O cesureño Ramón Taibo aposta polo «boom» inmobiliario de Natal, en Brasil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O parón inmobiliario en España provocou que nos últimos meses os inversores botasen á vista cara o estranxeiro na busca da rendibilidade perdida dentro das nosas fronteiras. Brasil ofrécese como un dos lugares máis atractivos neste senso e así o percibiu hai tres anos o cesureño Ramón Taibo, que invirtiu arredor dun millón e medio de euros e apostou pola cidade de Natal para orientar a súa actividade empresarial da man do seu socio brasileiro, Bruno Madruga. Dende as sáus oficians na vila do Ulla oferta terreos nesta localidade, que está experimentando un crecemento sen precedentes e vive un «boom» inmobiliario que provoca que as revalorizacións que se conseguen sexan de calado.
Con preto de 2.000.000 de habitantes, unha temperatura media de 28 graos centígrados e unha extensión de 172 quilómetros cadrados, Natal é o punto de Brasil máis próximo a Europa (seis horas e media de vóo dende Lisboa) e o lugar con maior desenrolo económico e turístico do nordeste do país, polo que ofrece tanto oportunidades de ocio como de carácter empresarial. A construcción de infraestruturas foi o revulsivo de conseguir converter a Natal nunha cidade con maiúsculas.
Se ata o de agora tan só puideron medrar cara o sur ante a barreira natural que forma o río Potengui, a construcción dunha grande ponte que comunicará a partir de febreiro ambas ribeiras, fixo que a expansión se prolongase na dirección oposta. Así mesmo, está tamén en construcción un novo aeroporto que será o tereceiro maior do mundo, o máis grande de América do Sur e o máis cercano a Europa deste continente. Terá capacidade para uns cinco millóns de pasaxeiros ó ano e a súa inauguración está prevista para o ano 2011.
Todos estes factores contribuiron a facer a Natal máis e máis atractiva para o inversor, dado que se trata dunha zona «segura e sen perigos», indica Taibo, e na que, segundo a NASA, pode respirarse o «aire máis puro do planeta». A isto hai que engadir un último indicador en clave económica: a economía de Brasil está a crecer un 5% anual.
Con este telón de fondo, Ramón Taibo ofrece ós seus clientes a posibilidade de adquirir terreos industriais e urbanos próximos ó novo aeroporto de Natal e con «revalorizacións moi altas» nunha posterior reventa. As posibilidades son diversas, dende parcelas para asentar empresas ou predios na costa (incluso en primeira liña de praia) para construcción de hoteis, instalacións de carácter turístico ou vivendas que actúen a modo de segundas residencias.
Nese senso, é posible adquirir directamente os inmobles, xa sexan apartamentos, chalets ou casas.
Na busca da maior seguridade posible nas operacións, Taibo e o seu socio contan con asesoramento de avogados e xuristas que garanten a fiabilidade da inversión. Ademais, os interesados teñen a oportunidade de observar «in situ» as características do terreo, cunha viaxe promovida pola propia empresa (en ocasións tamén sufragada) e cun percorrido en avioneta para contemplar a perspectiva dende o aire. O empresario cesureño indica que, polo de agora, «non se deu o caso de ningunha persoa que viaxara á zona e fixera unha inversión», entre outras cousas porque «a maneira máis segura» de desembarcar en Natal «é a través de nós, tanto polo coñecemento da zona, como polo asesoramento xurídico co que contamos». Son preto de medio cento os galegos que xa se decidiron a invertir na cidade a través de Ramón Taibo, que invita a tódolos interesados a descobrir Natal a través da súa páxina web (www.ramontaibo.com) ou consultándoo no teléfono 661-704371 ou no correo electrónico info@ramonhtaibo.com

Publirreportaje no DIARIO DE AROUSA, 01/06/08

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.