Mellor gastar en festas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

carreiras.jpg

condide.jpg

O BNG quere informar á cidadanía do actual estado de abandono no que se atopa o noso pobo. Entre outras, destacamos:
1.- A apertura da zanxa feita na rúa Carlos Maside-Telleiro, obra realizada fai xa máis de dous meses, da cal ainda non se repuxo o firme da calzada. Este importante acceso á praza dos Valeiros (Porto) atópase na actualidade en estado lamentable con importantes socavóns que poñen en risco aos viandantes, sen contar cos trastornos que ocasionan aos veciños da zona, comercio e automóbiles que por alí transitan.
Ao noso entender dita obra, xa rematada, quedando pendente a reposición do firme tanto tempo, pon de manifesto. a desorganización e inoperancia na xestión de infraestructuras levada a cabo pola actual equipa de goberno. O BNG espera que, logo desta denuncia pública, o goberno municipal actúe con axilidade sobre esta obra a fin de evitar males maiores.
2.- Por outro lado sorpréndenos o estado no cal se atopan os parques infantís de Porto, Condide, Carreiras, rúa Carlés e monte de Porto. Os davanditos parques teñen abundante maleza e lixo, ata o extremo de non poder ser utilizados polos nenos do noso pobo. O estado de abandono destes parques é importante, culpando o BNG desta desatrosa xestión ao actual goberno o cal adica moitos máis recursos ás festas que a manter en bo estado os parques herdados da anterior lexislatura.
Pontecesures a 10 de maio de 2008

Consello Local do BNG


1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-05-2008 a las 12:34

Efectivamente se está a demorar moito o pavimentado da zanxa da rúa rúa Carlos Maside unha vez instalados os novos sesrvizos de auga e saneamento. Se está a xestionar a pavimentación total do vial (non só o espazo da zanxa), previo fresado do mesmo para non coller máis altura. Por iso non se quixo investir no mero tapado da zanxa.
Está claro que hai que proceder á curta da herba e da maleza en moitas zonas. Neste intre hai pouco persoal (estase a espera de recibir novos traballadores polos programas de cooperación) pero aínda así hai que comezar cos traballos xa.
De tódolos xeitos, os últimos anos do BNG no goberno non foron exemplarizantes precisamente nestes traballos. Exemplos sobran dabondo do abandono.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.