«A innovación e a búsqueda de novos mercados son as claves para afrontar a crise económica».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

p024genn01_1.jpg

Andrés Quintá Cortiñas. presidente da Asociación de Empresarios do Ulla-Umia.

.
A Asociación de Empresarios do Ulla-Umia (AEVU) celebra hoxe en Cuntis a súa gala anula de entrega de premios á Cultura Empresarial, un evento que contará coa presencia de representantes da Xunta de Galicia como o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ou o delegado de Traballo, Pedro Borrajo, que terán como anfitrión a Andrés Quintá, presidente do colectivo empresarial da comarca. Despois de oito anos de vida, AEVU amósase como unha asociación consolidada que, con 120 socios, é quen de dar resposta a algunas das principais necesidades das industrias, insistindo sempre nos beneficios da unión do sector, da innovación e da importancia de contar con persoal ben formado.

Andrés Quintá preside hoxe unha nova gala de entrega dos premios ??AEVU 2007 á Cultura Empresarial? na que, ademais de recoñecer ó grupo Piñeiro Sport de Caldas a súa contribución ó desenvolvemento do comercio local, as grandes protagonistas serán as mulleres empresarias e emprendedoras do Ulla-Umia. Un total de 25 féminas serán galardoadas pola súa implicación no avance do comercio e a industria da comarca e tamén se premiará ó colectivo Apaioga polo fomento da igualdade de oportunidades no territorio que contorman os municipios de Caldas, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Valga, Portas e Catoira. Tamén a empresa que dirixe o propio Andrés Quintá, Extrugasa, terá un recoñecemento polo potenciación da contratación feminina.
Máis, ó marxe deste evento, Quintá Cortiñas pensa xa nos proxectos e actividades que o colectivo porá en marcha ó longo deste ano para dimanizar as empresas e tamén nas medidas que poden adoptarse para intentar que a crise económica afecte o menos posible ás industrias do Ulla-Umia. Esixe para elo a implicación de todos, especialmente das adminstracións á hora de implementar recursos e alternativas para sortear as complexidades que se aveciñan.

­¿A que se debe este recoñecemento masivo ó papel da muller empresaria?

­Desde AEVU consideramos necesario que a muller sexa premiada e recompensada polo labor que ven desenvolvmendo como empresaria e traballadora na nosa comarca. Con este galardón quérese, precisamente, recoñecer a valía dun grupo de féminas traballadoras, entregadas e responsables que destacan pola súa creatividade, pola súa iniciativa e pola calidade que souberon aportar ó seu traballo. Isto, ademais, non lles impediu cubrir as súas espectativas personais, compaxinando e conciliando a vida laboral e a familiar; motivo polo que merecen a louvana da nosa sociedade.

­Tamén se aludirá ó importante papel que xogan os Centros de Día de Valga e Portas…

­Si, porque precisamente este tipo de infraestructuras e servicios son as que permiten a paulatina e incesante incorporación da muller ó mercado de traballo. Prestan atención ás persoas que necesitan coidados, de maneira que os seus familiares poden realizarse tamén como profesionais e traballadores.

­¿Que proxectos teñen para os vindeiros meses?

­O obxectivo máis inmediato da asociación é seguir impulsando políticas de formación adaptadas ás necesidades das empresas da comarca para así saciar a carencia de personal e técnicos competentes que hai actualmente. O activo máis importante que pode ter unha empresa é un personal ben formado.

­¿Comeza ou non a deixarse notar a crise económica no sector empresarial do Ulla-Umia? ¿Como poden enfrentarse os industriais a estar recesión?

­Os importantes incrementos de producción, especialmente nos costes enerxéticos, e a crise económica obrigan a replantexarnos o futuro e para iso faise necesario un estudio exhaustivo das necesidades futuras de consumo. Nos tempos de bonanza é fácil avanzar pero é nas dificultades cando as administracións e as industrias debemos traballar unidas para adoptar medidas preventivas e facer fronte os problemas que se plantexan para seguir xerando emprego e evitar que a falta de traballo e o desemprego poidan levar a moitas familias a unha situación límite.

­¿Cales serían as fórmulas para facer fronte a esta recesión que vive o país?

­Agora máis que nunca cobra importancia apostar forte pola investigación e a innovación. Xunto a isto as empresas deben expandirse e entrar en novos territorios extranxeiros ­xa sexa a través de filiais ou de depósitos de distribución­ para garantizar un marxe de sostenibilidade. Pero insisto en que é a administración a que ten que sentar as bases e poñer todos os medios ó seu alcance para que a recesión económica sexa o máis levadeira posible e as empresas non se vexan desamparadas ante os reveses da economía nacional e mundial. Como di o coñecido refrán: vale máis previr que lamentar.

DIARIO DE AROUSA, 10/05/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.