Un quad derruba un “iglú” para o vidro na rúa Sagasta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Sobre as 22 horas do día de hoxe, un quad branco derrubou un contenedor verde “iglú” na rúa Sagasta (fronte o pub “Taboga”) que logo foi arrastrado uns dez metros da súa situación orixinaria quedando algúns cristais sobre o pavimento. Foi danado un contenedor de materia orgánica que se atopaba o carón do “iglú”.
Polo impacto e polo forte ruido, foi avisada polos veciños a Garda Civil, que nestes intres percorre a vila na busca do vehículo causante deste incidente.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.