El PSOE incrementó sus votos en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Especialmente significativo es el caso de Pontecesures donde el incremento socialista es más del 1,5%, a pesar del enfrentamiento surgido entre la ejecutiva local y la comarcal desde las elecciones locales de 2007.

Extracto del «DIARIO DE AROUSA». 11/03/08


39 comentarios

veciñamil · 11-03-2008 a las 20:53

O incremento é moi importante e se debe sobre todo ao tirón da «cacharra» pois o Sabariz e mailo Alfonso xa non están no partido.
Por certo, vai haber pronto cambios na actual corporación de Pontecesures, moi pronto.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-03-2008 a las 22:24

Pois sería moi interesante, «veciñamil» que nos concretases máis o dos cambios na corporación. ¿Renuncias de concelleiros?,¿Novas maiorías?. Comenta, comenta.

manolo · 12-03-2008 a las 13:17

Anda Sabariz! que ti eres o informador oficial! Larga o bombazo de unha vez!!!

manolo · 12-03-2008 a las 13:18

Oficial ou oficioso, pero sabes moito moito…

cocodrilo · 12-03-2008 a las 13:33

Riome eu do tiron da Cacharra, coma non sea para tirar a Saba como fixo primeiro con Piñeiro logo con Vitorio e despois con Angueira. Sabariz ten coidado con esta que che da apuñalada cando menos o esperas, despois non digas que non te avisaron.

decesures · 12-03-2008 a las 14:01

Esperemos que todo quede como está e que os votos do PSOE síganse incrementando a ver se para as locais chega á alcaldía quen o merece

manolo · 12-03-2008 a las 14:14

Oes Xiana, que ti tamén sabes moito, non mintas, contanos algo, ¿quer vai pasar na corporación?
Non me digas que non sabes nada… Mintireira!!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-03-2008 a las 15:40

Non entendo nada. Pregunteille a «veciñamil» sobre a información que tiña de cambios na corporación e sae «manolo» falando de que hai bombazos e de que quere que escriba «xiana cores» que sabe moito.
Imos ver se alguén informa, e se deixa de escribir en clave.

O Rei · 12-03-2008 a las 20:19

¿E quen é es@ que merece chegar á alcaldía, «decesures»?

decesures · 12-03-2008 a las 21:22

«Rei» eu creo que hai unha persoa que se preocupa polo pobo e creo que é unha persoa sincera e que non oculta nada, non o coñezo persoalmente pero si sei como traballa e fai as cousas e iso bástame,como ben dixen no comentario quero que gañe Sabariz.

O Rei · 13-03-2008 a las 00:04

Non vou negar que Sabariz se preocupa por ternos informados. Tampouco o coñezo persoalmente pero sí que parece unha persoa sincera, e que defende o seu punto de vista, que estará máis próximo ó duns e máis lonxe do de outros. Pero o que realmente non vexo é a conexión Sabariz – PSOE

decesures · 13-03-2008 a las 13:34

iso é completamente certo, tampouco saberia moi ben onde poñer a Sabariz. pero si estou de acordo con que no PSOE non vai a chegar a onde deberia no noso pobo.

ROLAR · 13-03-2008 a las 15:34

Os resultados electorais non fan máis que confirmar que en Pontecesures hai un grande apoio ao partido socialista que, sin embargo, non se traduce en votos nas eleccións municipais. Sobre todo, cando a executiva do partido designa un candidato sin ter en conta a opinión da asamblea local. Por desgraza, os feitos deron a razón aos militantes socialistas cesureños.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-03-2008 a las 17:11

Pois non estou de acordo en absoluto coa túa opinión «ROLAR». A lista do PSOE tivo nas últimas eleccións locais o maior número de votos (366) dende o ano 1991. Iso a pesar da oposición da executiva local.
Tamén nestas eleccións xerais, o PSOE tivo o mellor resultado dende 1.991 (560 votos) neste tipo de comicios.
Queres trasladar á opinión pública que se o PSOE tivo agora estes 560 votos, e non acadou similares cifras nas pasadas eleccións locais, o culpa foi de que se elixira a Sabariz como cabeza de lista.
Penso que estas errado. As eleccións muncipais son distintas ás xerais (e ás autonómicas).
Mira nas xerais de 1993 e de 1996 O PSOE tivo 434 e 500 votos, respectivamente. En cambio en 1995 o candidato á alcalde elixido pola executiva tivo 122 votos.
Despois de ter nas eleccións municipais o candidato elixido pola executiva do PSOE, 321 votos, en 2000, nas xerais, o partido socialista pasou a 299 votos. Pero é que logo o mesmo candidato en 2003 obtivo 192 votos e 10 meses despois nas elección xerais de 2004, o PSOE foi apoiado por 535 votantes.
Reitero: en 2007 houbo o mellor resultado dende 1.991 nas municipais; en 2008, o mellor resultado do PSOE, dende a mesma data, nas eleccións xerais.
¿Que outra lista do PSOE houbera obtido máis votos nas locais de 2003?. Quen sabe.
¿Que coa implicación da executiva local se houberan obtido máis votos o 9 de marzo pasado?. Quen sabe.
Os datos numéricos están aí. Cada un pode facer as interpretacións que queira.

Tuso · 13-03-2008 a las 17:39

Non se mate en explicalo Sr. Sabariz, os feitos están ahí, e non hai peor cego que o que non quere ver.

basta · 13-03-2008 a las 18:01

Imos ver Tuso, consideroche como un dos poucos internautas razoables deste foro, partindo de que o Psoe expulsa a Sabariz polo motivo por todos coñecidos, ¿A que ven agora que conte, e incluso admita como militantes, a parte de unha lista que apoiou en masa a Sabariz na decisión da discordia?
E decir, Sabariz, «pa la calle», e todos os que o apoiaron e xustificaron «pa dentro». O máis lóxico sería que readmitiran tamén a Sabariz, e máis a el o primeiro.
Esto sempre que el estivera disposto, claro está.

ROLAR · 14-03-2008 a las 10:43

Como indica o Sr. Sabariz, os datos están aí. No pobo hai votantes socialistas, xente con ideas progresistas que buscan unha alternativa a PP e BNG. Moitos creron ver en vostede a esa persoa, e defraudounos. Empezo a sospeitar que vostede ve a política como un medio más que coma un fin. Un medio para estar sempre que pode na prensa ou cun megáfono na man, e mentras tanto, ten que facer algo polo Concello (servidumbres do cargo). Desta volta tocoulle o PSOE ser o trampolín (e o financiador) da súa carreira política. Espero que non consiga enganar a ninguén máis.

Tuso · 14-03-2008 a las 12:45

«basta». Igual fun moi ambiguo no meu comentario anterior. Nel trataba de dicir que vexo que o Sr. Sabariz está continuamente explicando e xustificando as cousas, e hai xente que parece que ou non o entende ou non quere entendelo, incluso cando se fala de cousas que a min me parecen evidentes. Por iso lle dicía que non se mate a explicar as cousas, porque algúns, por moito que se lle expliquen as cousas, lexos de debater e dar razóns, dedícanse a estar erre que erre dándolle a volta ao mesmo.

Eu moitas das decisión do Psoe (e as doutros partidos en xeral) non as entendo dende o punto de vista de un cidadán normal. ? mais, xa nin fago por entendelas! Para min os partidos e en xeral bastantes dos seus afiliados miran soamente polo beneficio do partido, inda que o pretendan disfrazar baixo un suposto beneficio para o pobo.

Paréceme que unha persoa cando entra nun partido, por moi democrático que diga que sexa este, ten que pregarse ao que lle digan o que ten que facer o que os de arriba lle digan, pasando de ser persoa a un mero «afiliado» e perdendo a súa capacidade de decisión.

Por iso para min, en este aspecto, o Sr. Sabariz meréceme moito respecto, porque deixou clara sempre a súa postura e levouna sempre adiante, sen importarlle as consecuencias. Para min, este señor ten unhas ideas claras sobre o que quere para o pobo (cas que podo coincidir ou non) e acostuma a explicalas e deféndelas en público. Por ser consecuente consigo mesmo e con todo o que dixera, foi apartado dun partido político (que estaba ao corrente do que acontecía no pobo). E por ser consecuente consigo mesmo tamén está a ser atacado continuamente por algúns.

Esta xente, tamén coñecedores de sobra do que ocorría no pobo, a isto que eu chamo ser consecuente chámanlle engano e parécelles ruín. ¿? cuestión de semántica? A min realmente paréceme ruín a actitude do partido, e creo que a quen deberían expulsar é aos responsables que permitiron esa situación (a pesar de coñecela), e que polo que vexo seguen a facer das súas, ninguneando aos do psoe de sempre do pobo. Pero é o que hai, é cousa deles e do seu partido, eles saberán o que fan.

Agora, os mesmos responsables do psoe que, ao meu parecer, «a cagaron» (con perdón) nas municipais anteriores, volven a facer manobras similares. A ver se de esta acertan e conseguen unha lista de xente «fiel» ao partido. E espero que nese caso ese partido sexa tamén fiel ao pobo e non só aos seus propios intereses.

veciñamil_2 · 14-03-2008 a las 14:22

Moi ben «Tuso», claridade a que ves de expoñer, o Sr. Sabariz foi consecuente ata o final:
espléndido o parágrafo «Tuso» cando dis: «Por iso para min, en este aspecto, o Sr. Sabariz meréceme moito respecto, porque deixou clara sempre a súa postura e levouna sempre adiante, sen importarlle as consecuencias. Para min, este señor ten unhas ideas claras sobre o que quere para o pobo (cas que podo coincidir ou non) e acostuma a explicalas e deféndelas en público. Por ser consecuente consigo mesmo e con todo o que dixera, foi apartado dun partido político (que estaba ao corrente do que acontecía no pobo). E por ser consecuente consigo mesmo tamén está a ser atacado continuamente por algúns. Coas mesmas regras todos poden xogar a maiorías ¿ou non?

Tuso · 14-03-2008 a las 14:26

Non entendo moi ben a pregunta «veciñamil», pero arriscome a contestar que si.

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-03-2008 a las 15:54

Amigo «ROLAR», dende logo non me queres ben. Malo se colaboro cos actos co megáfono, malo se informo na prensa. Dis que o PSOE foi o meu trampolín, que me financiou a campaña, que engano á xente, que para mín a política é un medio non un fin. ¡Que errado estás!
Eu en política nin aspirei, nin aspiro a nada. Sobran exemplos nas forzas políticas de persoas que grazas a cargos ou militancia colocáronse no mundo laboral. ¿Ou non?.
Que ti sementes sospeitas de que eu utilizo a política para trepar é moi inxusto. O que peor me senta é que me coñeces, e sabes que as miñas aspiracións son nulas nestes temas.
Que me critiques por incompetente, por protagonista, ou por ineficaz non me parece mal. Pero que digas que ando a buscar o «carguiño», é unha barbaridade. O mellor exemplo: o pasado día 16 de xuño. Para mín vale máis a honradez e a convicción á hora de emitir un voto que todo o demáis. E ben que me trataron de convencer.

veciñamil · 14-03-2008 a las 16:35

A entrada que comeza con «moi ben Tuoso» é contraria aos meus pensamentos e ideas.

Antonio Cortés · 14-03-2008 a las 17:31

veciñamil, xa está solucionado, agora NON se pode empregar o mesmo alcume para usuarios diferentes. Xa diferciei os nomes e xa non é posible os duplicados.

Tiroliro II · 14-03-2008 a las 18:27

Falaron de cambios na corporación, a angueira o bloque de Santiago quere chimpalo por trapicheiro, veremos que pasa, resistirá?

xiana cores · 14-03-2008 a las 18:39

Tiroliro non te enteras.O bloque de Pontecesures pertence a comarcal Pontevedra non a Santiago.Se alguen lle tivera que chamar a atención seria Pontevedra.E ademais non van por ese lado os tiros.Estas totalmente enganado.

Tiroliro II · 14-03-2008 a las 18:46

Hai que enterada estás xiana, como descubres que eres do bloque, en Pontevedra non sei, pero en santiago no bng falan pestes de angueira e queren largalo canto antes, o comentario, «que razón tiña sabariz», ata o apostol chegan os ecos das trapicheiras, pregunta se vai volver Canal a apoiar a angueira?…ja…ja…ja..e olaia co exito de público?…ja..ja…ja

xiana cores · 14-03-2008 a las 18:52

Non descubro nada pero cae de caixon.A que provincia pertencemos pois e a comarcal que lles corresponde.E que me estas contando que lle din esas cousas a Sabariz en Santiago.Pois non o creo porque primeiro terian que querer recibilo en algun sitio e non e o caso.Xa que non so a xente deste pobo non o quere senon que na xunta tampouco.Estan del ata as orellas.

Tiroliro II · 14-03-2008 a las 18:59

Estades picadísimos os do bloque de cesures, pero que falas da comarcal de pontevedra si os do bng de cesures nunca foron a ningún lado, se andaban de papadelas e de carallada e non iban a ningunha reunión, raquel aquela asistente social que e do bloque na estrada sabe todo sobre estos de cesures, e como larga…ja…ja…ja

xiana cores · 14-03-2008 a las 19:37

Pois pode falar ela.Xa falan moi ben dela na Estrada estan encantados.Sigue sendo tan sociable e agradable como cando estaba eiqui no concello.Entrar naquel despacho metia medo.

decesures · 15-03-2008 a las 21:12

Bueno pa comezar «Xiana Cores» como ben di «Tiroliro» estas a demostrar de que partido és , aínda que xa estaba claro, por outra banda
os do bloque estades moi picados cousa certa…non admitides o que fixo Angueira.
Por Santiago si que se fala de Angueira e que saibas que cesures pertence a pontevedra pero aínda asi Santiago esta preto e chegan as faladurias.

E cando falades de Sabariz, que por certo teño que darlle a noraboa ó amigo «Tuso» tendes que darvos conta do que é.
A verdade non creo que haxa algunha persoa na política como Sabariz e deberiades darvos
conta.

manolo · 15-03-2008 a las 23:01

Claro que nos damos conta de que non hai nigún politico como Sabariz, aí están os resultados electorais.

ROLAR · 17-03-2008 a las 15:56

Non crea o Sr. Sabariz, como di, «que non o quero ben». Admiro a súa valentía para dar a cara neste foro, así como algunhas das iniciativas que leva a cabo no Concello é o interés con que se toma ás súas responsabilidades municipais. Sin embargo débolle dicir que, aínda que é unha persoa moi válida como concelleiro, creo que ética e moralmente está ocupando un cargo que non lle corresponde nin merece.

decesures · 17-03-2008 a las 16:04

Estou de acordo contigo de que Sabariz non merece o cargo que ten senón que merece bastante máis.

gallardo · 17-03-2008 a las 23:52

malditos canis
pensade ben o que decides,cesures co bng o mando sería un pobo, non a merda que esta sendo grazas a independienta dos 200

decesures · 18-03-2008 a las 00:33

Ninguén falou de Maribel «gallardo»
o meu comentario e que con Sabariz ó mando
sería máis que un pobo.
El polo menos responde a preguntas
dúbidas e parece un home traballador
e que está onde ten que estar…
ese e o alcalde que precisa cesures e non alguén que polo que se pode ler por ahí fixo o que fixo.

DON PEPITO · 18-03-2008 a las 16:42

Co bng o mando xa vimos que pobo era: un pobo onde o seu alcade facia o que queria e no daba explicacions das suas accions a ninguen.Os do bng cando collen poder suelen facer a misma politica caciquista cos do pp.

gallardo · 18-03-2008 a las 23:09

Pepito que xa che conocemos homiño,quen me dera estar delado tua para darche as tipicas palmadiñas na espalda para que che sirva de consuelo

decesures · 21-03-2008 a las 15:25

pero como sodes os do BGN dende logo hai que escoitar cada cousa…
agora o pobo sera un pouco desastre pero con Angueira…dicides que ía ben? pero que fixo Angueira???? a parte do que se publicou por ahí… eu con el non vin ningún progreso no pobo e? a ver se vedes a realidade…

se estivera sabariz ó mando de todo ó mellor habería algún cambio…porque pódese confiar en el…polo menos se lle ve pola rúa porque
Angueira cando pasaba algo non sei onde se metía…

DON PEPITO · 24-03-2008 a las 12:48

As verdades suelen doer.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.