Numerosas motos antigas na Feira do Automóbil de Pontecesures.
As motos antigas tamén son protagonistas na II Feira do Automóbil Antigo, que se celebra mañá en Pontecesures.
Na zona do peirao da vila hai en exposición toda clase de motos, que veñen reflectir á historia do motor en España. Os amantes das motos poden disfrutar dun amplísimo número de máquinas de todas clases e marcas como son as BMW, Ducati, Lambreta, Vespa, etc..
Tampouco faltan á cita as Velo Solex (unha especie de bicicleta a motor, auténtica precursora da motocicleta) e vehículos de coleccións privadas que fan as ledicias dos visitantes entendidos na materia. Outro dos modelos que chaman máis a atención e unha Royal Enfield, que os profanos recoñecerían se dicimos que se trata da moto que levaba a garda republicana e que na actualidade aínda se fabrica na India.
Durante a celebración da feira, tamén se levarán a cabo vendas dalgunhas máquinas. Tamén hai unha tenda de exposición de pezas, que ás veces resultan difíciles de atopar no mercado actual. Hai, incluso, motos pendentes de restaurar, para aquel que lle guste ter unha moto non para correr, senón para disfrutar dela.
Especial «EL CORREO GALLEGO». 05/04/08
0 comentarios