O emprego en Pontecesures ten acento masculino.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Segundo os datos da Consellería de Traballo de 2007, en Pontecesures realizáronse no ano anterior 42 contratos indefinidos a homes e 30 a mulleres; mentres que asináronse 276 contratos temporais a homes e 122 a mulleres.

Na contratación a tempo parcial si houbo más mulleres que homes. Contratos indefinidos a tempo parcial houbo 7 para mulleres e ningún para homes. Contratos temporais a tempo parcial houbo 53 para mulleres e 21 para homes.

Contratos en formación ou prácticas houbo 38 para mulleres e 15 para homes, mentres que no apartado doutros contratos houbo 18 para homes e ningún para mulleres.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.