O EQUIPO BENXAMIN DO PONTECESURES CF PERDE A LIGA LOGO DE CAER CO LIDER O BERTAMIRANS POR 2 – 3

Publicado por fru o

imagen-131-web.JPG

Esta tarde disputouse un emocionante encontro de futbol no campo vello de Baño – Valga, entre o Pontecesures CF e o Bertamiráns. Correspondíase ca penultima xornada da liga e os de Pontecesures eran 2º a 2 puntos do lider, o Bertamiráns. En caso de gañar, adiantábannos por 1 punto e dependian de si mesmos, pois gañando na ultima xornada eran campións.

imagen-141-web.JPG

Afeccionados locais que non pararon de animar…

E todo pintaba ben para os cesureños, pois ós 10 minutos puxéronse 2 – 0 gracias ós goles de Samuel García e Iván Fernández, practicamente nun minuto de xogo.

imagen-145-web.JPG             imagen-155-web.JPG

Samuel Garcia anotando o 1º gol, e o momento no que entraba o balón.

Pero non poido ser e na 2ª parte o lider demostrou por que o é, indose arriba a polo partido e dándolle a volta ó marcador, gañando 2- 3, e festexando o campionato ligueiro, pois agora sacanlle 5 puntos ó Pontecesures.

O público que vibrou cun partido emocionante, e inda que non poido ser está vez, a temporada foi magnífica, segundo o mister cesureño Marcos “Pichi”.

Noraboa rapaces. E no deporte sempre haberá outra oportunidade para gañar.

Categorías: Ulla C.F

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.