El PSOE no quiere que los aliados de Sabariz obtengan la militancia.
La ejecutiva local del PSOE de Pontecesures informó en contra de la admisión como militantes de los ocho miembros integrantes de la lista socialista que se presentó a las municipales de mayo, bajo el liderazgo de Luis Ángel Sabariz.
La ejecutiva alega que «non se cumpren as condicións» para que estas personas reciban el carné socialista dado que «se opoñen a que recuperemos as nosas actas», explicó el secretario local, ?scar Gerpe. Hay que tener en cuenta que la candidatura socialista (cuyos miembros aspiran ahora a ser militantes) fue desautorizada por el partido cuando Sabariz votó a favor de la investidura de Maribel Castro como alcaldesa. La última palabra sobre el alta de nuevos militantes la tiene, en todo caso, la dirección en Madrid.
LA VOZ DE GALICIA, 19/04/08
5 comentarios
ROLAR · 21-04-2008 a las 15:21
Pero por qué esta xente insiste en querer entrar no PSOE? Non creo que lles movan razóns ideolóxicas (sobre todo coñecendo a algún dos interfectos, que o que máis lles gusta e estar ao sol que máis quenta); e máis, eu preguntaría QUEN os move, xa que na última semana, e a pouco que un fixárase nos movementos por rúas e tabernas, podo constatar que aínda manteñen relacións co que foi seu «líder» nas últimas eleccións municipais (e non sei si son aleccionados por el).
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-04-2008 a las 17:35
Pero, «ROLAR», isto xa é o colmo. O sexa que eu non podo falar, polas rúas ou nos bares, con persoas que foron compañeiros/as nas listas electorais. Teño que soportar todo tipo de acusacións e rexeitamentos (insultos, esixencia de condenas, etc..), e agora vese mal que me relacione coa xente. A mín iso sóname moito a outros tempos que espero que non volten. Non haberá que coller a maleta.
manolo · 21-04-2008 a las 18:12
Home Sabariz, das verbas do anterior comentario de Rolar, non se deduce precisamente que ti non poidas falar con ninguén nin nada do que ti de forma catastrófica afirmas.
O que eu non entendo, e que un partido ao cal tildaron de autoritario, de secta por non respetar as súas decisións, (creo recordar que a decisión túa de non apoiar a candidatura de Angueira, foi respaldada pola totalidade de esta xente), unha xente que te defendeu ante a decisión segun eles erronea do PSOE de expulsarte, unha xente que se sinteu traicionada polo PSOE, unha xente que sabe como actua un partido e como volvería a actuar, agora quere entrar no PSOE. Se non estan dacordo cas decisións e regulamentos de un partido, é increible que queiran formar parte das súas filas. A non ser que queiran utilizar a súas siglas para escalar nas súas aspiracións políticas, e despois facer o que queiran e ir por libre. Saben cal é o prezo, podesllo explicar ti, ¿que queren? ¿repetir a fazaña?
ROLAR · 22-04-2008 a las 08:56
Por favor Sabariz, non faga do meu comentario un motivo máis para aferrarse a ese victimismo do que tanta lle gusta facer gala. Claro que pode (e debe, polo seu cargo) falar con quen queira e andar por donde lle pete, faltaría máis. O que apunto e a extraña coincidencia temporal desas conversas entre os seus antigos compañeiros e as reunións destos cos socialistas. Abundando no que di «Manolo», qué queren? ¿pedirche consello para seguir o teu exemplo?
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-04-2008 a las 14:15
Non «ROLAR» e «manolo». Non son eu a persoa idónea para dar consellos sobre as solicitudes de afiliación ó partido socialista.