Sabariz e Diz acusan a Angueira de querer boicotear a presencia da ITV na Feira do Automóbil

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES

Con gran sorpresa e indignación coñecimos a nova de que o voceiro do BNG e ex alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, realizou xestións na Consellería de Industria, dirixida por un concelleiro nacionalista, para que NON se concedera por parte da administración autonómica o envío, o pasado día 6 de abril. dunha unidade móbil para que os vehículos de máis de 25 anos pasasen gratuitamente a ITV na «II Feira do Automóbil Antigo», como pretendía a asociación organizadora e o Concello de Pontecesures. Afortunadamente imperou a cordura na Consellería onde fixeron caso omiso dos desexos do ex alcalde, e enviaron a unidade móbil para satisfacción de todos.
? realmente lamentable que Álvarez Angueira utilice as súas influencias para tratar de prexudicar a esta vila, poñendo «paus nas rodas» (nunca mellor dito) á celebración dun evento tan importante. Botou unha man si, pero ó «pescozo». Os cesureños e a opinión pública en xeral deben coñecer estas actitudes dun ex alcalde que amosan un desexo irrefrenable de que todo vaia mal e un nulo interese na defensa dos intereses de todos.
Solicitamos por enésima vez que os órganos superiores do BNG tomen nota desta actuación inconcibible. Se como voceiro do grupo municipal do BNG, as accións en defensa dos intereses de Pontecesures, van ser como a relatada, esperemos que o ex alcalde abandone a corporación canto antes.

Luis Angel Sabariz Rolán
Alfonso Diz Villar


15 comentarios

linternas · 20-04-2008 a las 11:45

Lo que se expone en esta nota es verdaderamente grave. De ser cierto el ex-alcalde queda en muy mal lugar y debería dejarlo. Ahora bien, de no ser cierto, serán, quienes hacen públicas tales afirmaciones, los que deberán dimitir.

laranxa · 20-04-2008 a las 12:55

O de estos dous parece un»expedien X».Un pouco de «por favor»,deixense de paranoias e poñanse a traballar polo pobo e do contrario vaianse coa «música a outra parte»

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-04-2008 a las 13:23

Como doen as verdades, «laranxa». Hai acusacións de gravidade, sobre prácticas inconcibibles dun membro da corporación e seguides coa mesma letanía: «paranoicos», «esquizofrénicos», «obsesivos», etc…, en lugar de opinar sobre os feitos. Curiosamente son os mesmos termos que utilizou, e utiliza, o ex alcalde para desviar a atención. Unha pena.

Tuso · 20-04-2008 a las 15:48

A nota é un pouco inconcreta, ao meu parecer.

A que tipo de xestións se refiren? Como se enteraron? Hai probas irrefutables?
? mais, que gañaría o ex-alcalde con facer iso? Estaría intentando cambiar a estación por outra cousa mellor?

Teñen que perdonar que non me acabe de creer o que din, polo incrible que parece.

Por mais voltas que lle dou non acabo de atopar unha explicación á presunta (para min de momento é presunta) acción do ex-alcalde. E o malo é que ese home non é dos que aclaran as cousas.

De ser certo, opino que non deberan ser os organos superiores do partido os que deberan de facer algo, creo que deberían ser os seus propios compañeiros locais os que moveran ficha (cousa que xa non espero, á vista dos antecedentes).

cocodrilo · 20-04-2008 a las 16:05

Eres patetico Sabariz, ahora tienes que corroborar lo que estas diciendo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-04-2008 a las 16:49

Os feito está exposto e non é momento de revelar as fontes. Veremos que nos contesta o afectado.

Tuso · 20-04-2008 a las 17:09

¿Que que vai contestar o «afectado»? Eu aposto que non vai romper nada a cabeza e vai decir iso de : «Se cree que fixen algo mal, denuncienme»
(de momento non lle foi nada mal con esa resposta).

Agora en serio:
Cando e onde se revelarán as fontes? Nun pleno? Que lle fai pensar que vai contestar algo?

Tuso · 20-04-2008 a las 17:14

Esquecíaseme decir que penso que se non é o momento de revelar as fontes, igual tampouco era o momento de sacar esta nota. Penso que lle resta moita credibilidade o feito de decir as cousas a medias.

Haberá que seguir agardando ata ter máis novas.

sobreiras · 20-04-2008 a las 17:45

Sodes incrédulos coma Pedro. Os feitos son certos. Non lle pidades ainda por riba explicacións aos concelleiros non abscritos que parece que cometen delitos só por informar. Pedídelle as explicacións ao Sr. Alvarez e aos organizadores da feira que seguro que vo las dan de boa gana.Aquí máis ben parece que os «paranoicos», «patéticos»e «enfermos» estén do outro lado. Ferriño, ti que tan ben explicaches os pormenores da feira, ¿porqué non nos contas o que pasou ca ITV?. Deixar traballar aos concelleiros non adscritos que para mangantes xa están outros.

cocodrilo · 20-04-2008 a las 17:54

Sabariz e un morto de fame con un sobre de avecren teñen na sua casa sopa para toda a semana e esto non e pitorreo e veridico e non me preguntedes as miñas fontes non as vou desvelar

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-04-2008 a las 18:02

Con ese tipo de comentarios, «cocodrilo», pouco queda que dicir.
Un saúdo e que vaia ben a tarde.

cocodrilo · 20-04-2008 a las 18:06

Sobreiras porque collons temos que creer o que decides ti e o Sabariz a «juevos» neste pobo nos queredes mangoneare de eso nada que mangonee a Maribel e a Randulfe pero eses polo carallo se deixan,non nos da a gana.

cocodrilo · 20-04-2008 a las 18:08

Eso dillo a tua muller que non comente as suas artes culinarias coas suas «amigiñas»,esas son as miñas fontes.

Tuso · 20-04-2008 a las 18:39

«sobreiras» ata o de agora, e vistos os antecedentes, non teño porque dubidar das palabras dos «non adscritos», pero eso non quita que poida pedir «aclaracións» ou que amplien a información. Para min non é pedirlle explicacións. (estos polo menos suelen dalas)

O Rei · 20-04-2008 a las 21:23

O incrédulo non era Pedro, «sobreiras», era Santo Tomás ;-p

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.