Eleccións na ANPA do CPI Pontecesures. Presentación de candidatos/as.
ANPA CPI PONTECESURES
Un vez esgotado o mandato dos membros actuais, convócanse eleccións para elixir os sete membros da nova Xunta Directiva desta asociación.
Para ser elector e elixible débese ter a condición de afiliado coa cota establecida para o curso 2007/2008 abonada (compútanse os ingresos realizados ata o día de hoxe e non poden ser candidatos nin terán dereito a voto os pais que abonen a cota con posterioridade).
Os afiliados/as que desexen presentarse deben inscribirse na biblioteca do colexio o día 2 de abril de de 2008, de 18:00 a 20:00 horas.
Una vez coñecidos os nomes dos candidatos/as convocarase a asemblea xeral para proceder á votación polo procedemento de listas abertas.
Pontecesures, 13 de marzo de 2008
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente
14 comentarios
veciñamil · 13-03-2008 a las 21:30
E ti voltas a presentarte?
cocodrilo · 14-03-2008 a las 11:04
Que pregunta Veciñamil, Sabariz non pode resistirse a tentacion , non sei se estara enterado de esa nova candidatura co xente do PP,PSOE e BNG e o mais chulo xente afin a Sacapieles para que diga que o queren fora da ANPA por temas politicos, non Sabariz a verdade e que estan de ti hasta los mismisimos.
sobreiras · 14-03-2008 a las 13:07
«Hasta os collóns estamos de tí», cocodrilo
Luis Angel Sabariz Rolán · 14-03-2008 a las 15:39
O de menos agora é si me presento ou non para a xunta directiva da ANPA. Ogallá haxa moitos candidatos dispostos a traballar polos máis pequenos. Dende logo as alusións a membros de forzas políticas que fai «cocodrilo» non sei a que veñen.
¿Que a xente está cansa de min?. Pode ser. Levo once anos e medio presidindo a asociación. Traballei todo o que puden pero supoño que haberá de todo entre as opinións de pais e nais.
Xa me estou acostumando a estes comentarios tan negativos. Ás veces me da a impresión de que non poderei saír ás rúas, «cocodrilo».
xiana cores · 14-03-2008 a las 18:28
Pero como non se vai a presentar co que lle gusta ferver en todos os pucheiros.Parece increible que ainda o dubidedes xa que eu non teño dubida ningunha.Xa bastante mal o debeu de pasar o domingo por non poder ferver nos pucheiros das xerais.Pero claro como non ten partido tivo que quedar na casiña.
cocodrilo · 14-03-2008 a las 18:33
Sobreiras parece que te picas,pois aplite o conto,que eu voume rir un pouco,teño que deixarvos que eu tamen estou en horas de traballo ,que logo moito criticar e o que mais e o que menos.
gallardo · 16-03-2008 a las 01:51
saba pero como preguntas si a xente esta farta de ti?que va machiño nos queremoste aqui, asta tiñamos pensado facer a feira do porquiño o espeto na tua honra
linternas · 20-04-2008 a las 13:18
Sr. Sabariz, usted que todo lo informa, cómo es que no ha dicho nada sobre el proceso electoral del ANPA.
¿Es usted el presidente del ANPA?
¿Hubo elecciones?
¿Quién se presentó?
¿Quien está actualmente al frente de la Asociación?
Oí que había una gestora. Si es así, ¿desde cuándo y porqué?
Como ve son muchas cuestiones de las que usted no informó para nada a los padres y madres.
Le anticipo las gracias porque sé que contestará con detalle a todas estas dudas.
Luis Angel Sabariz Rolán · 20-04-2008 a las 13:35
Pois presentáronse seis persoas para seren directivos da ANPA. Próximamente será convocada a asemblea para elixir a nova xunta directiva (os asociados decidirán se hai votación, porque como os directivos previstos son sete, hai menos candidatos que prazas). Na mesma irán os nomes das persoas que cumpren cos requisitos e aínda hai que realizar algunha comprobación.
Non hai xestora algunha e ata ese día estou á fronte da asociación, claro.
cocodrilo · 20-04-2008 a las 16:13
A Dios le pido que sea sus ultimos dias en el ANPA
cocodrilo · 20-04-2008 a las 16:16
No se acuerda cuando usted llamaba a Educacion para ir contra todos los que querian la jornada unica,y eso si que esta documentado,falso mas que falso.
Luis Angel Sabariz Rolán · 20-04-2008 a las 17:00
Cálmate un pouco, «cocodrilo». Con insultos non se vai a parte algunha. Entrar agora sobre temas da xornada única (normativa, procesos electorais que tiveron lugar, quórum na votacións, ventaxes e inconvintes, etc..) non conduce a nada. Sempre foi cumprida a legalidade neste tema, tanto cando o resultado foi negativo como cando foi positivo para a súa implantación.
cocodrilo · 20-04-2008 a las 17:57
Chamalle insulto a decir a verdade ou quere decir que e mentira. mentiras as suas.
veyron · 21-04-2008 a las 13:24
sabariz retirate dunha vez que nos fas un favor a todos.