesión esta comisión informativa do Concello de Pontecesures para estudar o convenio que se pretende asinar coa Deputación Provincial de Pontevedra, para a instalación de herba artificial no campo de fútbol «Ramón Diéguez».
A Comisión está integrada pola alcaldesa, e os concelleiros, José Antonio Baliñas (BNG), Arturo Ferro (BNG), Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito).
O pleno sobre este tema, celebrarase na semana próxima.
0 comentarios