O EXTRUGASA SUFRE E GA?A EN A LAMA (66 ?? 73) GRACIAS Á DEFENSA E A UN GRAN NACHO QUE ANOTOU 36 PUNTOS.
A LAMA = 66
EXTRUGASA RIO ULLA = 73
Peñaño (10) Gulli (8), Diego (-), Victor (-), Pino (16), Nacho (36), Santi (-), Juanjo (-), Felipe (2) e Pepi (1).
Decimoquinta victoria en dazasete partidos danlle ó noso equipo este ano un marxe de victorias comodo respecto do 5º clasificado. Co esta victoria practicamente se asegura meterse matematicamente entre os 4 finalistas.E eso que ir á Lama é ir a un campo dificil, pois é un equipo alto (con 2 pivots de 2 metros). Así, o partido foi moi trabado, con moito contacto, e un arbitraxe moi frouxo, que da lugar a moitas faltas e golpes, e con decisións arbitrais polémicas.
O Extrugasa empezou mal. Apenas pudo quentar e xa tiveron que poñerse a xogar. Así os primeiros 5 minutos os locais xa colleran diferencias: 9 ?? 1. Non funcionara nada polos cesureños: nin a zona 3-2, nin o ataque moi precipitado. Cando entrou Nacho ó partido, o marcador estaba en 16 ?? 3 para os locais. Ademais Peñaño e Pepi foronse ó banco con 2 faltas cada un. Pronto anotou Nacho as primeiras canastas, pero seguia fallando a defensa. Remate do cuarto 18 -7.
O 2º cuarto iniciouse con Gulli e Nacho lideraron o ataque cesureño, pero non eran quen de recortar diferencias: 25 -15 mediado o cuarto. Ahí o mellor local, o seu mellor xogador, Junior, o pivot venezolano, cometeu a 2ª falta e se foi ó banco. Nese momento abriuse un oco na zona local, ben aproveitada por Nacho e Pino. Unha tripla de Gulli achega ós cesureños a 5 puntos (min 18: 31 ?? 26). Pero 2 erros seguidos do extrugasa supoñen un parcial de 7 ?? 2 para os locais que se van ó descanso gañando de 10: 38?? 28.
Na segunda parte os cesureños sairon moi concentrados en defensa e con Nacho xogándose os balóns na zona. 10 puntos seguidos del e 2 de pino puxeron o marcador nun 42 ?? 40. E apareceu Peñaño cunha tripla: 42 ?? 43 no minuto 25. Nos seguintes 3 minutos Nacho e Pino fan 6 puntos mais, por 2 dos locais (min 28: 44 ?? 49), voltando Junior á cancha, que anota 2 canastas seguidas, pero Peñaño volta a anotar outra tripla, quedando o marcador 48 ?? 52 no remmate do 3º cuarto.
Nacho que segue anotando diante dos pivots locais e o Extrugasa que segue arriba no marcador, collendo 8 puntos de diferencia 54 ?? 62 no min. 35. No intercambio de golpes, faltas, decisións arbitrais incomprensibes e canastas os locais non logran recortar e o Extrugasa entra nos 2 ultimos minutos departido 10 arriba: 59 ?? 69. Os cesureños que defenden forte e xogan ataques largos ó final para imporñerse 66 ?? 73.
Agora, a esperar o partido de Portonovo, seguinte rival, que vai de cuarto, e unha victoria sobre eles lles da a clasificación matemática para a ??final a 4??, noutro partido que promete emoción.
1 comentario
fru · 20-03-2008 a las 16:52
Unha das canastas do ano foi sin dúbida a de Pino a falta de 1 minuto: 61 – 69 no marcador e Pino que colle un rebote en ataque. Rodeanno 3 xogadores dandolle golpes ate que o desequilibran e cae, e camesma, tira á «palangana» e mete o tiro a tableiro. Os arbitros que NON pitan falta… e a seguir xogando. Grande Pino.