A Curtametraxe «Falamos?» agora no Youtube
Deixovos un enlace de youtube,onde aparece a curtametraxe «Falamos?»,feita daquela maneira e rodada en Pontecesures o día do noso patrón do ano 2006,realizada por actores,directores,guionistas e equipo técnico de Pontecesures en colaboración coa productora «Mr.Misto Films»
http://es.youtube.com/watch?v=odYcXZPPFDQ
4 comentarios
Pun-Pun · 26-04-2008 a las 18:28
A ver figura, ¡don Daniel!, entenda vostede a miña probeza de intelixencia, parquedade na expresión, eu xa fun o outro día a you tube e mireille a súa creación «falamos» e algunha que outra máis, impactoume a actris «Marina Germiñas» neta de sacristán, polo que merece un grande respeito, o que se me sae de banda é o fío conductor (inicio, desarrollo e fin) ,( parece que foi creado vostede na «metropolis» de la 2 (tve) e eu non lle teño entendedeiras para tanto, ¡carallo! dame vergonza decilo, pero eu non entendín nada, vai ter vostede que acompañar a súa obra dun «folleto explicativo» ó estilo de guión, eu podo entender moitas cousas vista a súa obra, teño a sensación de que é para xente moi lista, e eu non o son, polo que opino dende a ignorancia(consecuencia do atrevimento) , xa lle dixeron o outro día que se trataba dunha GRANDE CURTAMETRAXE, tanto por contido, calidade, realización, dirección, acción, marcha atrás e ¡porco o cortello! DATE UN PASEO SEIJAS, e deixa o SNOB barato, moita silindrada e poucos cabalos, apretalle un pouco máis as tuercas tí non eres deste mundo, eres un jaláctico, qu queres que che diga, «o de fai un sol de carallo e jalisia canibal» empesou así, e mira como acabou….pelado carallo, acabou pelado, por eso non saca as jafas de sol, sorte amijo, non ves a «chikilikuatre», sintoo o meu ADSL non da pa mais, estou esperando a wi fi de RANDULFE, que seike é máis rápida, pero o do PP doulle preferensia á herba artifisial, haberá que agardar…daquela ao mellor…¿falamos?
feira do automobil · 26-04-2008 a las 19:47
mensaxe dirixido a «pun-pun»
Creo que tes que ter unhas cousas claras antes de falar (e dicir…que o falar non ten cancelas):
1-Se non tes entendedeiras…estas a tempo…
2-A curtametraxe fixose cun guión de Fernando parracho…(Se non entendes…preguntalle a el)
3-A curtametraxe foi o resultado dun curso que fixo o concello en colaboración coa productora Mr.Misto films no que colabora moitos rapaces do concello,polo que se debe de respetar o traballo das persoas que traballaron na curtametraxe.
4-Nesta vida todo ten erros…pero deles aprendense.outros nacen aprendidos
5-Esta curta fixose como unha actividade cultural..non son profesionais os que o fan.Moita da xente do equipo tecnico(po non decir a gran maioria) camara , dirección , sonido…son rapaces menores de idade sen experienza no tema audiovisual (bastante merito ten )
6-Esta curta non a subiu a youtube Daniel seijas. El solo fixo mención a ela por si alguén lle interesaba ver unha curta feita en cesures e pagada cos cartos do concello ( vamos …cos cartos de todos…coss teus tamén)
7-Date un paseo pun-pun!
Un saudo a xente «con entendedeiras»
DANIEL SEIJAS S.L. · 26-04-2008 a las 21:52
A ver señor «Pum-Pum». Eu son un rapas da aldea,pero sei,e espero que vostede tamén,que cando na televisión e no cine botan unha película, ó final ou ó principio, poñen na pantalla unha letras que forman palabras,e esas palabras din algunhas cousas,como quen se chama o director da película,o guionista,productores,perruqueiros,choferes da furgoneta,actores e actrices,electricistas,camaras,modistas….ou sexa os nomes das persoas que participaron na producción do filme. Esas letras chamanse «TITULOS DE CR?DITO».
Eu o único que fixen foi poñer o enlace en internet para quen quixera ver esta pelicula,feita por cesureños en Cesures.Despois a única relación que teño nesta película «rara»,é un pequeno papel no que «interpreto» a un chalán de orquestras e nada máis.Eu non a dirixin,nin sequera é meu o guión (so ó dialogo onde eu falo),así que non sei a que ven esa contestación cara min. Vostede imaxinase que poño nesta páxina web un enlace (ou «link» que sona máis de metropolis) para poder ver «A Guerra das Galaxias» e despois vostede ponme a parir porque pensa que a película a fixen eu,en vez de George Lucas (para os que somos de aldea,Jorge ou Xurxo o de Lucas).
E o argumento da película, que cada un o interprete como queira,cada persoa posúe unha cosmovisión diferente das cousas.
A min gustame que me critiquen e ata que me poñan podre,por cousas que podo facer,sempre que haxa unha lóxica,agora non acepto críticas de algo que non fixen.
Esto todo recordame un chiste moi famoso,dun inspector de educación que chega a un pobo,no que todos son moi ignorantes,burros e no que ninguen sabia de nada.Ata que chega de visita á escola dese pobo acompañado por un garda civil de alí. O pobre inspector desesperado porque á xente dese lugar faltaballe unha raioliña,chega á escola,escolle a un alumno ó chou e dille :
– A ver ti neno, que tes cara de espabilado,quen foi o que escribiu El Quijote?
e o neno chorando,respondeulle :
– Ai,non señor,eu non fun,eu non fun! a min non bote as culpas,non sei quen o fixo
E o Garda Civil que ia co inspector,cabreado,berrou
-Me cagho en Tal! Que de aquí non saia ninghien ata que se descubra quen foi.
Veña un saúdo,Pum-Pum,que polo teu nome debes de ser a pistola que levaba ese Garda Civil.
maradona · 27-04-2008 a las 02:20
para os tres. IMPRESIONANTE…