Os contenedores da zona do cemiterio de San Xulián son só para botar restos das flores do camposanto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Concello de Pontecesures comunica que en días pasados modificáronse os puntos de recollida de lixo na rúa do Pilar de San Xulián, debido a que o peso do camión podía afundir zonas do Camiño Portugués, recentemento restaurado. Agora, para esa rúa os puntos máis cercanos para depositar o lixo son o contenedor da rúa Cantillo ou no da entrada a San Xulián na estrada nacional N-550.
Prégase ós veciños que se absteñan de depositar bolsas de lixo nos contenedores do cemiterio, pois estes son para depositar os restos das flores do camposanto.
Faise un chamamento para que se sigan estas instrucións.


3 comentarios

DON PEPITO · 5-06-2008 ás 11:08

Os restos dos nichos ¿donde se botan?. Porque a xente di que tamen van neses contenedores.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-06-2008 ás 21:09

Por suposto, os restos dos nichos, como os materiais de obras, non se botan nos contenedores do lixo.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.