O CLUB BALONCESTO RIO ULLA INVITADO A VER O PARTIDO DE LIGA LEB ENTRE O ROSALIA E O BREOGAN
Estes pasados dias directivos do equipo de baloncesto Rosalia Beirasar de Santiago, que participa na liga LEB Ouro, puxeronse en contacto con membros do C .B Rio Ulla para invitar ós seus equipos da canteira a presenciar no Pabellón do Sar, en Santiago, o derbi galego entre o Rosalia e o Breogán de Lugo. Para elo puxeron a disposición deste noso club un autobus de 55 prazas que esperamos encher cos nenos e monitores do club, así coma calquera afeccionado que queira acudir, pois queren que o pabellón teña a maior entrada de espectadores posible.
Este partido é intranscendete a efectos da clasificación, pois na penultima xornada da liga ambos equipos galegos están clasificados para xogar o plaioff de ascenso á ACB. O Breogán agora mesmo está 3º, mentras que o Rosalia é 8º. Sube directamente á ACB o 1º da liga regular, e a outra praza de ascenso será para o gañador de 3 rondas de plaioffs que xogarán do 2º ó 9º desta liga regular. Se acabasen nestes postos ambos equipos galegos terían que enfrentarse entre eles na 1ª ronda do, xa que o 2º se enfrenta ó 9º, o 3º ó 8º, etc.
O autobús sairá dende a zona da piscina de Pontecesures (terreo de Valga) este venres ás 19.30 h., pois o encontro comeza ás 21 h. e hai que estar 1/2 hora antes. O regreso voltará ó mesmo sitio, calculando que chegue sobre as 23.15 h. Anímase a todos os afeccionados que aproveiten esta ocasión para acudir gratis a presenciar dito partido. E de paso queremos agradecer a deferencia que tivo o Rosalia de Santiago connosco.
0 comentarios