O EXTRUGASA SENTENCIA NO DESCANSO, NUN PARTIDO MOI COMODO PARA ACABAR GA?ANDO 23 ?? 61

Publicado por fru en

imagen-002-web.JPG
Foto da plantilla ó completo cos uniformes estrenados recentemente

ESCOLA NAVAL DE MARIN = 23
EXTRUGASA RIO ULLA = 61

Peñaño (9) Gulli (9), Pedrito (2), Diego (-), Victor (2), Pino (10), Nacho (17), Santi (6), Juanjo (-), Felipe (4)e Pepi (6).

Foi o partido mais cómodo do ano. E iba para record de duración en tempo, pois os 3 primeiros cuartos xogáronse en 1 hora de reloxo. Tampouco é que o último cuarto durase moito, pero un apagón da luz tivo o partido parado 15 minutos, ata que entre persoal de mantenemento, e Nacho, que ademais de gran pivot é un ??chispas? da electricidade diron co problema e o solucionaron.

Empezou forte o Extrugasa en defensa, e en ataque neste cuarto dirixiu moi ben Peñaño ante a defensa individual: bloqueos cos pivotes e asistencias na continuación. Así, entre Pino e Nacho abriron as primeiras diferencias dende o inicio (min 5: 2 ?? 13). Cando se puxeron en zona unha tripla de Gulli elevou de novo as diferencias por riba dos 10 puntos: 5 ?? 16, e logo a base de tiros libres o Extrugasa permitiu sumar para irse ó final do cuarto cun 8 ?? 23 a favor.

Con Nacho sentado con 2 faltas no 2º cuarto Pino impuxo a sua altura, para asegurar o rebote defensivo. Os locais estrelábanse unha e outra vez ca defensa cesureña, nese momento en individual. Os árbitros deixando xogar e o partido transcorría moi rápido. Así se explica o pobre parcial deste período: 2 -10 en 10 minutos de xogo.

Na reanudación o guión non cambiou: forte defensa ó home no Extrugasa e a repartir minutos para os menos habituais (Peñaño e Pino apenas xogaron na segunda metade, para reservalos e previr posibles golpes). Nacho e un voluntarioso, pero sen acerto en ataque Juanjo, controlaban o rebote defensivo, e en ataque movíase por momentos ben a zona que tiñan os locais. Quedando 25 segundos para o final do cuarto foi cando se produxo o apagón, co conseguinte enfriamento de ambos equipos, pois tardouse en reanudar 15 minutos. 14 ?? 44 nese momento.

No ultimo cuarto intercambio de canastras ó principio: 21 ?? 53, para acabar pegando un ultimo tirón no marcador, ca velocidade dos rapaces Pedrito e Victor: 23 ?? 61e o liderado mantense á falta dos partidos da xornada do domingo.


1 comentario

po · 9-03-2008 a las 13:29

a verdade e que foi un partido moi facil… pero eu quedome ca maravillosa bandeira que rodeaba todo o pavillon, menudos fachas… seguro que no vestiario cantaban o » cara o sol «. tamen hai que dicir que os pobriños non sabia moi ben o que era o baloncesto…

pero eu quedome cas palabras que lle di gully o arbitro, » te habla castellano y aun por encima con ese acento, eso é tecnica» jajajaj….

espero ver pronto a gran foto que sacou gully , esperemola ver pronto jaja

eña fruki, este ano campeons….

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.