A Irmandade de Amigos e Fillos de Padrón premia ó cesureño Enrique Morales Piñeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Esta Irmandade fixo pública a relación de premiados para esta Pascoa 2008, e que serán agasallados o Domingo de Pascuilla pola Corporación de Padrón, pola Comisión de Festas e pola propia Irmandade.

Na relación aparece o cesureño Enrique Morales Piñeiro que é funcionario e reside na actualidade en Pontevedra.
Outros premiados son: Isabel Pazos Sierra, padronesa, colaboradora en diversas asociacións; Mª Concepción Rodríguez Fernández, Mestra xubilada; Concha Sanmartín Pérez, padronesa, residente en Madrid; Antonio Espiñeira Cajaraville, promotor de campionatos de xadrez en Padrón; Manuel Jesús Fráiz Calvo, psiquiatra; Manuel Martínez Bandín, comerciante xubilado; o Club Ciclista Padronés e a empresa EXLABESA-QUINTAGLASS S.L.

Categorías: Persoeiros

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.