A alcaldesa de Pontecesures estará o mércores en TV Salnés.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Para falar sobre a Festa da Lamprea, a Feira dos Automóbiles Antigos e a xestión municipal será entrevistada Maribel Castro, no o programa Pleno Aberto da TV Salnés que será emitido o mércores día 19 de marzo a partir das 10:30 horas

Categorías: Concello

14 comentarios

manolo · 17-03-2008 a las 22:45

A muller que rexeitou participar no debate electoral perdeulle o medo ás camaras.
O discurso preparado, a entrevista pactada ou en precoñecento, da máis xogo para ela.
Cando unha persoa se sinte vacía de contidos, da temor enfrentarse ao debate.

Espermos que saia «guapa», moi importante, porque co ben que fala, onde quedará a imaxe deste pobo…

¿Será presentada como a alcaldesa dos 200 votos?

decesures · 17-03-2008 a las 23:01

si, a verdade, e moi penoso que a representante do noso pobo sexa Maribel. Deberia de representa-lo pobo outra persoa con máis experiencia ou polo menos con máis argumentos, mais xogo…pero é o que hai e como xa dixen nalgunha ocasión esperemos que nas seguientes locais saia alguén que o mereza.

gallardo · 17-03-2008 a las 23:49

a señorita do pobo tamen se adica a dar entrevistas tipo aqui hai tomate?non che estaba eu enterado de eso,supoño que falará dos temas das pintadas,e dar as gracias a quen as fixeron claro,porque como di ela: así conocenme meyor no pobo.QUE VERGO?A DE MUYER

manolo · 18-03-2008 a las 00:29

¿Falará a alcaldesa do «huerto» inaugurado na gardería?

Ti que sabes Sabariz, ¿conta esta infraestructura con placa conmemorativa?

Contaranos como foi o achegamento da máxima autoridade local aos cativos?

¿contou o evento coa presenza do concelleiro de educación?

A plantar chicharos había que poñela a ela, e así daballe un curso práctico de labranza.

decesures · 18-03-2008 a las 00:35

jajaja moi boa manolo…a verdade
e que para as proximas eleccións
non saia Maribel porque a representante
do pobo da vergoña.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-03-2008 a las 09:13

Parece ser, «manolo», que a dirección da escola infantil ideou que, nun pequeno espazo do patio, houbese unha horta como actividade de formación e avisaron á alcadesa para «inaugurala» diante dos nenos. Tampouco se lle poden dar a estas anécdotas máis importancia «manolo». ¿Que se fai política? ¿Que non teñen sentido?. Cada un ten a súa propia opinión.

gallardo · 18-03-2008 a las 14:38

bueno xa ira algún traballador do concello a inaugurala porque para ela xa e moito trabayar.que pouco coida do pobo

manolo · 19-03-2008 a las 19:41

Que eu pola hortiña alegrome, pareceme imteresante, o que quería saber e se houbo «plaquiña».

veciñamil · 20-03-2008 a las 10:56

Que pena o que se veu onte na entrevita de Tele Salnés a Maribel Castro. Demostrou pouca preparación para o cargo que ocupa e a pesares de ser unha entrevista «light», pois a entrevistadora só lle presentou catro cuestións xeneralistas, a alcaldesa «meteu a pata» en varias ocasións, ata dixo que a xente viñera a visitar o noso pobo pois tiñamos moitos museos. O que hai que ver e oir.

veciñamil · 22-03-2008 a las 12:40

Vaia Sabariz non debeu ver a entrevista, porque non di nada.
Ou é que sinte tamén vergoña do resultado da mesma e entón prefire calar.

manolo · 22-03-2008 a las 15:39

Sabariz é un home informado, ou polo menos que lle gusta estar.

Antes de pronunciarse, «prepárase», e agora está buscando os museos para poder defender a súa existencia.

Por favor, así alguén os atope, rogo nos informe nesta páxina para disfrute de veciños e visitantes.

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-03-2008 a las 23:09

Pois foime imposible mirar a entrevista, «veciñamil», e non podo xulgar a mesma. Teño a opinión dalgunha persoa pero máis ben de conxunto (me dixeron que estivo regular). Obviamente o dos museos non ten sentido, pero sería un erro provocado polos nervios. Que queredes que vos diga. Tampouco lle dou máis importancia a iso.

manolo · 23-03-2008 a las 19:38

Alégrome que non a viras Sabariz, como me alegraría de que non a vira ninguén.
Os meus compañeiros na fábrica preguntanme polos museos, fartanse de rir. Hai que saber aguantar os vaciles.
Poli´ticamente non eres santo da miña devoción, pero inda preferería verte de alcalde.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-03-2008 a las 21:10

Pois é certo que a entrevista non foi vista por moite xente. O día da emisión, víspera de festivo, non era o máis axeitado, e ademais agora TV Salnés non ten tanto seguemento na nosa vila. Moita xente, coa TDT, cambiou o sentido da antena para o Meda, e así en moitas vivendas non hai sinal deste canle.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.