Fartos de estar a escuras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

p5270123.JPG

Dende o BNG queremos manifestar o malestar de moitos veciños que viven entre o paso nivel e o edificio da Casa Castaño (rúas San Lois, Sagasta e Victor García).? moi penoso que leven meses sufrindo cortes de luz no alumeado público sin que este ??desgoberno? lle poña solucións.

Esta problemática veciñal xa se levou como pregunta de pleno fai uns meses prometendo a alcaldesa, daquela, o arranxo inmediato deste alumeado. Pasan os meses e os veciños seguen con este problema sin que o concello llo resolva. Non se pode nin andar de noite polas beirarrúas xa que non se ve por onde se anda. Os comerciantes están preocupados pois teñen medo a que aproveitando esta situación os ??amigos do alleo? lle entren nos seus negocios. Ademáis nestas rúas ??durmen? moitos vehículos dos veciños os cales tamen temen a que lles dean un golpe ou llos rouben.

O BNG quere manifestar o seu malestar porque despois de levalo a pleno e de que unha das concelleiras, que ademáis vive nesta zona, coma voz de moitos veciños, puxese en coñecemento da alcaldesa esta situación, a Sra. Castro fixese caso omiso e seguimos igual.

Polo cal solicitamos que sin máis esperas se arranxe este problema no alumeado dunha vez por todas. Para o BNG a situación co alumeado que sufren estas rúas pódese extender a todo o concello xa que é coñecido por todos os veciños os enormes retrasos que hai á hora de arranxar unha luminaria. Os veciños de Pontecesures non teñen porque padecer esta desidia do actual goberno municipal xa que teñen dereito a un alumeado público en perfectas condicións.

Nota do BNG de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.